CONVOCATORIA 2020
sábado, 30 de maio de 2020
RECORDATORIO PROCEDEMENTO ABAU 2020
Información matricula ABAU:
Aqui vós deixamos un recordatorio do procedemento para matricularse nas ABAU para todo o alumnado, tanto de bacharelato como de FP.
Tamén están os impresos que deberedes presentar, ideos mirando. IMPRESOS TAXAS, IMPRESO MATRÍCULA, ...
En relación o alumnado de formación profesional os centros teñen que gravar as notas na aplicación informática Nerta, e entregar ó alumnado o certificado de ter aboado os dereitos de expedición do título ou de que ten superados todos os módulos necesarios para poder presentarse á ABAU.
O alumnado de FP ten que enviar por correo electrónico ao lerd correspondente o impreso de matrícula, o certificado e o xustificante de ter aboadas as taxas.
xoves, 28 de maio de 2020
domingo, 24 de maio de 2020
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR
PROBAS CICLOS MEDIO
O día 29 de maio farase pública a relación de centros públicos onde se vaian a constituír as comisións de realización das probas, así como os centros adscritos.
Esta listaxe publicarase en cada centro onde se realice a inscrición e na páxina web htttp://edu.xunta.gal/fp4.
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 10 de xuño de 2020.
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
As probas desenvolveranse no horario que se indicade seguido:
-Ás 9.00 horas: presentación.
-Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
-Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica
PROBAS CICLOS SUPERIOR
As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 11 de xuño de 2020. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
As probas desenvolveranse no horario que se indica deseguido:
-Ás 9.00 horas: presentación.-Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá).
-Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo a que se desexe acceder, segundo o anexo VII da orde da convocatoria.
Fonte:
- Resolución do 24 de maio de 2020
- Acceso á información da convocatoria de probas de acceso de grao medio
- Acceso á información da convocatoria de probas de acceso de grao superior
venres, 22 de maio de 2020
PROCESO MATRÍCULA ORDINARIA ABAU 2020 PARA ALUMNADO DE BACHARELATO.
PROCESO
MATRÍCULA ORDINARIA ABAU 2020 para alumnado de Bacharelato.
Prazo: Do 10
ao 17 de xuño
1. O/A
alumno/a entregará no Centro de Secundaria o impreso de matrícula coa indicación
das materias das que se desexa examinar.
2. O/A
alumno/a imprime o documento de Taxas e fai o pago no Banco.
3. O/A
alumno/a entrega unha copia do Xustificante de Pago de Taxas, ou xustificante
da exención, no centro de Secundaria.
4. O Centro de
secundaria cubre na Aplicación Informática Nerta os datos da matrícula e o pago
das Taxas e envía ao LERD o listado que xera Nerta coa relación de alumnos e
pago de taxas (antes do 19 de xuño).
Enlace
Enlace
PROCESO MATRÍCULA PARA ABAU 2020 PARA ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
PROCESO MATRÍCULA para ABAU 2020 para alumnado de FP GRAO SUPERIOR
Prazo: Do 1 ao 17 de xuño
1. O Centro
grava as cualificacións do alumnado na Aplicación Informática Nerta
2. O Centro
asinará o certificado de que o/a alumno/a abonou os dereitos de expedición do
título ou de que ten superados todos os módulos para poder presentarse á Parte
Voluntaria das ABAU.
3. O/A
alumno/a imprime o documento de Taxas e fai o pago no Banco.
4. O/A o
alumnado cubre o impreso de matrícula coa indicación das materias da parte
voluntaria das que se desexa examinar.
O alumnado
deberá enviar por correo electrónico ao LERD correspondente (Anexo I da
Convocatoria) dentro do prazo de matrícula a seguinte documentación:
- a) Impreso de Matrícula cos seus datos e indicación das materias das que desexa examinarse na Parte Voluntaria
- b) Certificado indicado no apartado 2.
- c) Xustificante de ter pagadas as Taxas no Banco.
O alumnado
recibirá no seu correo electrónico un “Código de Acceso” necesario para poder
realizar na aplicación informática NERTA as solicitudes de revisión e a solicitude
de preinscrición en titulacións con límite de prazas do SUG.
Enlace
Enlace
VIDEO DAS XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA VIRTUAL DA UVIGO
Deixovos aquí o enlace ao video das xornadas de orientación virtual que se celebrou o día 13 de maio na universidade de Vigo.
Sería interesante velo si sodes alumnado que ten intención de facer as ABAU este curso e matricularse na universidade. Explicación de novedade das ABAU, preinscripción e matricula na universidade e novedades sobre titulacións.
Etiquetas:
BACHARELATO,
ORIENTACIÓN,
UNIVERSIDADE
mércores, 20 de maio de 2020
martes, 19 de maio de 2020
QUE QUERO ESTUDAR?
Na Guía de Estudos Superiores que A Voz de Galicia regalou, están todos os ensinos que se poden cursar en Galicia ao terminar o bacharelato: as carreiras universitarias, os ciclos de FP, as titulacións artísticas e as de deseño e artes plásticas.
Pensada para alumnado e as súas familias desde terceiro da ESO, e especialmente o bacharelato, agora se presenta con toda as actualizacións (notas de corte, novos grados, ponderacións...) e moitos extras.
Unha vez que sabemos como vai acabar o curso, cando e como será a ABAU, é o momento de pensar no próximo setembro.
Guia QUE QUERO ESTUDAR en PDF
Tamén podes accede a esta guía a través deste buscador https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/
Etiquetas:
BACHARELATO,
ORIENTACIÓN,
UNIVERSIDADE
luns, 18 de maio de 2020
NOVOS GRAOS NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
A Universidade da Coruña para o vindeiro curso 2020/2021 ten tres novas propostas de Graos, e que consideramos que poden resultar moi atractivas:
- Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía, que se impartirá na Facultade de Ciencias-Campus A Coruña.
- Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, que e impartirá na Facultade de Economía e Empresa-Campus A Coruña.
- Grao Aberto en Enxeñaría Industrial, que se impartirá na EU Politécnica-Campus Ferrol.
A outra novidade para o curso 2020/2021 é que o Grao en Turismo non terá custos adicionais, pasando a ser o importe da matrícula o establecido de xeito xeral para as titulacións da súa rama de coñecemento, e impartirase nas instalacións da Facultade de Filoloxía-Campus A Coruña.
sábado, 16 de maio de 2020
INSTRUCIÓNS ABAU 2020
A CIUG acaba de facer publico a convocatoria de matrícula nas probas de ABAU (Avaliciación de Bacharelato para o Acceso á Universidade), convocatoria xullo 2020.
➽MATRÍCULA ANTICIPADA: do 1 ao 17 de xuño de 2020.
A través da aplicación informática NERTA https://www.edu.xunta.es/nerta
Para quen?
- Para o alumnado que reuna as condicións para realizar as probas ABAU con anterioridade a finalización deste curso 2019/2020.
- Para alumnado de FP que acabase ou este en disposición de acadar o título de FP na convocatoria du xuño 2020.
Envio ao LERD correspondente por correo electrónico do xustificante de exención, se é o caso.
➽MATRÍCULA ORDINARIA:
PREMATRÍCULA: do 10 ao 17 de xuño. Realizaa o alumnado nos institutos.
Entrega do resgardo de abono de prexos de matrícula no prazo do 10 ao 17 de xuño.
MATRÍCULA: do 17 ao 19 de xuño. Envio electrónico ao LERD da documentación do alumnado polos centros de secundaria.
17 de xuño: o alumnado deberá revisar os seus datos e si detecta algún erro deberá comunicalo.
19 de xuño: o alumnado poderá consultar en NERTA a súa matrícula da ABAU.
7, 8 e 9 de xullo: realización das probas ABAU.
16 de xullo: a partir das 20:00 h. publicación das cualificacións.
23 de xullo: cualificacións definitivas.
Do 17 ao 21 de xullo: revisión de cualificacións.
Entre o 24 e o 27 de xullo: acceso e consulta dos exames revisados.
En función da situación sanitaria do momento a CIUG dará instucións sobre os requerimentos que debe cumprir o alumnado para acceder aos lugares de exames.
Documentos importantes para a súa lectura:
- Convocatoria ordinaria ABAU 2020
- Resumo convocatoria ordinaria ABAU 2020
- Instrucións para o alumnado
Etiquetas:
BACHARELATO,
ORIENTACIÓN,
UNIVERSIDADE
COMO FACER RESUMOS E ESQUEMAS
Aquí vós deixo unha presentación feita pola nosa profesora de Galego -Bea- de como facer uns esquemas e uns resumos a partir dun texto. Presentación que vos pode ser de gran axuda, desexo que lle saquedes proveito.
PRESENTACIÓN: COMO FACER RESUMOS E ESQUEMAS
Fonte: Aulas galegas
mércores, 6 de maio de 2020
NOVOS GRAOS UNIVERSITARIOS PARA O CURSO 2020/2021
A oferta do Sistema Universitario Galego para o curso 2020/21 incorpora 3
novos títulos de grao e os 3 primeiros graos abertos
A Consellería de Educación acaba de enviarlle ao
Ministerio de Universidades a proposta de prazas para o curso que vén, que foi
consensuada coas tres universidades galegas
O número total de prazas en grao increméntase ata
un total de 11.483
Mantéñense todas as titulacións
Mar, 05/05/2020
Graos abertos
O curso 2020/2021 será o primeiro
no que o SUG oferte graos abertos, en concreto o de Ciencias Sociais e Xurídicas (Universidade da Coruña, Campus da
Coruña, 10 prazas), o de Enxeñaría
Industrial (Universidade da Coruña, Campus de Ferrol, 8 prazas) e o grao
aberto 5USC Enxeñarías (Universidade
de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 10 prazas).
Os graos abertos deben combinar materias de, como mínimo, tres graos da mesma rama de coñecemento, e o número de prazas
máximo que poden ofertar é 25. As universidades deben garantir que o alumnado
matriculado nestes programas poidan cursar un máximo de 90 créditos; ofrecerlles un proceso continuo de titorización e
mentorización; e recoñecerlles a maioría dos créditos cursados no grao
finalmente elixido.
O obxectivo desta iniciativa
novidosa é ampliar as posibilidades de elección do alumnado ao tempo que se
pretende reducir as taxas de abandono ou de cambio de estudos nos primeiros
anos de vida universitaria.
Novas
titulacións
. Trátase dos graos en Empresa e Tecnoloxía
(Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 45 prazas), en Bioquímica (Universidade de
Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 45 prazas) e en Nanociencia e Nanotecnoloxía (Universidade da Coruña,
Campus da Coruña, 50 prazas).
Así mesmo, súmanse á oferta do
SUG catro novos programas de
simultaneidade de grao, todos eles na Universidades de Vigo. Serán o de
ADE e Enxeñaría Informática (Campus
de Ourense), Enxeñaría Biomédica e
Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Mecánica
(Campus de Vigo) e Enxeñaría Mecánica e
Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo).
Outras
modificacións
Entre outras modificacións, dous
graos xa existentes aumentan a súa oferta: o de Logopedia, no Campus da Coruña,
con 5 prazas máis; e o de Enxeñaría Informática, no Campus de Ourense, con 15
prazas máis.
Por outra banda, outras
titulacións de grao diminúen a súa oferta debido á sobreoferta estrutural no
sistema universitario. Trátase de Relacións Laborais e Recursos Humanos (Campus
da Coruña, 5 prazas menos), Enxeñaría Eléctrica (Campus de Ferrol, 5 prazas
menos), ADE (Campus de Lugo, 10 prazas menos), e Paisaxe (Campus de Lugo, 5
prazas menos). Ademais, a Escola de Enxeñaría Industrial da UVigo aposta por
axustar a oferta dos seus graos ao múltiplo de 10, o que supón unha diminución
de 13 prazas no seu conxunto.
Fonte: Xunta de Galicia
Fonte: Xunta de Galicia
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























