Onte, no IES A GUÍA, tivemos a gran sorte de contar coa presenza de Ignacio Vilar, director da gran película galega “A ESMORGA”.
Veu a falar ao alumnado de 4º ESO, 1º BACH e 2º FPB da súa obras. O alumnado habendo lido a novela e visto a película, desfrutou das aventuras que lles contou e da posibilidade de facerlle preguntas. Como se rodou, como se fai unha película, anécdotas de gravación, coma é o proceso de selección dos actores e actrices, ...
A Esmorga é unha película galega dirixida por Ignacio Vilar, adaptación
da novela homónima de Eduardo Blanco Amor, e protagonizado por Miguel de
Lira como Cibrán, Karra Elejalde como Bocas e Antonio Durán "Morris"
como Milhomes. A historia está ambientada na cidade de Ourense, lugar
onde rodouse e onde acontece a noite de festa dos tres personaxes
principais .
Para rematar falounos da súa nova película “MARIA SOLINHA”, rodada na península do Morrazo e para a que lle desexamos moita sorte.
Grazas Ignacio pola lección de historia, xeografía, lingua, feminismo, ... de cultura galega, que lle impartiches ao noso alumnado.










Ningún comentario:
Publicar un comentario