martes, 30 de xaneiro de 2018
sábado, 27 de xaneiro de 2018
CANCIÓN DA PAZ TRABALLADA EN FRANCÉS: On Ecrit Sur Les Murs
ESCRIBIMOS EN LAS PAREDES
On écrit sur les murs
le nom de ceux qu'on aime
Escribimos en las
paredes, los nombres de aquellos que amamos
Des messages pour les
jours à venir
Mensanjes por los
dias próximos
On écrit sur les murs
à l 'encre de nos veines
Escribimos en los
paredes con la tinta de nuestras venas
On dessine tout ce
que l'on voudrait dire
Se basa todo lo que a
uno le gustaría decir
Partout autour de
nous,
En todas partes,
alrededor de nosotros
Y'a des signes
d'espoir dans les regards
Y hay signos de
esperanza en las miradas
Donnons leurs écrits
car dans la nuit
van de su escrito
durante la noche
Tout s'efface même
leur trace
Todo incluso borrar
sus pistas
On écrit sur les murs
le nom de ceux qu'on aime
Escribimos en las
paredes, los nombres de aquellos que amamos
Des messages pour les
jours à venir
Mensanjes por los
dias próximos
On écrit sur les murs
à l 'encre de nos veines
Escribimos en los
paredes con la tinta de nuestras venas
On dessine tout ce
que l'on voudrait dire
Se basa todo lo que a
uno le gustaría decir
On écrit sur les murs
la force de nos rêves
Escribimos en los paredes,
la fuerza de nuestros sueños
Nos espoirs en forme
de graffiti
Nuestras esperanzas
en forma de graffitis
On écrit sur les murs
pour que l'amour se lève
Escribimos en las
paredes porque el amor se levanta
Un beau jour sur le
monde endormi
Un dia bonita en el
mundo durmiente
Des mots seulement
gravés pour ne pas oublier pour tout changer
Las palabras
solamente grabadas para recordar a cambiar todo
xoves, 25 de xaneiro de 2018
martes, 23 de xaneiro de 2018
PROBAS LIBRE TITULO BACHARELATO
Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores
de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.
Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para á súa realización.
Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para á súa realización.
- O prazo de presentación das solicitudes será entre o 23 de febreiro e o 9 de marzo de 2018.
- A proba realizarase o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
PROBAS LIBRES PARA OBTER O TITULO DA ESO
Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación
secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias
de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización 201.
– Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.
Mais información
Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se
convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación
secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias
de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.
- Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.
Mais información
domingo, 21 de xaneiro de 2018
sábado, 20 de xaneiro de 2018
MARIA VICTORIA MORENO - LETRAS GALEGAS 2018
María Victoria Moreno, mestra e escritora, naceu en Estremadura. En Madrid licenciouse en Filoloxía Románica. No ano 1963 chegou a Pontevedra e quedou namorada para sempre da suavidade do clima e da beleza da cidade. Despois dunha estadía en Lugo e Vilalonga (Sanxenxo) volve a Pontevedra, onde foi profesora nos institutos Valle-Inclán e Torrente Ballester, desde os anos 80 ata a súa xubilación.
María Victoria era xenerosa e decidida, valorosa ante a vida, o amor e a morte. Malia ter pasado por momentos moi duros, apostaba pola esperanza. Gustáballe pasear amodo, cociñar, a música, os cans e as flores. Amaba "a beleza da paisaxe, da vida, das persoas e das palabras".
Maria Victoria Moreno
martes, 16 de xaneiro de 2018
PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS - KTORCE18
Hoxe tivemos no noso instituto un obradoiro sobre condutas infractoras, para o alumnado de 3º ESO e 1º FPB en colaboración con Ktorce-18, en relación coa Lei do Menor (reguladora da responsabilidade penal dos menores).
Ktorce-18 é un programa que a Fundación Barrié realiza conxuntamente coa Asociación Arela, no marco de educaBarrié. O obxectivo deste programa é achegar a Lei do Menor, reguladora da responsabilidade penal das persoas menores de idade, a institutos de toda Galicia. O programa ofrece charlas divulgativas para os alumnos de entre 2º e 4º ESO, co obxectivo de previr as condutas infractoras máis comúns nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais ou o maltrato familiar.
venres, 12 de xaneiro de 2018
MOTIVACIÓN POLO ESTUDO
Un pequeno neno en China gañouse o corazón de todo o mundo despois de que se fixese viral o seu compromiso por acudir a clases, pois non lle importou camiñar a temperaturas baixo cero para chegar á súa escola, o que provocou que o seu cabelo literalmente conxelásese.
Wang Fuman, de 8 anos de idade e quen vive en Shaotong, un pequeno pobo ao sur da provincia de Yunnan, foi fotografado no momento en que acababa de entrar á aula, co cabelo e as cellas cubertos de xeo, xa que camiña 4.5 quilómetros ao día para poder chegar á escola.
Ese día, as temperaturas descenderon a máis da metade en menos dunha hora, o tempo que o pequeno fai de viaxe cada día, alcanzando ata os 9 grados centígrados baixo cero, provocando que o seu cabelo conxelásese.
A historia detrás de Wang tamén é triste, pois o seu pai é un migrante que traballa noutra cidade e non o viu en meses, mentres que a súa nai abandonounos. Vive nunha casa de barro xunto á súa irmá maior e a súa avóa.
O director da escola primaria Zhuanshanbao, chamado Fu, é quen tomou e compartiu a fotografía e comentou que o pequeno é un dos estudantes máis dedicados que teñen no colexio, especialmente bo en matemáticas e que o día que chegou conxelado iniciaba o periodo de exames.
Tamén se compartiu unha fotografía das mans de Wang, as cales aprécianse conxeladas e ásperas. O neno menciona que traballa axudando á súa avóa na súa granja, motivo polo cal as súas mans están nesa condición.
Malia o seu estilo de vida, os seus mestres comentan que o pequeno sempre está cun enorme sorriso e gústalle facer xestos para facer rir aos seus compañeiros.
xoves, 11 de xaneiro de 2018
ACREDITACIÓN DE COMPETICIAS. CONVOCATORIA 2018
A
Consellería de Educación publicou a orde do 29
de decembro de 2017, pola que se convoca o proceso de acreditación
de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na
Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do
Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias
profesionais.
SOLICITUDES:
- Prazo: do 10 de xaneiro ó 2 de febreiro de 2018.
- A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion.
- A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.
CHARLA SOBRE ALEPO (SIRIA)
Hoxe pola mañá estivo no centro Ana, a traballadora social da asociación PROVIVIENDA para explicarnos, ó alumnado de 4º ESO e ó profesorado, como é o proceso de acollida dunha familia solicitante de asilo. Explicounos un pouco a problemática dunha zona concreta de Siria, como é ALEPO; como era antes da guerra que están a sufrir, de que vivian, con que recursos contaban, ... e como é a situación actual. Para rematar o alumnado preguntou todo o que quixo sobre o tema.
Grazas Ana pola colaboración.
Este curso imos ter unha experiencia distinta, enriquecedora, ... A escolarización no noso instituto de alumnado procedente de Siria, país en guerra.
luns, 8 de xaneiro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















