sábado, 30 de novembro de 2019

xoves, 28 de novembro de 2019

GRAOS ABERTOS



A conselleira explicou que cando un alumno accede á universidade, en moitas ocasións ten dúbidas sobre o contido exacto do título escollido, as competencias profesionais que lle vai proporcionar ou as saídas laborais. De feito os datos a nivel estatal sinalan que un de cada tres universitarios abandona o grao no que se matricula nos dous primeiros cursos, ben porque deixa a universidade, ben porque cambia de grao. 
Precisamente para atallar esta dinámica e garantir que os estudantes dispoñan da máxima información posible á hora de elixir estudos, o Goberno galego pon en marcha esta iniciativa de graos abertos que vai redundar nun beneficio para o conxunto da universidade universitaria. 

O grado aberto é un tipo de formación universitaria na que o estudante pode escoller e cursar asignaturas de diferentes grados durante o primeiro ano e medio dos estudos universitarios, de maneira que poida facerse unha idea máis realista de en que consiste un grado universitario e así decidirse por un en concreto. 

Cada programa de grado aberto debe combinar materias como mínimo de tres grados que deben pertencer á mesma rama de coñecemento. O número de prazas ofertadas por cada grado aberto será dun máximo de 25.  Para acceder aos grados abertos, o alumnado deberá contar cunha nota de acceso como mínimo, igual á máis alta de todas as titulaciones de grado integradas no programa.


25 N -NON CALES

https://drive.google.com/open?id=1Iu511V_07ItSGtN2ORVo0-Qdj7u2Yksm

FP DUAL

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional presentou a de Guía Básica de Formación Profesional Dual en Galicia co fin de dar a coñecer estas ensinanzas. 
Esta guía estrutúrase en 3 bloques de contido: 
1. Visión xeral da FP Dual, características e lexislación sobre as diferentes vinculacións entre o alumnado e as empresas e institucións. 
2. Pasos a seguir polo centro educativo para a posta en marcha, seguimento e xestión dun grupo Dual polo réxime de adultos, ou polo réxime ordinario. 
3. Información sobre as distintas etapas que as empresas, organizacións ou institucións deberán realizar para acoller alumnado destas ensinanzas.