Amosando publicacións coa etiqueta UNIVERSIDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta UNIVERSIDADE. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de maio de 2022

Orientación FPGS

A orientación académica e profesional é algo que nos acompañará ao longo do noso desenvolvemento durante toda a vida. 

Sempre temos opción de cambiar, de querer mellorar, avanzar e coñecer novos horizontes. 
Na seguinte presentación, tendes a información básica sobre as principais opcións unha vez obter un título de técnico superior de formación profesional. 

Non esquezamos que, o sistema educativo marca unha serie de camiños máis estandarizados, pero que sempre exiten opcións e posibilidades de poder adaptalo o máximo posible ás nosas circunstancias e características persoais. 💪💪  

mércores, 30 de marzo de 2022

ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO

Na seguinte presentación tendes a información máis relevante con respecto ás saídas tras cursar 2º de Bacharelato: ABAU, universidades galegas e estatais, acceso a ciclos formativos de Grao Superior, becas, mercado laboral... 
Prestade atención aos enlaces presentes na presentación.
 Agardo que vos sirva de axuda!

xoves, 20 de xaneiro de 2022

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE PARA MAIORES DE 25

As probas de acceso á universidade son unha opción máis da que dispomos para continuar co noso percorrido académico.

Tedes toda a información (convocatoria, procedemento, modelos de exame, etc.), clickando aquí: CiUG

Ademais, déixovos un pequeno resumo:
 

mércores, 22 de xullo de 2020

BECAS 2020 2021

https://www.becasalestudio.com/guia-becas-mec-solicitud-tramitacion




¿Cuál es el rendimiento académico que debo acreditar para obtener beca? 
Además de los requisitos de matriculación vistos, para obtener beca es necesario un rendimiento académico en el curso anterior.
ESTUDIOS DE GRADO 
• En el primer curso será necesario 5 puntos de nota de acceso a la Universidad (El 60% la nota de bachillerato + el 40% la nota de la fase general de selectividad.) 
• En el resto de cursos deberán haber superado en los últimos estudios cursados los siguientes porcentajes de los créditos matriculados: 

Rama de conocimiento
Porcentaje de créditos a superar
Artes y Humanidades
90%
Ciencias sociales y Jurídicas
90%
Ciencias de la salud
80%
Ciencias
65%
Enseñanzas Técnicas
65%

CICLOS FORMATIVOS DE GRADO SUPERIOR
 PRIMERO
Haber obtenido al menos un 5 de nota media en 2º de BACH o en la prueba o curso de acceso. SEGUNDO 
Haber superado en el curso anterior el 85% de las horas totales matriculadas. 

Si repetiste curso el año anterior debes haberlo aprobado todo. Si solicitas beca para 1º de estos estudios deberás haber obtenido 5 puntos en segundo curso de Bachillerato o en la prueba o curso de acceso (si accedes directamente desde un grado medio será la nota media del grado medio). Esta nota servirá además para el cálculo de la cuantía variable que te corresponde. Si solicitas beca para 2º de estos estudios deberás haber superado en el curso anterior al menos el 85% de las horas totales del curso, salvo que hubieses repetido primero, en cuyo caso necesitarás haberlo aprobado todo. La nota media que tuvieses en 1º servirá para el cálculo de la cuantía variable que te corresponde.


BACHILLERATO 
PRIMERO Haber obtenido al menos un 5 de nota media en 4º de la ESO. 
 SEGUNDO Haber superado en el curso anterior todas las asignaturas, salvo una. 
Si repetiste curso el año anterior deberás haberlo aprobado todo. 
Si solicitas beca para 1º de BACH deberás haber obtenido una nota media de 5 puntos en 4º de la ESO. Esa nota servirá también para el cálculo de la cuantía variable que te corresponde. Si solicitas beca para 2º BACH deberás haber superado todas las asignaturas del curso anterior, con excepción de una, salvo que hubieses repetido primero, en cuyo caso necesitarás haberlo aprobado todo. La nota media que tuvieses en 1º de BACH servirá para el cálculo de la cuantía variable que te corresponde.

mércores, 8 de xullo de 2020

OFERTA DE GRAOS UNIVERSITARIOS EN GALICIA PARA O CURSO 2020/2021

Oferta de graos universitarios nas tres universidades galegas: universidade de A Coruña, universidade de Santiago e universidade de Vigo para o próximo curso 2020/2021.


Enlace ao PDF

Fonte: Mónica Diz orienta

mércores, 1 de xullo de 2020

SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIA NA USC

O Servizo Universitario de Residencias (SUR) proporciona aloxamento ao alumnado e demais membros dos diversos colectivos da comunidade universitaria, pretendendo contribuír, facilitar e promover a contorna e o ambiente máis idóneo cara a unha mellor integración, formación e igualdade de oportunidades no ámbito universitario.



xoves, 4 de xuño de 2020

venres, 22 de maio de 2020

PROCESO MATRÍCULA ORDINARIA ABAU 2020 PARA ALUMNADO DE BACHARELATO.


PROCESO MATRÍCULA ORDINARIA ABAU 2020 para alumnado de Bacharelato.
Prazo: Do 10 ao 17 de xuño
1. O/A alumno/a entregará no Centro de Secundaria o impreso de matrícula coa indicación das materias das que se desexa examinar.
2. O/A alumno/a imprime o documento de Taxas e fai o pago no Banco.
3. O/A alumno/a entrega unha copia do Xustificante de Pago de Taxas, ou xustificante da exención, no centro de Secundaria.
4. O Centro de secundaria cubre na Aplicación Informática Nerta os datos da matrícula e o pago das Taxas e envía ao LERD o listado que xera Nerta coa relación de alumnos e pago de taxas (antes do 19 de xuño).

Enlace

PROCESO MATRÍCULA PARA ABAU 2020 PARA ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR


PROCESO MATRÍCULA para ABAU 2020 para alumnado de FP GRAO SUPERIOR
Prazo: Do 1 ao 17 de xuño
1. O Centro grava as cualificacións do alumnado na Aplicación Informática Nerta
2. O Centro asinará o certificado de que o/a alumno/a abonou os dereitos de expedición do título ou de que ten superados todos os módulos para poder presentarse á Parte Voluntaria das ABAU.
3. O/A alumno/a imprime o documento de Taxas e fai o pago no Banco.
4. O/A o alumnado cubre o impreso de matrícula coa indicación das materias da parte voluntaria das que se desexa examinar.
O alumnado deberá enviar por correo electrónico ao LERD correspondente (Anexo I da Convocatoria) dentro do prazo de matrícula a seguinte documentación:
  • a) Impreso de Matrícula cos seus datos e indicación das materias das que desexa examinarse na Parte Voluntaria
  • b) Certificado indicado no apartado 2.
  • c) Xustificante de ter pagadas as Taxas no Banco.

O alumnado recibirá no seu correo electrónico un “Código de Acceso” necesario para poder realizar na aplicación informática NERTA as solicitudes de revisión e a solicitude de preinscrición en titulacións con límite de prazas do SUG.

Enlace

VIDEO DAS XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA VIRTUAL DA UVIGO

Deixovos aquí o enlace ao video das xornadas de orientación virtual que se celebrou o día 13 de maio na universidade de Vigo. 
Sería interesante velo si sodes  alumnado que ten intención de facer as ABAU este curso e matricularse na universidade. Explicación de novedade das ABAU, preinscripción e matricula na universidade e novedades sobre titulacións. 

https://tv.uvigo.es/video/5ec561fab547e929d20c15d2

martes, 19 de maio de 2020

QUE QUERO ESTUDAR?

Na Guía de Estudos Superiores que A Voz de Galicia regalou, están todos os ensinos que se poden cursar en Galicia ao terminar o bacharelato: as carreiras universitarias, os ciclos de FP, as titulacións artísticas e as de deseño e artes plásticas
Pensada para alumnado e as súas familias desde terceiro da ESO, e especialmente o bacharelato, agora se presenta con toda as actualizacións (notas de corte, novos grados, ponderacións...) e moitos extras. 
Unha vez que sabemos como vai acabar o curso, cando e como será a ABAU, é o momento de pensar no próximo setembro.

Tamén podes accede a esta guía a través deste buscador https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/

https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/
 

luns, 18 de maio de 2020

NOVOS GRAOS NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

A Universidade da Coruña para o vindeiro curso 2020/2021 ten tres novas propostas de Graos, e que consideramos que poden resultar moi atractivas: 
  • Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía, que se impartirá na Facultade de Ciencias-Campus A Coruña.
  • Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, que e impartirá na Facultade de Economía e Empresa-Campus A Coruña. 
  • Grao Aberto en Enxeñaría Industrial, que se impartirá na EU Politécnica-Campus Ferrol. 
A outra novidade para o curso 2020/2021 é que o Grao en Turismo non terá custos adicionais, pasando a ser o importe da matrícula o establecido de xeito xeral para as titulacións da súa rama de coñecemento, e impartirase nas instalacións da Facultade de Filoloxía-Campus A Coruña.