Como di a miña compañeira Mónica, terminada a matrícula da ABAU en Galicia hoxe fanse oficiais as ponderacións ao publicarse no DOG.
mércores, 31 de maio de 2017
martes, 30 de maio de 2017
TODO COMEZA CUN OLA
"Todo comeza cun ola", un anuncio de Movistar para concienciar aos mozos do fácil que é suplantar unha identidade hoxe en día e de que non hai que aceptar a calquera que che invite unha solicitude de amizade nas redes sociais.
Un vídeo que penso poñer aos meus alumnos e alumnad de 1º e 2º ESO
domingo, 28 de maio de 2017
10 RAZÓN PARA NON PRACTICAR SEXTING
Practicar sexting ou sextear é unha práctica moi estendida entre os xoves
consistente no envío de imaxes íntimas de sí mesmo/a de forma voluntaria a
través de internet. Esta práctica, leva en moitas ocasións aos que a practican
a verse inmersos nunha situación non desexada: difusión da imaxe, vídeo... a
persoas ás que ti non llas enviaches; chantaxe por parte das persoa/s que
reciben a imaxe para que as sigas enviando (o que se denomina sextorsión);
situacións de violencia de xénero...
martes, 23 de maio de 2017
ACCESO A UNIVERSIDADE DESDE FP OU DESDE BACHARELATO
Aquí subimos uns videos do SIOPE da universidade de Vigo para que refresquedes información.
Os obxectivos prioritarios do SIOPE son: Ofrecerlles a todo o alumnado e persoas con titulación universitaria, así como a futuros universitarios e universitarias unha información clara e completa sobre todo o concernente á vida universitaria. Atender o alumnado que o requira nas áreas de orientación educativa, académica e sicopedagóxica. Promover o voluntariado e a integración na comunidade universitaria.
sábado, 20 de maio de 2017
xoves, 18 de maio de 2017
mércores, 17 de maio de 2017
PROBAS CICLO MEDIO
MÉRCORES DÍA 31 DE MAIO
IES de TEIS (VIGO)
Horario das probas
Presentación:
-
Ás 9:00 horas.
Parte
matemática e parte sociolingüística da proba:
-
Das 10:00 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias
sociais).
Parte
científico técnica da proba:
-
Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía.
luns, 15 de maio de 2017
sábado, 13 de maio de 2017
RECLAMACIÓNS CUALIFICACIÓNS DE 2º BACHARELATO CURSO 2016 - 2017
Publicouse a Circular nº 2/2017 pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato para o curso 2016/2017:
Prazos de reclamación no centro:
- Convocatoria ordinaria: 23 e 24 de maio de 2017 (ata as 14:00 horas).
- Convocatoria extraordinaria: 5 e 6 de setembro de 2017 (ata as 14:00 horas).
- Convocatoria ordinaria: antes das 14 horas do día 29 de maio de 2017.
- Convocatoria extraordinaria: antes das 18 horas do día 7 de setembro de 2017.
ALUMNADO AXUDANTE 2017
Neste curso 2016/2017 estivemos formando o novo alumnado axudante, alumnado cunhas características especiais que nos axudara a mellorar a convivencia no centro. Unha formación que os vai axudar nas súas funcións con miras a chegar a ser mediadores.
- Axuda aos seus compañeiros cando alguén lles molesta ou necesitan que os escoiten. Non lles aconsella, senón que lles escoita.
- Lidera actividades de grupo no recreo ou en clase.
- Pode axudar a outro compañeiro cando teña algunha dificultade cun profesor, mediando para a resolución do conflito.
- Pode axudar a outros compañeiros na organización de grupos de apoio en tarefas académicas, ou como alumnado axudante nalgunha materia que se lle dea ben.
- Axuda a alumnos que estean tristes ou decaídos por algún problema persoal e que necesiten que alguén lles escoite ou lles preste un pouco de atención.
- Acolle aos recentemente chegados ao centro e actúa como acompañante.
- Facilita unha mellora da convivencia no grupo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



























