PROBAS CICLOS MEDIO
O día 29 de maio farase pública a relación de centros públicos onde se vaian a constituír as comisións de realización das probas, así como os centros adscritos.
Esta listaxe publicarase en cada centro onde se realice a inscrición e na páxina web htttp://edu.xunta.gal/fp4.
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 10 de xuño de 2020.
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
As probas desenvolveranse no horario que se indicade seguido:
-Ás 9.00 horas: presentación.
-Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
-Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica
PROBAS CICLOS SUPERIOR
As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 11 de xuño de 2020. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
As probas desenvolveranse no horario que se indica deseguido:
-Ás 9.00 horas: presentación.-Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá).
-Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo a que se desexe acceder, segundo o anexo VII da orde da convocatoria.
Fonte:
- Resolución do 24 de maio de 2020
- Acceso á información da convocatoria de probas de acceso de grao medio
- Acceso á información da convocatoria de probas de acceso de grao superior

Ningún comentario:
Publicar un comentario