xoves, 13 de abril de 2023

BECA MEFP 23-24

 Xa podedes solicitar a beca xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2023-2024.

Prazo de matrícula: 27 de marzo ao 17 de maio.

É necesario que a realicedes pese a non estar seguras/os do que ides a estudar. Complementádea cos estudos máis probables, xa que os poderedes actualizar máis adiante.

Tendes toda a información nos seguintes enlaces: Beca Ministerio

Pasos a seguir

Para que estudos se pode solicitar?

Requisitos

Canto diñeiro podes recibir?

Obrigas



martes, 10 de xaneiro de 2023

CONVOCATORIA PROBAS DE ACCESO FP

Como cada ano, convócanse as probas de acceso a ciclos de grao medio e grao superior. 

REQUISITOS XERAIS PROBAS PARA GRAO MEDIO 
     - Non estar en posesión do título da ESO ou equivalente. 
     - Ter 17 anos ou cumprilos no ano natural. 

CARACTERÍSTICAS DA PROBA 
     - Parte sociolingüística: lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais. 
     - Parte matemática: matemáticas. 
     - Parte científico-técnica: ciencias naturais, tecnoloxía. 

REQUISITOS XERAIS PROBAS PARA GRAO SUPERIOR 

    - Non estar en posesión do título do BAC ou título técnico (Grao medio). 
    - Ter 19 anos ou cumprilos no ano natural. 

CARACTERÍSTICAS DA PROBA 
     - Parte común: lingua galega, lingua castelá, matemáticas. 
     - Parte específica (en función da familia): 
             A. Economía da empresa, inglés/francés, filosofía. 
             B. Debuxo técnico, tecnoloxía industrial e física. 
             C. Ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía. 

A CONTINUACIÓN, O CALENDARIO COS PRAZOS CORRESPONDENTES: