Hoxe, día 7 de marzo de 2018, no salón de actos do centro e co alumnado de 1º, 2º e 3º ESO tivemos unha charla moi interesante sobre a IGUALDADE NAS PROFESIÓNS. Para iso contamos coa colaboración dalgunhas mulleres que tiveron a xentileza de colaborar con nós: Margarita, Gloria, Isabel, Mª Carmen, Silvia, Loli e Vanessa; cada unha delas cunha profesión diferente: directora de recursos humanos, condutora autobuses, sindicalista, interventora, policia local, taxista e militar. Contáronos como foi a súa carreira profesional, a situación da muller nestes momentos na súa profesión, como foron os seus comezos laborais, dificultades que atoparon, ... unha charla da que aprendemos moitos e da que esperamos que lle saquedes partido.
O obxectivo era a de romper estereotipos no mundo laboral, e que deixemos de asociar as profesións a un xénero determinado. E como dicían elas "cada muller pode chegar a ser aquilo que se propoña".
Grazas a todas elas pola súa colaboración desinteresada e a todo o alumnado e profesorado polo intersese mostrado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario