domingo, 24 de xuño de 2018
ENSINANZAS DEPORTIVAS CURSO 2018/2019
PRAZO: Do 19 de xuño ó 10 de xullo de 2018.
RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de
acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2018/19.
Fonte: Mónica Diz Orienta
OFERTA DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O CURSO 2018/2019
CICLOS DE FP BÁSICOS, MEDIOS E SUPERIORES, réxime ORDINARIO:
CICLOS DE FP MEDIOS E SUPERIORES, réxime ADULTOS PRESENCIAL (oferta parcial por módulos):
CICLOS DE FP MEDIOS E SUPERIORES, réxime ADULTOS A DISTANCIA (oferta parcial por módulos):
CICLOS DE FP MEDIOS E SUPERIORES, réxime DUAL:
OFERTA DE MÓDULOS DOS PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS (FP Básica para alumnado con Necesidades Educativas Especiais):
domingo, 17 de xuño de 2018
sábado, 16 de xuño de 2018
martes, 12 de xuño de 2018
SORTE NAS ABAU
Queremos desexar moita sorte ao noso alumnado de 2º de bacharelato
que está a punto de presentarse as ABAU.
Confiamos en vós, ten que saír ben. MOITA SORTE.
PREMIOS DOS LOGOTIPOS DE MEDIACIÓN
O venres tivo lugar a entrega de premios ao alumnado que participou no concurso de logotipo de mediación que contou coa colaboración do alumnado mediador. A todos os participantes asistentes se lle entregou un agasallo consistente nunha chapa co logo do instituto e aos gañadores os seus premios:
1º clasificado: Angel de 1º Bach, un cheque de 25 E e unha chapa
2º clasificado: Álvaro de 1º Bach, unha consumición e unha chapa
3º clasificado: Judith de 1º ESO, nada por non asistir.
domingo, 10 de xuño de 2018
sábado, 9 de xuño de 2018
CALENDARIO CURSO 2018/2019
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no DOG o calendario escolar para o vindeiro curso 2018/19, para os centros sostidos con fondos públicos, polo que se fixan os períodos lectivos e vacacións correspondentes.
Deste xeito, para o alumnado matriculado en 2º ciclo de infantil, en primaria e en educación especial as clases comezarán o día 12 de setembro de 2018 e rematarán o 21 de xuño de 2019; mentres que para os matriculados en ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de réxime especial o día de inicio de curso será o 17 de setembro, que se alargará ata o 21 de xuño de 2019.
Así mesmo establécense como períodos vacacionais Nadal, desde o 22 de decembro de 2018 ata o 7 de xaneiro de 2019 ambos inclusive; Entroido, os días 4, 5 e 6 marzo de 2019 e Semana Santa desde o 13 ata o 22 de abril de 2019. Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma así como o Día do Ensino, que se celebrará o 7 de decembro.
Adaptación do calendario das probas extraordinarias de Bacharelato á ABAU
O calendario escolar para o vindeiro curso tamén recolle a adaptación das datas das probas extraordinarias de 2º de Bacharelato ás previstas para a realización da proba de acceso á universidade (ABAU).
Polo tanto, as probas extraordinarias de 2º de Bacharelato realizaranse entre o 17 e o 21 de xuño de 2019.
Deste xeito acomódanse perfectamente os calendarios do ensino non universitario e universitario logo do acordo da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) e as tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) de adiantar ao mes de xullo a realización da proba extraordinaria de acceso á universidade (ABAU), que ata o momento se vén realizando en setembro.
CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES 2018/2019
Convócanse prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no próximo curso académico 2018/2019.
venres, 8 de xuño de 2018
mércores, 6 de xuño de 2018
PROCESO ADMISIÓN UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS
O proceso de admisión á universidade é o proceso que tes que realizar para acceder a uns estudos universitarios.
Si cumpres cos requisitos de acceso á universidade, podes realizar a admisión, coa finalidade de conseguir a praza universitaria nos estudos e centro desexado.
Este proceso realízase normalmente entre os meses de xuño e xullo, aínda que pode haber cambios en función da Comunidade Autónoma.
Para a admisión terás que reencher a solicitude de admisión na que poñerás, por orde de preferencia, que estudos queres cursar e en que centro desexas facelo.
Este proceso de admisión telo que realizar por Internet ou de forma presencial, dependendo da Comunidade Autónoma, e serve para solicitar o acceso ás universidades públicas. No caso de que queiras acceder a unha universidade privada, terás que poñerche en contacto con ela directamente para coñecer como se realiza a admisión.
A COMUNICACIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR - ESCOLA NAIS/PAIS
O martes pola tarde tivemos a última xuntanza de escola de pais/nais deste curso. O tema que se tratou foi a comunicación no ámbito familiar. A experta no tema Noa, foi quen de explicarnos a importancia desta comunicación.
Un dos desafíos que implica a vida en familia, é o traballo de manter unha boa comunicación entre todos os integrantes do grupo. A comunicación é o elemento que funda a relación entre as persoas, xa que logo, a nivel familiar é a base para manter a unión dentro do fogar. É no espazo familiar que os rapaces e rapazas aprenden a comunicarse con outros, de aí a importancia de ser un exemplo, especialmente na forma en como nos comunicamos.
A través da comunicación, lógranse satisfacer as nosas necesidades afectivas e materiais. O problema xérase cando non sabemos transmitir o que queremos e isto termina afectando a relación familiar.
O principal erro que cometemos, é pensar que os demais deben pensar e sentir como nós. Moitos conflitos familiares xéranse pola errónea idea de que os demais non están dispostos a satisfacer as nosas demandas. A pregunta é somos realmente claros? Si necesitamos algo doutro manifestámolo de forma clara e adecuada?
A clave é ser claros, esforzarnos en que tanto a nosa linguaxe verbal, como non verbal transmita o que queremos dicir. En moitas ocasións sinalamos non estar enfadados con xestos que dan conta pola contra. No caso dos nenos isto xera moita confusión e é un patrón que logo repetirán, por iso, é necesario que sexamos coidadosos cos xestos, o ton e as palabras que utilizamos. Aquilo que é claro para nós, non necesariamente o é para os outros.
Para manter unha comunicación adecuada na familia e tamén co exterior, debemos comprender que somos diferentes e, á base diso construír as nosas mensaxes. Debemos ter claro que gritos ou xestos que poden resultar violentos non lograsen satisfacer aquilo que desexamos, a base está no diálogo e o respecto.
Debemos facer sentir ao outro que nos importa o que nos di, cando non hai empatía e non se dá valor á mensaxe do outro, crébase a confianza e, produto disto dánase a comunicación. É fundamental que dentro da familia exista respecto polo que cada un di e sente, xa que, esta é o principal lugar de apoio e afecto para as persoas.
A convivencia é un traballo que necesita do esforzo de todos.
E xa para rematar estas xuntanzas; que mellor que uns pinchos.
Grazas pola vosa asistencia e esperamos seguir contando con vós.
venres, 1 de xuño de 2018
GRAOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO
ARTES Y HUMANIDADES
|
CCSS Y JURÍDICAS
|
CIENCIAS DE LA SALUD
|
CIENCIAS
|
INGENIERIAS Y ARQUITECTURA
|
|
U
D
C
C
O
R
U
Ñ
A
|
Humanidades ( Ferrol)
Información y documentación (Ferrol) Inglés: estudios lingüísticos y literarios |
Eléctrica (Ferrol)
Electrónica Industrial y Automática (Ferrol) Tecnologías Industriales (Ferrol) Informática |
|||
U
S
C
S
A
N
T
I
A
G
O
|
|||||
U
V
I
G
O
|
Fonte: Orienta Galicia
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















