martes, 18 de xuño de 2019

UBUNTU


DESPEDIDA DO EQUIPO DE MEDIACIÓN

A semana pasada celebramos a despedida do equipo de mediación. Traballo realizado e ben feito. 
Este curso gradúanse Sabe e Ana, dúas alumnas de 2º bacharelato e deixannos. Tamén despedimos a Nico, un alumno de 4º ESO, que buscará novos camiños. Os profes Saraya e Lucas que estiveron este curso no noso instituto tamén cambian.
As actividades do equipo de mediación forman parte da mellora da convivencia. Grazas a todos e a todas pola vosa colaboración nas múltiples actividades organizadas.
Moita sorte a todos, e en especial a Soraya e a Lucas. Conseguirédelo!


VISITA A AQUAPARK - CERCEDA

Onte o alumnado de 1º ESO do noso instituto estivo disfrutando dun premio acadado no programa AULA SEN FUME en Cerceda, no aquapark. Acompañados por dúas profesoras pasárono moi ben. Disfrutaron plenamente en compañía do seu grupo.

mércores, 12 de xuño de 2019

SORTE

MOITAS SORTE PARA O ALUMNADO DO NOSO INSTITUTO QUE COMEZA HOXE AS PROBAS DE ACCESO A UNIVERSIDADE - ABAU

SORTE, SORTE, MOITA SORTE


martes, 4 de xuño de 2019

FP DUAL


 FP dual

IES A GUÍA- FP DUAL

Solicita información ao orientador do centro

domingo, 2 de xuño de 2019

CHARLA ESCOLA DE FAMILIAS - RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

Este mércores día 5 de xuño, teremos o que é a ultima xuntanza de ESCOLA DE FAMILIA 2019, o tema que se tratará será a RESOLUCIÓN DE CONFLITOS organizada polo departamento de orientación do IES A GUÍA coa colaboración do concello de Vigo e a asociación Érguete.
Anímate e ven, será interesante.
Cando remate a charla poremos o video das actividades organizadas neste curso 2018/2019, donde os vosos fillos/as participaron activamente: cinensino, 25 novembro, o magosto, HHSS, planetario no  instituto, UNITOUR 2018, día da discapacidade, festival de nadal, día da paz (APERTAS DE BALDE), concurso CLASES SEN FUME, contos pola paz, actividades no laboratorio de CN, síndrome de Asperger, día de Rosalía, concurso de regueifas, visitando a USC e o CUVI, torneo de xadrez, 2º encontro de mediadores, día da muller traballadora, día da ciencia, entroido, IMA+XINA, visita ao museo do mar, semana de orientación académica, taboas das científicas, BOOM!, convivencia mediadores, excursión da ESO (Marsella), mediadores-xardineiros, día das letras galegas, creación do grupo LGTBI, visitando a Madroa, non ao tabaco,... e algunha máis. 
Esperámosvos!

APRENDER ESPAÑOL

https://videoele.com/