martes, 28 de maio de 2019

CLASES SEN FUME

Máis de 2.000 alumnos de 39 centros de toda Galicia participaron no programa "Clases sen fume", pero soamente 8 foron seleccionados para asistir onte a entrega de premios; unha iniciativa da Consellería de Educación e a de Sanidade que busca evitar o inicio do consumo de tabaco entre escolares de 1º e 2º ESO. O programa, ademais dun compoñente educativo, tamén inclúe unha serie de premios. 
O alumnado de 1º ESO A do IES A GUÍA foi premiado cunha saída a Aquapark de Cerdeda, polo traballo presentado “RACHA CO TABACO” e unha certificación de innovación educativa; outro instituto de Vigo premiado foi o IES Carlos Casares de Vigo co que compartimos autobús. 
O premio ao mellor eslogan, "Paso de fumadores, e ti?", recaeu no IES Antón Losada da Estrada, e o de actividade creativa, "Que non che vendan a caixa", para o IES Melide. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario