sábado, 24 de marzo de 2018
venres, 16 de marzo de 2018
TALLER "ISTO NON É AMOR" MARINA MARROQUÍ
Continuamente, e case desde que nacemos, recibimos mensaxes sobre o amor que axudan a crear falsos mitos: que para ser felices temos que atopar a nosa media laranxa, que os celos son unha mostra de amor. Cando a realidade choca contra estes falsos mitos prodúcese unha frustración que provoca infelicidade e que, en casos extremos, pode derivar en violencia de xénero.
Mariña Marroquí, educadora social e presidenta da Asociación Ilicitana contra a Violencia de Xénero, conseguiu saír fai dez anos da espiral de terror da violencia de xénero na que estivo sumida desde os 15 ata os 19 anos.
Hoxe, venres 16 de marzo, estivo en Vigo impartindo un taller "ISO NON É AMOR" a estudantes da ESO no VERBUM.
Marroquí deu aos menores unha serie de ferramentas para detectar precozmente a violencia de xénero e para que desenvolvan unha mentalidade crítica fronte ao machismo. A educadora social advertiu de moitas cousas aos rapaces e rapazas, e regalou aos asistentes o "Termómetro da violencia", para que lles sirva de guía.
xoves, 15 de marzo de 2018
CURSO DE MEDIACIÓN ESCOLAR
Esta semana comezamos a formación en MEDIACIÓN ESCOLAR. Un grupiño de alumnos e alumnas de diferentes cursos da ESO e BACH, xunto co orientador do centro, iniciamos un camiño no traballo de MEDIACIÓN. Anteriormente fixemos o curso de ALUMNADO AXUDANTE, e resultou moi ben.
Para esta nova actividade de convivencia contamos coa colaboración de Bibiana de Alicce, que é a encargada de formarnos.
Para esta nova actividade de convivencia contamos coa colaboración de Bibiana de Alicce, que é a encargada de formarnos.
Os luns a mediodía quedamos a comer no instituto e logo continuamos ás 15:00 h coa formación ata as 16:30 h.
Días de formación: 12 e 19 de marzo, 23 de abril e 7 de maio 2018.
Días de formación: 12 e 19 de marzo, 23 de abril e 7 de maio 2018.
Esperamos que sexa de interese e que aprendamos moitos.
luns, 12 de marzo de 2018
venres, 9 de marzo de 2018
mércores, 7 de marzo de 2018
ESCOLA DE PAIS/NAIS
Hoxe tivemos a segunda xuntanza da ESCOLA DE PAIS/NAIS do IES A GUÍA. María foi a encargada de darnos hoxe un pouco de información sobre A FAMILIA COMO FACTOR PROTECTOR FRONTE ÁS DROGRAS. Aproveitando que o alumnado está traballando nas titorías a prevención de drogodependencia, organizamos este tema tamén para pais/nais. Estivo interesante e aprendemos algunhas cousas.
Doulle as grazas á relatora María e ás nais/pais que asistiron hoxe a reunión.
IGUALDADE NAS PROFESIÓNS
Hoxe, día 7 de marzo de 2018, no salón de actos do centro e co alumnado de 1º, 2º e 3º ESO tivemos unha charla moi interesante sobre a IGUALDADE NAS PROFESIÓNS. Para iso contamos coa colaboración dalgunhas mulleres que tiveron a xentileza de colaborar con nós: Margarita, Gloria, Isabel, Mª Carmen, Silvia, Loli e Vanessa; cada unha delas cunha profesión diferente: directora de recursos humanos, condutora autobuses, sindicalista, interventora, policia local, taxista e militar. Contáronos como foi a súa carreira profesional, a situación da muller nestes momentos na súa profesión, como foron os seus comezos laborais, dificultades que atoparon, ... unha charla da que aprendemos moitos e da que esperamos que lle saquedes partido.
O obxectivo era a de romper estereotipos no mundo laboral, e que deixemos de asociar as profesións a un xénero determinado. E como dicían elas "cada muller pode chegar a ser aquilo que se propoña".
Grazas a todas elas pola súa colaboración desinteresada e a todo o alumnado e profesorado polo intersese mostrado.
ACCESO A UNIVERSIDADE TENDO O TÍTULO DE TÉCNICO SUPERIOR (FP)
Onte no instituto tivemos no salón de actos a reunión de orientación académica para o alumnado de 2º de ciclos superiores (CS animación en actividades físicas e deportivas e CS comercio internacional) que ten como obxectivo acceder a universidade.
Os estudantes que posúan un título oficial de Técnico Superior de Formación Profesional, de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior, ou con títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados no Sistema Educativo Español, poderán acceder á Universidade.
As solicitudes ordenaranse segundo a nota media do Título de Técnico Superior realizado, sobre un máximo de 10. Tendo en conta que a nota de acceso á Universidade pode ser de 14 puntos, os que desexen mellorar a súa nota de admisión aos estudos de grado, poderán facelo concorrendo á parte voluntaria da ABAU. Esta proba é voluntaria, e o estudante pode presentarse ata un máximo de catro materias de entre as de modalidade do segundo curso de bacharelato, podendo obter ata 4 puntos. A cualificación das materias desta proba terá validez durante os dous cursos académicos seguintes á superación das mesmas.

venres, 2 de marzo de 2018
CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN 2018
DESCRICIÓN:
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca ata 1.560 axudas para participar no Programa Campus Científicos de Verán para alumnos de 4º ESO ou 1º BACH, na especialidade de Ciencias e Tecnoloxía.
DATAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Primeira quenda: Para estudantes de 1º BACH. Do 1 ao 7 de xullo.
Desenvolveranse en laboratorios e departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional de universidades:
Universidade Autónoma de Madrid, Universidade de Castilla-A Mancha, Universidade de Granada, Universidade de Estremadura, Universidade das Palmas de Gran Canaria, Universidade de Murcia/Universidade Politécnica Cartagena, Universidade de Oviedo, Universidade de Salamanca, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Sevilla, Universidade de Valencia/Universidade Politécnica de Valencia, Universidade de Valladolid, Universidade de Vigo.
REQUISITOS:
- Estar cursando, no ano académico 2017-2018, 4º ESO (opción ensinos académicos con materias de Bioloxía e Xeoloxía ou Física e Química, ou na opción de ensinos aplicados cursando "Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional) ou 1º BACH da modalidade de Ciencias.
- Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 2000.
SOLICITUDES:
As solicitudes de participación deberanse cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónicawww.campuscientificos.es. Unha vez cumprimentado o formulario enviarase telemáticamente ou tamén se poderá presentar a solicitude impresa.
O prazo de presentación :ata o 9 de marzo de 2018 ás 15,00h.
PREZO:
Os estudantes que obteñan praza deberán abonar a cantidade de 85 euros, en concepto de matriculación.
DOTACIÓN:
O importe da axuda será transferido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte á Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). A axuda cobre os gastos de materiais, actividades complementarias, aloxamento, asistencia de monitores, manutención e seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Os Campus terán lugar entre o 1 e o 28 de xullo de 2018, en catro quendas
de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado ao mediodía,
segundo o seguinte calendario:
Primeira quenda: Para estudantes de 1º BACH. Do 1 ao 7 de xullo.
Segunda quenda: Para estudantes de 1º BACH. Do 8 ao 14 de xullo.
Terceira quenda: Para estudantes de 4º ESO. Do 15 ao 21 de xullo.
Cuarta quenda: Para estudantes de 4º ESO. Do 22 ao 28 de xullo.
Desenvolveranse en laboratorios e departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional de universidades:
Universidade Autónoma de Madrid, Universidade de Castilla-A Mancha, Universidade de Granada, Universidade de Estremadura, Universidade das Palmas de Gran Canaria, Universidade de Murcia/Universidade Politécnica Cartagena, Universidade de Oviedo, Universidade de Salamanca, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Sevilla, Universidade de Valencia/Universidade Politécnica de Valencia, Universidade de Valladolid, Universidade de Vigo.
REQUISITOS:
- Estar cursando, no ano académico 2017-2018, 4º ESO (opción ensinos académicos con materias de Bioloxía e Xeoloxía ou Física e Química, ou na opción de ensinos aplicados cursando "Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional) ou 1º BACH da modalidade de Ciencias.
- Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 2000.
- Non ser adxudicatario dunha axuda, habendo participado nun proxecto, en
edicións anteriores do Programa Campus Científicos de Verán.
- Haber cursado no sistema educativo español, o curso escolar 2016-2017, habendo obtido unha nota media igual ou superior a 8,5 puntos.
- Haber cursado no sistema educativo español, o curso escolar 2016-2017, habendo obtido unha nota media igual ou superior a 8,5 puntos.
SOLICITUDES:
As solicitudes de participación deberanse cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónicawww.campuscientificos.es. Unha vez cumprimentado o formulario enviarase telemáticamente ou tamén se poderá presentar a solicitude impresa.
O prazo de presentación :ata o 9 de marzo de 2018 ás 15,00h.
PREZO:
Os estudantes que obteñan praza deberán abonar a cantidade de 85 euros, en concepto de matriculación.
DOTACIÓN:
O importe da axuda será transferido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte á Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). A axuda cobre os gastos de materiais, actividades complementarias, aloxamento, asistencia de monitores, manutención e seguro de accidentes e responsabilidade civil.
Corre a cargo do beneficiario o traslado ao campus asignado desde o seu
lugar de orixe e os gastos non derivados do programa.
BOE
BOE
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)