martes, 31 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE EN RELACIÓN ÁS NOTAS DA 2º AVALIACIÓN

Informamos que segundo as instrucións que se teñen a día de hoxe, as notas da 2ª avaliación serán entregadas ás familias por vía telemática a través da app abalarMóbil ou a través de outro medio que estipule o equipo directivo.
Seguindo as instrucións do 27 de marzo da Consellería de Educación, o instituto formalizará o peche da avaliación do segundo trimestre o 3 de abril. 
Non serán avaliables para esta avaliación as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizados polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma, 14 de marzo. 
Todas as familias que non dispoñan da app abalarMóbil poden descargala no seguinte enlace https://www.edu.xunta.es/…/f…/guia-mobil-familias-galego.pdf Guía de abalarMóbil para as familias.

ABAU 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)acordaron hoxe fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia para este ano 2020. 
Trátase das datas nas que estaba prevista –con anterioridade á crise sanitaria– a proba extraordinaria en Galicia. Deste xeito, cúmprese co prazo establecido a semana pasada en conferencia sectorial para facer estas probas, que quedara fixado entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo. 
No caso da proba extraordinaria, as partes acordaron agardar para a súa fixación, tendo en conta que –segundo o proposto polo Ministerio na conferencia sectorial – debería celebrarse antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes. 
A conselleira reiterou a necesidade de que as probas deste ano garantan de forma especial a igualdade de oportunidades e a equidade no acceso á Universidade. Neste sentido, trasladou aos representantes da CIUG que na conferencia sectorial o Ministerio propuxo un modelo de exame similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e cunha maior opcionalidade. 
O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos. 
Tanto a Consellería como a CIUG coincidiron en que un modelo de exame como o que estaba previsto contribúe a dar tranquilidade ás familias e, sobre todo, ao alumnado, que vén traballando sobre un determinado tipo de exercicios para preparar as probas.

XOGO DE MAXIA ?


domingo, 29 de marzo de 2020

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes, a resolución definitiva de exencións e a asignación de centros e sedes para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2020. 
O alumnado do noso instituto examinarase no IES DE TEIS.


PORTAL ESPAZOABALAR

Xa está dispoñible un novo apartado no portal espazoAbalar no que se recollen os principais servizos dixitais educativos que están a disposición da comunidade educativa para organizar o seu traballo: páxinas web dos centros en Webs dinámicas, aulas virtuais, app de comunicación abalarMóbil para familias, servizo de comunicación espazoAbalar para profesorado e centros, servizo de videoconferencia, ferramenta de portfolio Agueiro, rede social do profesorado Redeiras, libro dixital E-Dixgal, e Escolas Na Nube. 
 Ademais, a partir da vindeira semana, iranse incluíndo neste espazo videotitoriais que expliquen de forma sinxela o uso destas ferramentas ao profesorado que o necesite.


https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/servizos-dixitais

mércores, 25 de marzo de 2020

ABAU E ALGO MÁIS

A ABAU celebrarase entre o 22 de xuño e o 10 de xullo en convocatoria ordinaria e antes do 10 de setembro en extraordinaria, segundo aprobou a Conferencia Sectorial de Educación.
O modelo de exame axustarase á excepcionalidade que supón o actual estado de alarma para non prexudicar ao alumnado.
Tamén se aprobou flexibilizar as prácticas de Formación Profesional e que se suspendan as probas de avaliación diagnóstica de 3º e 6º de primaria e 4º da ESO.

#QUEDANACASA


martes, 24 de marzo de 2020

luns, 23 de marzo de 2020

PROGRAMACIÓN EDUCATIVA NA TVG2

PROGRAMACIÓN EDUCATIVA NA TVG2 
A Televisión de Galicia vai emitir, desde este luns e pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa. 
De luns a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas, este bloque emitirase mentres os centros escolares permanecen pechados. En colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a iniciativa arranca cunha variada oferta de programas en áreas tan diversas coma a xeoloxía, a historia, a experimentación ou o mundo animal, e que se irá ampliando con achegas do sistema educativo galego. 
Deste xeito, divulgarase o programa “Xeoclip” no que se abordan temas de Xeoloxía e Bioloxía e de Xeografía e Historia. Trátase dun espazo destinado especialmente a alumnado de Secundaria e de Bacharelato. 
Outra das apostas didácticas é “Aquelando tamén quedamos na casa”, unha versión do programa de divulgación científica “Aquelando”, creada para as actuais circunstancias de estadía nos fogares. 
Con el búscase que a rapazada aprenda de xeito entretido, con explicacións, experimentos e trucos nos que se manexan conceptos e ideas de todas as materias que se poden atopar nos diferentes ciclos educativos. 
Os pequenos (e os maiores) poderán gozar tamén das clásicas series divulgativas de animación como “Era unha vez... o home” e “Era unha vez... os exploradores”, creadas por Albert Barillé e nas que se aborda a historia da humanidade e dos grandes descubrimentos xeográficos. 
Pola súa banda, o programa “Criaturas”, achegaralle ao público máis novo o medio natural e os animais desde diversas perspectivas, como a relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, doenzas ou o labor que desenvolven os veterinarios, entre outras.

sábado, 21 de marzo de 2020

APRENDEMOS EN CASA - APRENDEMOS NA CASA

http://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/03/20200321-mefprtve.html?fbclid=IwAR3odzNCBSr6F_fj5RnjWdWPkirmdx3Vzn3S5qSjBsi1qlQ2MFOZrkpWwgM

Aprendemos en casa é unha programación especial de televisión impulsada polo MEFP para paliar a falta de clases presenciais motivada pola crise do coronavirus, especialmente entre o alumnado socialmente máis vulnerable. 
Con cinco horas diarias de programación educativa, está dirixido a estudantes de entre 6 e 16 anos e emitirase en aberto a partir deste luns na franxa matinal de Clan TV e A 2 de TVE. 
O MEFP agradece a colaboración de diferentes editoriais e portais educativos que ofreceron os seus contidos de forma gratuita para elaborar estes espazos educativo. 

RECOMENDACIÓNS DE SANIDADE PARA PROTEXERSE DO CORONAVIRUS


AULAS GALEGAS

http://aulasgalegas.org/
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade. 
 Aulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego. 
A vocación deste portal educativo non é substituír as indicacións educativas que o profesorado lle faga ao seu alumnado no ensino regrado nin o papel das administracións educativas. A nosa intención é ser unha fonte de recursos que sume no panorama educativo galego. 
Para o alumnado e as súas familias publicaremos cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. 
Compartiremos contidos educativos de elaboración propia feitos especificamente para esta iniciativa e tamén outros que xa existen e que paga a pena divulgar. 
Para o profesorado imos crear unha sección organizada por departamentos didácticos onde se poidan atopar páxinas doutro profesorado galego desas materias. 
 Estamos na casa pero non estamos parados.


DÍA DA SÍNDROME DE DOWN


venres, 20 de marzo de 2020

ORIENTACIÓNS ÁS FAMILIAS E AO ALUMNADO POLA CRISE DO CORONAVIRUS.


ORIENTACIÓNS ÁS FAMILIAS E AO ALUMNADO ANTE SITUACIÓN DE SUSPENSIÓN TEMPORAL DAS ACTIVIDADES LECTIVAS PRESENCIAIS POLA CRISE DO CORONAVIRUS. 
(Baseada nas orientacións dadas pola Confederación de Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación de España, COPOE).

Falarlles claramente da situación 
  • Explicarlles claramente o que ocorre decíndolles a verdade, co nivel de profundidade que poidan comprender segundo a súa idade. Pero, moi importante, sen alarmismos.
  • Para reducir a ansiedade, hai que evitar estar todo o día falando deste asunto e sobre todo non dar credibilidade ás noticias que non sexan de procedencia oficial.
  • Explicarlles por que é necesario quedar na casa, apelando a súa corresponsabilidade, a que a solución a esta crise depende en grande medida do que fagamos cada unha das persoas que vivimos na nosa comunidade. 
  • Se queren facer algo solidario, podemos permitirllo, en función da súa idade: ir facerlle a compra aos avós, falar por teléfono ou sistemas de videoconferencia, coas amizades e familiares, para mitigar a sensación de illamento.
 Manter as rutinas diarias 
  • É moi importante que na medida do posible manteñamos o horario habitual que tiñamos no período escolar, aínda que non madruguemos tanto, pero sí debemos manter o horario de sono e descanso, o de traballo (aínda que sexa na casa) e o de ocio. 
  • Non deixemos que se sobreexpoñan ás pantallas: videoxogos, redes sociais, películas por internet... Combinemos estas actividades de ocio con outras como facer exercicio na casa, ler, xogos de mesa, ... 
Non perder o fío dos estudios 
  • Temos que transmitirlles que non estamos en período de vacacións; manter a rutina de estudio, sobre todo de mañá, facilitará que retomemos a actividade lectiva cando remate este período de “quedar na casa” 
  • É o momento de ler o libros de lectura obrigatoria; tamén de ler os libros de lectura opcional, de facer os traballos que suben a nota. 
  • E por suposto, traballar sobre as tarefas que nos sube o profesorado á Aula Virtual e/ou EDIXGAL. Participar nos foros de dúbidas fai que nos sintamos acompañados e non perdamos de todo a rutina escolar. 
  • Estade atentos á web do centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/iesguia/) e á da Consellería de Educación (http://www.edu.xunta.gal/portal/), son as fontes fiables de información.

A IMPORTANCIA DA RUTINA


GUÍA PARA A APRENDIZAXE A DISTANCIA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

ENLACE

xoves, 19 de marzo de 2020

mércores, 18 de marzo de 2020

APRAZADA A ABAU 2020

O Ministerio de Educación e FP e o de Universidades, de acordo coas comunidades autónomas, decidiron que as probas de avaliación para o acceso á universidade (ABAU en Galicia),  si se celebrarán este curso, pero non nas datas previstas. 
Debido á suspensión de clases xerada pola alerta sanitaria do COVID-19, acordouse un adiamento da selectividade, cuxa primeira convocatoria debía celebrarse este ano antes do 18 de xuño. Ese calendario flexibilizarase, aínda que polo momento non hai nova data para a realización dos exames. En consonancia, tamén se adaptará o calendario de matrícula universitaria en función do da proba. 
Así se acordou na reunión telemática da Comisión Xeral da Conferencia de Educación, celebrada hoxe entre representantes dos ministerios, das comunidades autónomas e da CRUE (o organismo que reúne aos reitores das universidades españolas). 
Todos eles comprometéronse a traballar na procura de novas datas, tanto para a convocatoria ordinaria como para a extraordinaria da selectividade 2020.
Nese sentido, os representantes da CRUE expuxeron como importante que o adiamento das probas «non vaia máis aló da primeira semana de xullo para garantir o correcto desenvolvemento do seu corrección e os subseguintes trámites administrativos». 
Tamén fixeron un chamamento a «despexar canto antes a incerteza», aínda que sen tomar decisións «precipitadas” 


https://ciug.gal/gal
Quedan suspendidos e interrompidos todos os prazos relativos ás probas de acceso á universidade para persoas maiores de 25 anos e ás probas de acceso á universidade para persoas maiores de 45 anos.

luns, 16 de marzo de 2020

PROBAS DE ACCESO Ó GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE NA UNIVERSIDADE DE VIGO 2020-2021

Quen desexe acceder ao Grado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Uvigo, ademais de solicitar a admisión (preinscripción) a través dos procedementos telemáticos que estableza a CIUG, terá que realizar as probas específicas de aptitude. 
 Non terá que realizar esta proba: 
  • Quen teña superadas as probas no ano anterior á convocatoria, en calquera facultade do sistema universitario español. 
  • Quen estea acreditado como deportista de alto nivel ou de alto rendemento polo Consello Superior de Deportes ou polo organismo competente da comunidade autónoma.

PROBAS DE MAIO E XUÑO 2020


Presentación de solicitudes: do 5 de marzo ao 22 de abril

Realización das probas físicas:
1ª data: 22 de maio;
data: 18 de xuño 




PROBAS DE ACCESO Ó GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA 2020-21


Inscricións:
  • 1ª data: 18 de abril: inscrición do 12 de febreiro ao 6 de marzo ás 14:00 h (ambos inclusive)
  • 2ª data: 17 de xuño: inscrición do 30 de marzo ao 15 de maio ás 14:00 h (ambos inclusive).
Prezo:
O importe dos dereitos de exame será de 63,67 €, máis 6 € en concepto de seguro de accidentes.
O pagamento dos dereitos de exame permitirá presentarse ás dúas oportunidades (abril e xuño); en caso de concorrer á segunda oportunidade, só haberá que aboar novamente o seguro de accidentes.
Requisitos:
  • Ademais das persoas que reúnan os requisitos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, poderá presentarse ás probas específicas de acceso quen estea cursando o bacharelato ou un Ciclo Formativo de Grao Superior.
  • De acordo co disposto no artigo 9 do RD 971/2007, do 13 de xuño, sobre deportistas de alto nivel e de alto rendemento, estes deportistas están exentos de realizar estas probas.
  • Os aspirantes que obtiveron a cualificación de "apto" nas probas específicas de acceso que tiveron lugar no ano 2018 e 2019, non terán que realizalas novamente nesta convocatoria, sen prexuízo de cumprir coa normativa para o acceso e admisión á universidade.
 Enlace

ORIENTACIÓNS PARA A CRISE DO CORONAVIRUS


Unhas  orientacións para a xestión psicolóxica da corentena por CORONAVIRUS dadas polo colexio oficial das psicoloxía de Madrid.

https://drive.google.com/file/d/1ME9LkktZEkVC5RaNoGYK3FtNRqPAe2qy/view

martes, 10 de marzo de 2020

MILA LÓPEZ PIONEIRA DO HANDBIKE

Hoxe, martes 10 de marzo de 2020, aproveitando a semana de sensibilización coa discapacidade e conmemorando o día 8 de marzo, é un pracer ter no noso centro a unha muller da talla da MILA LÓPEZ
Pola mañá, no salón de actos do instituto, un bo grupo de alumnos/as e profesores/as estivemos falando con MILA LÓPEZ, que ten varios títulos ás súas costas na modalidade de HANDBIKE, entre os que destacan, a copa de España e o campionato de España. 
Mila López, grazas por vir a visitarnos e sensibilizarnos coa discapacidade motriz.

sábado, 7 de marzo de 2020

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS

Do 2 ao 13 de marzo de 2020 está aberto o prazo para inscribirse nas probas de acceso a ciclos de grao medio. Na seguinte presentación podedes ver os requisitos, características da proba e os lugares de inscrición.

A ENTREVISTA - TODO FP

No portal de TODO FP podes atopar moitos recursos de orientación laboral para a búsqueda de emprego, como por exemplo vídeos con orientación para superar con éxito as entrevistas de traballo: entrénate para unha entrevista de traballo, comunicación non verbal, a presentación, información persoal, formación, experiencia profesional, posto de traballo, a despedida. 


ADMISIÓN E MATRÍCULA

Reserva de praza para o centro ao que se estea adscrito
Do 1 ao 17 de febreiro
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate
Última semana de febreiro
Publicación de postos escolares vacantes
Antes do 1 de marzo
Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión (alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito)
Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo
10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas
Antes do 25 de abril
Reclamacións (realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados)
Prazo máximo de 5 días hábiles a partir do día seguite á súa publicación
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas
Antes do 15 de maio
Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria
Do 20 ó 30 de xuño
Formalización da matrícula en ESO e bacharelato
Do 25 de xuño  ó 10 de xullo
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato
Do 1 ó 10 de setembro


venres, 6 de marzo de 2020

XOGAR COMA UNHA NENA

Chegou o día, e foi onte cando estreamos a curta protagonizada polo alumnado mediador do instituto e alumnas e profesoras  deportistas do centro. 
Deixovos aquí unhas fotos do evento, no que houbo, alfombra vermella, entradas de cine, acomodadores, porteiros, tecnicos de video, ... e moita xente.  Pasámolo ben. 
Desde o departamento de orientacion damos as grazas a todos e a todas pola vosa colaboración.


CORONAVIRUS INFORMACIÓN

Información

XOGO: AS MULLERES NO DEPORTE

Este ano para conmemorar o día internacional da muller, que se vai celebrar o domingo 8 de marzo, organizamos para o alumnado de ESO e FPB un xogo sobre as mulleres no mundo deportivo. 
O alumnado xunto co seu titor/a traballou previamente aspectos relacionados coa vida deportiva de un grupo de mulleres. Logo elaborouse un díptico para que o alumnado costestase a preguntas que podían buscar en diferentes paneis colocados polos pasillos e entrada do instituto.
Eu creo que a maioría disfrutou da actividade e a totalidade do alumnado aprendeu algo sobre AS MULLERES NO DEPORTE. 


A MULLER NO DEPORTE