xoves, 22 de decembro de 2016
sábado, 17 de decembro de 2016
xoves, 15 de decembro de 2016
mércores, 14 de decembro de 2016
2º BACHARELATO VISITOU UNITOUR (VIGO)
UNITOUR é un lugar de encontro para axudar aos alumnos a deseñar o seu futuro profesional a partir da correcta elección sobre tres cuestións fundamentais, Quen quero ser?, Que quero facer?, Que quero estudar?
Durante o curso 2016/2017 realizarase a 11ª edición de UNITOUR. Despois do éxito dos dez anos anteriores, Unitour converteuse no salón de orientación de referencia para asesorar e orientar á hora de elixir grado.
Hoxe, tres profesores/as xunto co alumnado de 2º de bacharelato fixemos a visita para ter información de primeira man. Estivo ben!
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
BACHARELATO,
ORIENTACIÓN
luns, 12 de decembro de 2016
O BOE PUBLICA O R.D. QUE REGULA AS NOVAS REVÁLIDAS
O
BOE do sábado, 10 de decembro de 2016, ven de publicar o Real Decreto-ley 5/2016 que regula a non aplicación do
calendario de implantación da LOMCE, no relativo ás reválidas de Primaria,
Secundaria e Bacharelato.
En
concreto, este RD, respecto das reválidas, indica o seguinte:
REVÁLIDAS
DE PRIMARIA: limítase
a 6º de Primaria, terá carácter muestral e finalidade diagnóstica.
REVÁLIDA
DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA:
terá carácter muestral (unha selección de centros), terá finalidade
diagnóstica e non condicionará a obtención do Título de Graduado en
Educación Secundaria Obrigatoria.
- Avaliaranse as competencias lingüística, matemática e social e cívica, tomando como referencia as materias xerais do bloque de troncais de 4º de ESO.
- O título de Graduado en ESO, dará acceso a calquera ensinanza postobrigatoria.
REVÁLIDA
DE BACHARELATO: Só terá que realizala o alumnado que desexe acceder á
universidade.
- Non terá efecto ningún sobre o título de Bacharel.
- Versará sobre o bloque de materias troncais de 2º de bacharelato.
- A cualificación para o acceso á universidade será o 60% da cualificación do bacharelato e o 40% da cualificación obtida na reválida; sempre e cando esta media ponderada sexa igual ou superior a 5, o alumno poderá concorrer aos procesos de admisión de calquera universidade española.
- O alumnado poderá subir a nota examinándose de 2 das materias de opción de 2º de bacharelato.
Etiquetas:
BACHARELATO,
ORIENTACIÓN,
SISTEMA EDUCATIVO
sábado, 10 de decembro de 2016
QUE É A EPILEPSIA?
- Que é a epilepsia?
- Cales son algúns dos tipos de crises epiléptica?
- Que causa a epilepsia?
- Como pode coidar do seu epilepsia?
- Como se pode tratar a epilepsia?
- Que outras cousas pode facer para axudar a controlar as crises epilépticas?
- Como pode manexar os seus sentimentos sobre a epilepsia?
- Cales son algúns dos tipos de crises epiléptica?
- Que causa a epilepsia?
- Como pode coidar do seu epilepsia?
- Como se pode tratar a epilepsia?
- Que outras cousas pode facer para axudar a controlar as crises epilépticas?
- Como pode manexar os seus sentimentos sobre a epilepsia?
AVALIACIÓN DE BACHILLERATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE. 2017
A Secretaría de Estado de Educación publicou o proxecto da Orde Ministerial pola que se regula a proba de avaliación final de bachillerato, denominada agora "AVALIACIÓN DE BACHILLERATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE".
Como establece o título da orde, esta proba non será necesaria para titular en bachillerato, senón que se realizará exclusivamente para o alumnado que queira acceder aos estudos universitarios desde o bachillerato.
Polo momento parece que están claras as materias obxecto de avaliación, así se establece no Artigo 3. que as probas versarán sobre as materias xerais do bloque das asignaturas troncales de segundo curso da modalidade elixida e, no seu caso, da materia Lingua Cooficial e Literatura. Os alumnos que queiran mellorar a súa nota de admisión poderán examinarse de, polo menos, dúas materias de opción do bloque das asignaturas troncales de segundo curso.
Proyecto de orden de la evaluación de Bachillerato para el acceso a la universidad para el curso 2016/2017
Fonte: Mónica Diz Orienta
Etiquetas:
BACHARELATO,
ORIENTACIÓN,
UNIVERSIDADE
xoves, 8 de decembro de 2016
UNITOUR: SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA
O mércores 14 de decembro de 2016, no pazo de Congresos do Mar de Vigo celebrarase a 11ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.
O noso instituto xa está inscrito e asistiremos ao Salón UNITOUR cun grupo de alumnos/as de 2º de bacharelato.
Horario de visita a UNITOUR:
A visita será pola mañá e durará aproximadamente entre 1 hora e 1 hora e media. A saída do instituto será ás 11:40 horas e o regreso sobre as 13.40 horas.
UNITOUR é un lugar de encontro para axudar ao alumnado a deseñar o seu futuro académico e profesional a partir da correcta elección sobre tres cuestións fundamentais: quen quero ser?, que quero facer? e que quero estudar?
En UNITOUR o máis importante é a decisión do alumnado, e o que intentamos é axudarlle.
As distintas universidades ou escolas estarán nunha sala, cada unha terá unha mesa informativa, e en cada unha delas, o noso alumnado, e tamén os pais/nais poderán ter unha atención personalizada, un contacto directo para así poder resolver todas as dúbidas que se teñan sobre a oferta universitaria que posúe.
Poderanse informar de todos os grados que ofertan as universidades públicas e privadas asistentes. Explicaranlles todo o que lles interese de cada grao ou universidade. Daranlle información de probas de acceso, becas, plans de estudos, acordos internacionais, ...
mércores, 7 de decembro de 2016
luns, 5 de decembro de 2016
O CUMPRIDOR DE DESEXOS
Comezamos a semana cun bonito curto de animación saído do prestixioso Ringling College of Art and Desing. Un curto precioso co que volveremos crer no amor, a ilusión e a maxia, perfecto para preparar os días que se aveciñan.
O seu título The Wishgranter Short Filme algo que poderiamos traducir como "O cumpridor de desexos".
O seu título The Wishgranter Short Filme algo que poderiamos traducir como "O cumpridor de desexos".
INTELIGENCIA EMOCIONAL - EDUCACIÓN EMOCIONAL
A intelixencia emocional consiste nunha serie de actividades que serven
para apreciar e expresar de xeito xusto as emocións propias e as
doutros, e para empregar a sensibilidade a fin de motivarse, planificar e
realizar de xeito cabal a propia vida.
A
Intelixencia Emocional podería definirse como a capacidade que ten unha
persoa de manexar, entender, seleccionar e traballar as súas emocións e
as dos demais con eficiencia e xerando resultados positivos. É dicir, é a habilidade para gestionar ben as emocións. Tanto as nosas como as dos demais.
Unha persoa que se enfada con facilidade, que se pon triste con frecuencia ou que non é capaz de controlar os seus impulsos... é alguén con mala intelixencia emocional. Pola contra, unha persoa que se coñece ben a si mesmo, que é capaz de pensar antes de actuar, que entende os seus impulsos, que os expresa con educación sendo sincero pero, á vez, conseguindo non afectar negativamente á xente que lle rodea...ou que é capaz de relativizar e sentir as cousas dunha forma sa...sería unha persoa con moi boa intelixencia emocional
Unha persoa que se enfada con facilidade, que se pon triste con frecuencia ou que non é capaz de controlar os seus impulsos... é alguén con mala intelixencia emocional. Pola contra, unha persoa que se coñece ben a si mesmo, que é capaz de pensar antes de actuar, que entende os seus impulsos, que os expresa con educación sendo sincero pero, á vez, conseguindo non afectar negativamente á xente que lle rodea...ou que é capaz de relativizar e sentir as cousas dunha forma sa...sería unha persoa con moi boa intelixencia emocional
venres, 2 de decembro de 2016
xoves, 1 de decembro de 2016
PROBAS DE ACCESO A UNIVERSIDAD
A Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria e representantes da Comisión
Interuniversitaria Galega (CIUG) e das tres universidades, mantiveron
esta mañá unha reunión de traballo para avanzar na coordinación da proba
final de Bacharelato que substitúe ás actuais PPAU (coñecidas como
“selectividade”), e que en Galicia se encargará de organizar a CIUG como
o viña facendo ata o de agora.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explicou que o obxectivo
desta xuntanza foi informar dos acordos acadados na Conferencia
Sectorial de Educación que tivo lugar o pasado luns en Madrid, e deseñar
unha liña de traballo conxunta e cooperativa co organismo
interuniversitario de Galicia e coas universitarias para “concretar”
todos aqueles matices pendentes para a execución da proba.
Román Rodríguez insistiu nunha mensaxe de tranquilidade para os
alumnos e para as familias, xa que esta proba final de Bacharelato -que
dá acceso á Universidade- será practicamente idéntica a de agora, “cun
escenario, uns contidos e unha metodoloxía moi semellante á que se viña
facendo”, abondou.
Tamén explicou que –xunto coas Universidades- se está a traballar na
posibilidade de adiantar a xullo a convocatoria de setembro da proba,
que se podería materializar a partir do curso 2017-18, xa que -segundo
matizou o conselleiro- “este ano xa é de moitos cambios e quizá é
precipitado facelo, pero si para o vindeiro curso”.
"APRENDO A ESTUDAR" CONSELLOS PARA ESTUDAR COS FILLOS
Onte tivemos a primeira xuntanza de Escola de Pais/Nais do IES A GUÍA, para as familias do alumnado de 1º e 2º ESO. O tema foi -"APRENDO A ESTUDAR" Consellos para estudar cos fillos-.
Déixovos o tríptico que se entregou ás familias nesta reunión.VISITA AO MARCO. MULLERES DO SILENCIO. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz
MULLERES DO SILENCIO. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz
supón unha relectura actualizada da exposición A arte inexistente —comisariada por Rosario Sarmiento para o Auditorio de Galicia en 1995—, que reunía obras de artistas mulleres en Galicia no século XX.
O alumnado de 2º bacharelato e 3º ESO estiveron visitando ao Marco o día 25 de novembro.
martes, 29 de novembro de 2016
luns, 28 de novembro de 2016
ESTUDAR ESO OU BACHARELATO NO ESTRANXEIRO
Asociación Colexios do Mundo fórmana actualmente 13 centros eduacativos repartidos por Canadá, Estados Unidos, Gales, Hong Kong, Noruega, Swazilandia, Italia,
Costa Rica, Bosníaca Herzegovina, India, Venezuela e Singapur.
En España a dotación da beca bianual é de 45.000 euros e inclúe gastos de escolaridad, aloxamento e manutención
Os requisitos para poder acceder a unha destas becas son os seguintes:
- Posuír a nacionalidade española ou vivir en España nos últimos oito anos e estar tramitando a solicitude de nacionalidade.
- Cumprir entre 16 e 17 anos no ano de convocatoria da beca.
- Estar cursando no momento de solicitala 4º curso de Educación Secundaria Obligatoria ou 1º de Bachillerato e ter aprobado completamente o curso anterior.
- Contar cun bo expediente académico e coñecementos básicos de ingles
sábado, 26 de novembro de 2016
xoves, 24 de novembro de 2016
VIOLENCIA
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A data do 25 de novembro como Día Internacional contra a violencia de xénero foi aprobada a proposta da República Dominicana en honor das irmáns Mirabal vítimas deste maltrato.
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 60 países.
O 25 de novembro de 1960, os corpos das tres irmás Mirabal atopáronse no fondo dun acantilado na costa da República Dominicana. Aquel acontecemento, que foi vendido á prensa como un tráxico accidente por Trujillo, o ditador dominicano que deu a orde de acabar con elas, contribuíu a espertar a conciencia entre a poboación, que culminou, seis meses despois, co asasinato do caudillo.
En honor a estas tres valentes irmás asasinadas a garrotazos, que se converteron en auténticas heroínas da loita clandestina antitrujillista, conmemórase cada ano nesta data o Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller.
Patria, Minerva e María Teresa, así se chamaban as irmás, naceron e creceron no seo dunha familia rural acomodada. Estas mulleres, que mostraran un interese moi cedo polos estudos, dedicaron gran parte da súa curta vida a loitar pola liberdade política do seu país, opoñéndose firmemente a unha das tiranías máis opresoras e duras que tiña Latinoamérica: a de Rafael Leónidas Trujillo.
As Bolboretas - así era coñecidas entre os seus compañeiros de loita- por mor da súa persistente actividade rebelde, foron torturadas e levadas ao cárcere, non poucas ocasións, máis decidiron continuar loitando co único obxectivo de acabar coa ditadura do seu país. Cando Trujillo comprobou que o cárcere non era suficiente para deter aquela actividade clandestina, á que cada día íanse unindo máis adeptos, decidiu acabar con elas.
As irmás Mirabal comentaran aos seus maridos, nunha visita ao cárcere onde se atopaban recluídos, os rumores que circulaban sobre a posibilidade que sufrisen un «accidente», como se denominaba entón ao xeito que utilizaba o réxime de ordenar a desaparición dun opositor importante, coa suposta intención de ocultar o crime.
Un dos esposos, Manolo, suxeriu que debían acabar coas viaxes, pero xa era tarde: a orde de asasinar ás irmás xa fora dada.
Cinco membros do Servizo de Intelixencia Militar detiveron o jeep no que regresaban da prisión, introducíronas a empuxóns nun coche e leváronas a un lugar previamente escollido, preto do Cume.
Eran aproximadamente as 19:30, matáronas a golpes e colocaron os seus cadáveres no jeep, antes de arroxalo polo precipicio. Ciriaco da Rosa, un dos asasinos, contaríao máis tarde: «Logo de apresalas, conducímolas ao sitio, onde ordenei a Vermellas Lora que collese paus e levásese a unha das irmás. Cumpriu a orde no acto e levouse a unha delas, a das trenzas longas (María Teresa). Alfonso Cruz Valerio elixiu á máis alta (Minerva), eu elixín á máis baixa e gordiña (Patria) e Malleta, ao chofer, Rufino da Cruz. Ordenei a cada un que se internase nun cañaveral ao lado da estrada, separadas todas para que as vítimas non presenciasen a execución de cada unha delas …
domingo, 20 de novembro de 2016
sábado, 19 de novembro de 2016
REVÁLIDA NA ESO
Finalmente,
non todos os alumnos someteranse á reválida de 4º diso (Educación Secundaria
Obrigatoria, 16 anos), senón que se realizará nalgúns centros que sexan
elixidos polas comunidades autónomas. Esta proba non terá consecuencias
académicas: O seu superación non
constituirá para ningún alumno un requisito para a obtención do título oficial
de ESO.
As
novas directrices de Educación permiten tamén que quen aproben a Formación
Profesional Básica obteñan o título da ESO. Sempre que, na avaliación final do
ciclo formativo, o equipo docente considere que alcanzaron os obxectivos da ESO
e adquirido as competencias correspondentes.
Fonte: EL PAÍS
Fonte: EL PAÍS
"SELECTIVIDADE 2017"
O Ministerio
de Educación rectifica de novo e suaviza as súas esixencias na avaliación dos
coñecementos dos alumnos. A selectividade non vai incluír materias de 1º de
Bacharelato como contemplaba o borrador de orde ministerial.
Ademais,
poderase aprobar cun 4 e farase media coas catro materias troncais. Educación
xa renunciou en setembro a que houbese que pasar a proba para obter o título de
Bacharelato.
Non se inclúe Filosofía. O Ministerio de Educación deu marcha atrás ás súas intencións de examinar en selectividade de materias cursadas en 1º de Bacharelato. Ningún alumno pasará unha proba obrigatoria de Filosofía. Este exame preocupaba sobre todo aos de Ciencias.
Puntuarán catro materias. Os alumnos presentaranse a seis materias do seu itinerario. O mesmo número que coa antiga selectividade. Pero o Ministerio chegou onte a un acordo cos rectores para que puntúen sobre 10 as catro materias troncais. As outras dúas optativas van servir para alcanzar o 14 aos estudantes que necesitan un expediente excelente para entrar nun grado moi demandado, como Medicina. Este máximo de 14 puntos xa existía. Estas dúas optativas non poden baixar a nota, só subila e servirán, en todos os casos, para facer un diagnóstico completo do coñecemento dos alumnos ao terminar o Bacharelato.
Non se inclúe Filosofía. O Ministerio de Educación deu marcha atrás ás súas intencións de examinar en selectividade de materias cursadas en 1º de Bacharelato. Ningún alumno pasará unha proba obrigatoria de Filosofía. Este exame preocupaba sobre todo aos de Ciencias.
Puntuarán catro materias. Os alumnos presentaranse a seis materias do seu itinerario. O mesmo número que coa antiga selectividade. Pero o Ministerio chegou onte a un acordo cos rectores para que puntúen sobre 10 as catro materias troncais. As outras dúas optativas van servir para alcanzar o 14 aos estudantes que necesitan un expediente excelente para entrar nun grado moi demandado, como Medicina. Este máximo de 14 puntos xa existía. Estas dúas optativas non poden baixar a nota, só subila e servirán, en todos os casos, para facer un diagnóstico completo do coñecemento dos alumnos ao terminar o Bacharelato.
Apróbase cun 4. Non vai facer falta un 5 na proba de selectividade,
como se suscitou nalgúns borradores, para facer media co expediente académico e
aprobar. Bastará, como ata agora, con alcanzar o 4.
Mantense o tipo test. Educación conserva pregúntalas tipo
test, pero non obriga a incluílas, polo que, previsiblemente, as comunidades
non gobernadas polo Partido Popular partidarias, como os rectores, de manter a
mesma selectividade non as van a poñer. As rexións en mans populares tamén se
mostran reticentes.
Dúbida no oral de inglés. Educación di que neste 2017 o 40% da
nota en Lingua Estranxeira dependerá do oral, pero o presidente dos rectores,
Segundo Píriz, púxoo onte en dúbida ante a prensa.
Presumiblemente
non haberá máis cambios pois esta última versión de selectividade é a que o
ministerio enviou ás comunidades autónomas para que a estuden. Méndez de Vigo
reunirase o próximo 28 de novembro cos conselleiros do ramo na Conferencia
Sectorial de Educación, onde se centrarán nas probas externas. As instrucións
destas avaliacións teñen que estar publicadas antes do 30 de novembro.
Fonte: EL PAÍS
Fonte: EL PAÍS
xoves, 17 de novembro de 2016
EMOCIÓNS
“Vivindo emocións” é
unha guía básica para desenvolverse no apaixonante mundo das
emocións. Parte dunha premisa clara; as emocións son enerxía humana, por
tanto, nin se crean nin se destrúen; só se transforman. Esta guía componse do “Manifesto das emocións”, un documento que
proporciona unhas pinceladas crave para usar a emoción dun modo efectivo no
noso traballo, e mesmo na nosa vida. E da “Táboa periódica das emocións”, onde se presentan
tódalas emocións como elementos químicos.
Animámosvos a observar, a probar, a
distinguir tódalas emocións que se transforman diante dos nosos ollos.
Fonte: orientación en Galicia
martes, 15 de novembro de 2016
AULA DE CONVIVENCIA INCLUSIVA
A aula de convivencia inclusiva é un recurso do centro para facilitar a reflexión do alumnado que impide gravemente o normal desenvolvemento do grupo-clase. Neste espazo-aula, o profesorado trata de darlle axuda ao alumnado para que analice as súas condutas disruptivas e se comprometa ao cambio. Así tamén, o alumnado que polas repetidas condutas contrarias ás normas fora obxecto de privación temporal do dereito de asistencia a clase, pode ser atendido nesta aula, combinando os traballos propiamente curriculares e traballos de modificación de conduta.
Poderán ser enviados a esta aula o
alumnado do centro que cumpra os seguintes criterios:
A súa conduta impide o normal
desenvolvemento das actividades lectivas (conduta
disruptiva).
Presentan
deficiencias no seu autocontrol e/ou relacións persoais (comportamento antisocial).
A expulsión non
favorecerá a corrección da conduta.
Son reincidentes.
Díptico AULA CONVIVENCIA
luns, 14 de novembro de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








































