venres, 28 de febreiro de 2020

CURTA: XOGAR COMA UNHA NENA

 
O próximo xoves no recreo, ás 11:30 h, teremos a estrea da curta: XOGAR COMA UNHA NENA, protagonizada polo alumnado mediador do centro e algunhas "nenas alumnas" deportistas e "nenas profes" do noso instituto. 
Esperámosvos alí, no salón de actos ás 11:30 h.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2020

 Resultado de imagen de AXUDAS Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. 
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina webhttp://www.edu.xunta.es/axudasle.

OBRADOIRO DE HIXIENE

Última sesión no IES A GUÍA dunha semana  adicada á saúde comunitaria dentro do  proxecto de prevención Xunta de Galicia. Traballaron co alumnado de 1º ESO e 2º ESO. 
Grazas  as enfermeiras comunitarias residentes pola súa colaboración e ao plan comunitario de Teis pola súa implicación.

mércores, 26 de febreiro de 2020

ABAU 2020

A CIUG fixo este video para explicar as características das probas, datas e horarios, prohibicións, … Si tes pensado presentarte as ABAU sería interesante que o mirades un par de veces. 

Instruccións para o alumnado

SEMANA DA ORIENTACIÓN

A semana pasada celebrouse a SEMANA DA ORIENTACIÓN no IES A GUÍA. Tivemos diferentes charlas informativas para a maioría do alumnado do noso centro: Información sobre a formación profesional, a FP DUAL a cargo de Irene (profesora do centro), o mundo das oposicións que explicou Javier director dunha academia, acceso a universidade para o alumnado de FP e para os que veñen de 2º de bacharelato, as ABAU e os graos universitarios que nos veu a explicar Ricardo, profesor a universidade de Vigo, as familias profesionais de FP que temos no instituto, que nos explicaron Mónica e Manuel, xefes dos diferentes departamentos, o grao de comercio, para elo contamos con Emilio, profesor desa facultade, o grao de ADE en IESIDE, orientación académica para os que finalizan as diferentes etapas. 
Para rematar a semana estiveron con nós antiguos alumnos e alumnas que están xa na universidade, que nos explicaron a súa experiencia no mundo universitario, os problemas cos que se atoparón, consellos, ... Un pracer recibir a este alumnado (Amparo, Lucia, David, Angel e Fran). Grazas. 
Foi o noso segundo ano e pensamos que os obxetivos están conseguidos. 


sábado, 22 de febreiro de 2020

martes, 18 de febreiro de 2020

ABAU 2020


DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER


A síndrome de Asperger que afecta a interacción social recíproca, a comunicación verbal e non verbal, unha resistencia para aceptar o cambio, inflexibilidade do pensamento así como posuír campos de interese estreitos e absorbentes.

 Hoxe, dia 18 de febreiro, o grupo de mediadores en colaboración co departemnto de orientación participou na elaboración dun mural sobre a síndrome de Asperger que puxemos na entrada do instituto, e durante o recreo estiveron repartindo pulseiras e marcapáxinas sobre a síndrome.
Grazas pola vosa colaboración.


A MULLER NO DEPORTE


sábado, 15 de febreiro de 2020

A ESMORGA - IGNACIO VILAR


Onte, no IES A GUÍA, tivemos a gran sorte de contar coa presenza de Ignacio Vilar, director da gran película galega “A ESMORGA”.
Veu a falar ao alumnado de 4º ESO, 1º BACH e 2º FPB da súa obras. O alumnado habendo lido a novela e visto a película, desfrutou das aventuras que lles contou e da posibilidade de facerlle preguntas. Como se rodou, como se fai unha película, anécdotas de gravación, coma é o proceso de selección dos actores e actrices, ... 
 A Esmorga é unha película galega dirixida por Ignacio Vilar, adaptación da novela homónima de Eduardo Blanco Amor, e protagonizado por Miguel de Lira como Cibrán, Karra Elejalde como Bocas e Antonio Durán "Morris" como Milhomes. A historia está ambientada na cidade de Ourense, lugar onde rodouse e onde acontece a noite de festa dos tres personaxes principais .
Para rematar falounos da súa nova película “MARIA SOLINHA”, rodada na península do Morrazo e para a que lle desexamos moita sorte. 
Grazas Ignacio pola lección de historia, xeografía, lingua, feminismo, ... de cultura galega, que lle impartiches ao noso alumnado.

mércores, 12 de febreiro de 2020

XORNADA DE ACOLLIDA EP 2020

Onte, martes 11 de febreiro de 2020, estivemos de acollida. O alumnado de 6º EP dos centros públicos CEIP EDUARDO PONDAL e  CEP SANTA TEGRA visitaron o noso centro por primeira vez. Tivemos a charla de rigor, donde explicamos algo da etapa educativa que comenzarán o próximo curso, a ESO e as normas do centro.
Contamos coa colaboración de tres alumnos/as de 1º ESO para dar unha explicación das instalacións do centro e respostar as preguntas do novo alumnado. Visitamos a aula de 1º ESO, a aula de música, de plástica, de francés. Subimos a ver os laboratorios, e alí o profe de fisica e química fixo varios experimentos que deixáronos coa boca aberta. 
Despois de pasar o recreo comendo o bocadillo de tortilla, estiveron facendo un circuito en educación física co alumnado de 1º ESO contanto coa colaboración de monitores de 2º ESO e do profe de educación física.
Xa pola tarde tivemos a reunión con moitos pais/nais destes alumnos/as para explicarlle un poco ""como é o noso centro".
Unha primeira toma de contacto co centro de aprobado. 


martes, 11 de febreiro de 2020

FERMINA ALONSO LAMBERTI


Fermina naceu a finais de s.XX e a data do seu pasamento foi o 25 de abril de 1980. 
Fermina é coñecida por ser a viuva do industria conserveiro José R. Curbera Fernández e polo nome da rúa da Guía adicada a ela. Pero, ¿Quen foi Fermina? Neta de Leopoldo Lamberti Poglio e filla de Rodofo Alonso Santodomingo, foi descendente por ambas liñas de sagas da conserva, para logo casar cun personaxe moi relevante para Vigo, Jose R. Curbera, descendente de fomentadores cataláns dende que chegan procedentes de Arenys de Mar no ano 1787. 
José Curbera como empresario representativo da súa época mantívose afastado de calquera posición esquerdista e contrario a calquera iniciativa corporativista, o que lle conduciu a fortes enfrontamentos coa ditadura de Primo de Rivera. Mantivo as distancias cos sublevados do 18 de xullo de 1936 que foron crecendo pola súa oposición á feroz represión dos primeiros momentos do conflito. Neles viuse afectado o seu fillo maior, José Curbera Alonso, alférez de complemento ó que se refire o coñecido libro de Hernán Quijano sobre o " terror branco" en Galicia, negouse a dar a orde de disparar ó piquete de execución que puxeran ó seu cargo. O valor do alférez Curbera non aparece diminuído noutras versións do mesmo incidente, nas cales José Curbera (que adquirir ese grao coa esperanza de evitar a fronte) sería posto a cargo, primeiro do Frontón e pronto do fortín do Castro, lugares onde se atopaban confinados diversos republicanos locais. Como era común naqueles días na cidade olívica, grupos de falanxistas procedían a sacar dos seus improvisados cárceres a aqueles detidos para darlles o coñecido "paseo'. Segundo varias fontes, estando o alférez Curbera ao mando do fortín do Castro presentouse alí un grupo de falanxistas que pedirían levar a varios dos detidos, ó que o alférez se negou. Tamaña temeridade acabaría só cos insultos do capitán Carreró, co arresto subseguinte e co envío ó fronte, grazas as influencias que aínda conservaba unha familia da importancia dos Curbera (CARMONA 201,1, pág.38-39). 
Jose R. Curbera finou en 1937 dun ataque o corazón ó enterarse da morte de varios colaboradores da súa empresa. Fermina Alonso Lamberti, a viúva, unha muller de carácter, recorrerá nos primeiros momentos nos que os seus fillos estaban na fronte, ao seu xenro, Javier Sensat Curbera, sobriño do seu defunto marido no que delegará a representación da empresa, e no 1940 xa aparece como Presidenta do Consello de Administración de Hijos de R. Curbera S L, durante moitos anos ata a súa morte, exercendo de verdadeira matriarca do seu clan. 
En 1968, doa ó Concello de Vigo 13.217 metros cadrados da chamada dehesa da Guia que foron incorporados o parque municipal de Vigo. Por este feito concédenlle a Medalla de ouro o 19 de maio de 1973 entregada polo Alcalde Antonio Ramilo no seu domicilio de Villa Mirasol de ahí adícase o seu nome da mesma avenida na cidade. Ó xulgar por testemuños gráficos sitos no museo ANFACO, Fermina tivo un papel fundamental máis aló do seu rol de esposa, tanto que a antiga Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia nomeouna vogal honoraria en 1929 polo apoio exercido ó labores do seu esposo como Presidente da Unión, feito inédito no devir asociativo. Con motivo do seu 80 aniversario, a antiga Unión volveu homenaxeala a través dun poema.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

ARTIGO

luns, 10 de febreiro de 2020

APERTAS DE BALDE 2020

https://drive.google.com/open?id=1eOqvIzQSHkAxp6mv8G_hRAxr4aUDmm94

IES A GUÍA



DIPTICO IES A GUÍA

REVISTA: @GUIA.NOS

https://drive.google.com/open?id=16iWJYc6UJolQirxmXECwXYmqewOUqRtn
Hoxe navegando pola nosa páxina web atopei unha revista que se facia, nada máis ni nada menos, que 16 anos, en febreiro de 2004, o equipo de normalización lingüística do instituto A GUÍA editaba unha revista @GUIA.NOS.
Deixovos un enlace para que a vexades. 

domingo, 9 de febreiro de 2020

LILI



Este corto representa la transición que debe enfrentar un niño cuando llega a su adolescencia.
De un momento a otro, Lili debe enfrentar algo aterrador: dejar atrás su infancia. No será fácil, pero con el tiempo descubre la mejor manera de hacerlo. 
Escrito por: Camila Londoño 

Esta historia protagonizada por Lili es una representación de lo que significa crecer, una alegoría sobre la transición que enfrenta un niño cuando llega a la adolescencia y se da cuenta de que las cosas han cambiado, tal vez más de lo que quisiera. 
Desde el techo de su casa, Lili se niega a que su niñez termine… ella pelea y pelea contra una tormenta de arena que intenta arrebatarle su infancia, pero no tiene éxito en su misión. La tormenta se la lleva, pero la situación tiene un giro inesperado… En el corazón de la tormenta ella se reencuentra con las mejores cosas de su niñez. Su imaginación vuelve a cobrar vida en un espacio donde sus juguetes y peluches son de nuevo los protagonistas. Pero la fantasía no dura mucho y Lili se da en cuenta de que en realidad llegó la hora de dar un nuevo paso.
El corto es melancólico, pero también es extraordinario para abrir una reflexión con jóvenes que estén enfrentando una etapa similar. 

mércores, 5 de febreiro de 2020

PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2020


Probas de acceso a ciclos 2020
Exames convocatorias anteriores

SAÚDE NA ESCOLA

Hoxe, coa colaboración do plan comunitario de Teis comezamos cos obradoiros de "saúde na escola" dentro do proxecto de prevención de drogodependencias e e condutas adictivas no noso instituto para o alumnado de 1º ESO  coas médicas internas residentes Sara, María e a enfermeira  María.
Como di Xeno, todo un pracer facer barrio desde a saúde.

VISITANDO SANTIAGO

O martes día 4 de febreiro, o alumnado de 1º bacharelato do instituto, xunto co alumnado de 1º FPB acompañados polos seus titores/as e o orientador, visitamos Santiago de Compostela, uns para participar no programa universitario A PONTE e outros para coñecer un pouco mais Santiago, visitando a universidade, o museo do pobo galego, a cidade da cultura, ... e perdéndonos pola rúas da cidade.
Un día para repetir.


USC

Fuente: Convivencia e orientación en Perillo

sábado, 1 de febreiro de 2020

200 ANOS DE CONCEPCIÓN ARENAL

Cúmprense dous séculos do seu nacemento en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e esta soterrada no cemiterio de Pereiró, en Vigo.
Hai agora 200 anos nacía en Ferrol Concepción Arenal. Xurista, escritora, muller de ciencia e pioneira do feminismo, tivo que estudar a súa carreira disfrazada de home.
Aquí lembramos a figura desta galega universal

APERTAS DE BALDE 2020


ADMISIÓN E MATRICULA PARA O CURSO 2020-2021


O día 1 de febreiro comeza o procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2020- 2021. 


CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN
Reserva de praza para o centro ao que se estea adscrito
Do 1 ao 17 de febreiro
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate
Última semana de febreiro
Publicación de postos escolares vacantes
Antes do 1 de marzo
Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión (alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito)
Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo
10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas
Antes do 25 de abril
Reclamacións (realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados)
Prazo máximo de 5 días hábiles a partir do día seguite á súa publicación
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas
Antes do 15 de maio
Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria
Do 20 ó 30 de xuño
Formalización da matrícula en ESO e bacharelato
Do 25 de xuño  ó 10 de xullo
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato
Do 1 ó 10 de setembro