mércores, 29 de maio de 2019

PROXECTO ESCOLAS SEGURAS DA FELGTB

O obxectivo é crear unha coalición de escolas seguras perante o acoso escolar LGTBIfóbico, incluíndo estudantes, profesionais sociais, docentes, familias e persoal de administración e servizos. O proxecto responde aos principios de educación na diversidade e pretene implicar a todos os axentes para construir unha escola diversa e segura.



Escolas seguras

SE FELIZ

Unha mensaxe con moito calado 
para o alumnado que está decidindo que facer.

martes, 28 de maio de 2019

CLASES SEN FUME

Máis de 2.000 alumnos de 39 centros de toda Galicia participaron no programa "Clases sen fume", pero soamente 8 foron seleccionados para asistir onte a entrega de premios; unha iniciativa da Consellería de Educación e a de Sanidade que busca evitar o inicio do consumo de tabaco entre escolares de 1º e 2º ESO. O programa, ademais dun compoñente educativo, tamén inclúe unha serie de premios. 
O alumnado de 1º ESO A do IES A GUÍA foi premiado cunha saída a Aquapark de Cerdeda, polo traballo presentado “RACHA CO TABACO” e unha certificación de innovación educativa; outro instituto de Vigo premiado foi o IES Carlos Casares de Vigo co que compartimos autobús. 
O premio ao mellor eslogan, "Paso de fumadores, e ti?", recaeu no IES Antón Losada da Estrada, e o de actividade creativa, "Que non che vendan a caixa", para o IES Melide. 

domingo, 26 de maio de 2019

CONSELLOS PARA PROTEXER A TÚA PRIVACIDADE ONLINE

https://www.osi.es/es/actualidad/blog/2017/10/23/consejos-para-proteger-tu-privacidad-online?fbclid=IwAR0Zs6Q2Xl5D7OWqvhA7iCAlP4ZvoUw25eRjlkdgpuqbW5c7yLp0gG6YkJk

RADIO LOCAL


Non ten moito que ver co mundo da orientación educativa pero parece moi interesente.
Aqueles aos que vós guste a radio, aquí tedes unha multitude de estación de radio locais.
Mirade que impresionante !!!. Neste link aparece un globo terráqueo como o de Google Earth, con infinidade de puntos verdes. Pódese facer zoom igual que en Google Earth. Cada punto verde é unha estación de radio local de calquera parte do mundo. Ao facer click no punto, óese inmediatamente a estación de radio con bo son:
 https://radio.garden/listen/radiopresence/qkGRwCnx

https://radio.garden/listen/radiopresence/qkGRwCnx

venres, 24 de maio de 2019

ABAU 2019

CIUG
INSTRUCIÓNS ABAU 
CONVOCATORIA E CALENDARIA ABAU 2019 
LUGARES DE EXAMES


VISITA AO MONTE DA MADROA

Onte, o alumnado de FPB e 1º CM (ACO) do instituto saímos de convivencia a coñecer o monte preto do noso centro, A MADROA. A intención era facer un percorrido pola senda que baixa por A Madroa, pero debido ao mal tempo inicial, tivemos que cambiar de plans. 
Despois dunhas pequenas explicación do fauna e flora da zona, e dun pequeno recorrido (antes de que chovera) acabamos facendo unha visita ao zoo. Creo que todos, profesorado e alumnado, lembraron algún momento na súa infancia na que visitaron dito zoo. 
Pasámolo moi ben!
Grazas a comunidade de montes de Teis


martes, 21 de maio de 2019

INFORMACIÓN SOBRE ACCESO Á UNIVERSIDADE

Unha nova aplicación web realizada polo alumnado e profesorado da materia TICs ll de 2º bacharelato do IES Chan do Monte de Marín, para orientarse sobre o acceso á universidade.

http://bacharelato.ga/

venres, 17 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019


Antonio Fraguas naceu en Loureiro, Cotobade, en 1905. Alí tivo unha infancia feliz, rural, coma tantos nenos da época. Un rapaz curioso, alegre e vital. Cando estudaba o bacharelato as cousas comezarían a cambiar. Un día o catedrático de debuxo enfermou e foi a substituílo alguén que marcaría profundamente o mozo Antonio. 
En efecto, Castelao deulle clase durante o bacharelato en Pontevedra ao igual que outro ilustre galeguista: Antón Losada Diéguez. Para Fraguas Castelao era moito máis ca un profesor de debuxo: un amigo e un referente e, en máis dunha ocasión, manifestou que o seu saúdo xa era para el algo “colosal”. Antón Freguas

martes, 7 de maio de 2019

SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS 2019

http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sur/descargas/GUIA_SUR/Residencias.pdf


A Universidade de Santiago de Compostela abre a convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) para o curso 2019-2020, cun total de 1.071 prazas repartidas por sectores e grupos. 


SOLICITUDE: do 2 de maio ao 28 de xuño de 2019


 Presentarase unha única solicitude por persoa, grupo e campus acompañada da documentación requirida no Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado (Pavillón Estudantil - Campus Vida) ou por calquera procedemento recolleitos na normativa de procedemento administrativo. 

CALENDARIO:
Publicación lista provisional: 11 xullo 
Prazo de reclamación ou entrega de documentación pendente: ata o 26 de xullo 
Publicación da lista definitiva: 30 de xullo 
Confirmación da lista de espera: ata o 5 de agosto 
Reserva de praza adxudicada: do 30 de xullo ao 5 de agosto 
1º movemento da lista de espera: 8 de agosto 
2º movemento da lista de espera: 21 de agosto 





 
Estas axudas son incompatibles coa dotación para residencia da convocatoria xeral de becas do Ministerio de Educación e Formación Profesional, o alumno terá que escoller entre ambas. Si se pode completar as túas axudas para estudar nesta universidade solicitando unha BECA DE COMEDOR (próxima convocatoria)


 Máis información:
Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social
Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
Pavillón estudantil, 1º andar, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Tlf.: 881 814 574 / 575/ 582
Fax.: 881 814 559