domingo, 28 de outubro de 2018

GRAZAS POLAS 10.000 VISITAS


ABAU 2019

 

As probas ordinarias de acceso á universidade, ABAU 2019, terán lugar os días 12, 13 e 14 de xuño

A convocatoria extraordinaria, que por primeira vez neste curso se adianta de setembro a xullo, concretamente para os días 10, 11 e 12 de xullo

sábado, 27 de outubro de 2018

martes, 23 de outubro de 2018

CAMBIANDO ESTEREOTIPOS - IANIRE ESTÉBANEZ

Hoxe pola mañá, o alumnado de 4º ESO, 2º FPB e 1º BACHARELATO, estivemos no auditorio do concello asistindo ás Xornadas Municipais de Igualdade na Rede que organiza a concellería de Igualdade. 
As xornadas trataron temas como os estereotipos de xénero, machismo e homofobia; a prevención e identificación da violencia sexista; a promoción das relacións afectivas baseadas no respecto mutuo e a igualdade e o bo uso das redes sociais. 
A autora de "MI NOVIO ME CONTROLA" Ianire Estébanez analiza en clave de humor os perniciosos roles de desigualdade transmitidos en películas e anuncio Ianire, defensora de educar ás novas xeracións en igualdade apostou: "Estamos ante unha xeración que ten que darlle unha volta a algúns patróns. 
Hai que reaprender o amor, que sexa un amor de bo trato. Quérote, pero non máis que á miña vida", defendeu. 
"Si Barbie fose unha muller real, mediría 2,19 metros, pesaría 45,8 quilos [...] e no seu corpo só habería espazo para medio fígado e a moi poucos centímetros do intestino, polo que sufriría de diarreas crónicas. Non podería ter menstruación, nin fillos. O seu pescozo é o dobre de longo do normal, polo que non podería soster a cabeza. E debería de camiñar a catro patas, xa que os seus pernas non serían capaces de mantela de pé". Así se referiuse a psicóloga e ciberactivista Ianire Estébanez, a un dos iconos que máis críticas recibiu historicamente do feminismo e exemplo de "modelos de beleza inhumanos.




"NO SIGNIFICA NO"

domingo, 21 de outubro de 2018

mércores, 10 de outubro de 2018

MEMORIA

Cinco alimentos que poden axudar a mellorar a túa memoria: brócoli, cereais integrais, chocolate negro, mazá e pescado.
Queres probalos?

INTELIXENCIA EMOCIONAL

O obxectivo de desenvolver a intelixencia emocional nos nenos é para facilitar un mellor desenvolvemento psicosocial, un maior aprovechamiento das súas capacidades e a prevención dunha serie de problemas relacionados coa xestión emocional.

IGUALA NA DIFERENZA. UNHA CUESTIÓN DE XUSTIZA SOCIAL

Si queres podes descargar de forma gratuíta a  guía didáctica de FARAXA: Iguala na diferenza. Unha cuestión de xustiza social en pdf
Con esta guía pretense ofrecer unha ferramenta para educar en igualdade considerando esta como un instrumento para previr todo tipo de violencia cara as mulleres. 
A guía contén as seguintes actividades: 
1) Lalo e Lola 
2) Remuíño de ideas sobre a parella 
3) Corpos 
4) Paseo nocturno 
5) Micromachismos 
6) Traballando os mitos da prostitución

http://faraxa.es/wp-content/uploads/2018/10/GU%C3%8DA_DID%C3%81CTICA-IGUALA-NA-DIFERENZA.pdf