mércores, 12 de febreiro de 2020

XORNADA DE ACOLLIDA EP 2020

Onte, martes 11 de febreiro de 2020, estivemos de acollida. O alumnado de 6º EP dos centros públicos CEIP EDUARDO PONDAL e  CEP SANTA TEGRA visitaron o noso centro por primeira vez. Tivemos a charla de rigor, donde explicamos algo da etapa educativa que comenzarán o próximo curso, a ESO e as normas do centro.
Contamos coa colaboración de tres alumnos/as de 1º ESO para dar unha explicación das instalacións do centro e respostar as preguntas do novo alumnado. Visitamos a aula de 1º ESO, a aula de música, de plástica, de francés. Subimos a ver os laboratorios, e alí o profe de fisica e química fixo varios experimentos que deixáronos coa boca aberta. 
Despois de pasar o recreo comendo o bocadillo de tortilla, estiveron facendo un circuito en educación física co alumnado de 1º ESO contanto coa colaboración de monitores de 2º ESO e do profe de educación física.
Xa pola tarde tivemos a reunión con moitos pais/nais destes alumnos/as para explicarlle un poco ""como é o noso centro".
Unha primeira toma de contacto co centro de aprobado. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario