Amosando publicacións coa etiqueta ORIENTACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ORIENTACIÓN. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de setembro de 2022

Becas Amancio Ortega (1º BAC en Canadá ou EEUU)

Outro ano máis, convócanse as becas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º de bacharelato en Canadá ou Estados Unidos para o curso 23/24.
As becas están dirixidas ao alumnado de 4º da ESO. Convivirán cunha familia durante o curso escolar no país de destino. 

A beca inclúe o 100% do coste dos servizos necesarios: viaxe de ida e volta, taxas de escolarización e matrícula nun centro público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do curso académico e unha pequena asignación mensual para gastos menores.

Requisitos:
  1. Estar inscrito como estudante de 4º da ESO.
  2. Ter cursado 1º, 2º e 3º da ESO conforme ao sistema educativo español.
  3. Non ter realizado unha experiencia académica igual ou superior a 4 meses como estudante internacional nun país extranxeiro durante os cursos da ESO.
  4. Nota media mínima de 7 en 3º da ESO.
  5. Nota mínima de 7 en inglés na avaliación final de 3º da ESO.
  6. Ter DNI ou NIE e pasaporte español.
  7. Información tributaria da unidade familiar (non se require un nivel mínimo nin máximo de renda familiar).
Prazo de inscripción: do 12 de setembro ao 11 de outubro ás 13h.

mércores, 18 de maio de 2022

Orientación FPGS

A orientación académica e profesional é algo que nos acompañará ao longo do noso desenvolvemento durante toda a vida. 

Sempre temos opción de cambiar, de querer mellorar, avanzar e coñecer novos horizontes. 
Na seguinte presentación, tendes a información básica sobre as principais opcións unha vez obter un título de técnico superior de formación profesional. 

Non esquezamos que, o sistema educativo marca unha serie de camiños máis estandarizados, pero que sempre exiten opcións e posibilidades de poder adaptalo o máximo posible ás nosas circunstancias e características persoais. 💪💪  

mércores, 4 de maio de 2022

BECAS MEFP

Aquí tendes a información relacionada para a solicitude das Becas do Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

 Lembrade que o prazo é ata o 12 de maio.

luns, 2 de maio de 2022

ORIENTACIÓN 1º BACHARELATO

Que opcións teño unha vez estou no 1º curso?

ORIENTACIÓN 4º ESO

Aquí, a orientación académica correspondente a 4º da ESO. É hora de tomar decisións!

ORIENTACIÓN 3º ESO

Aquí tendes recollida a información básica para a vosa orientación académica. 
Calquera dúbida ou casuística persoal, podedes pasarvos polo Departamento de Orientación. 
 Ánimo! ✊

xoves, 7 de abril de 2022

BONO CULTURAL JÓVENES

 Deixo un pequeno resumo para que solicitedes esta axuda.

Na seguinte enlace, tendes máis información

Enlace coa información


mércores, 30 de marzo de 2022

ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO

Na seguinte presentación tendes a información máis relevante con respecto ás saídas tras cursar 2º de Bacharelato: ABAU, universidades galegas e estatais, acceso a ciclos formativos de Grao Superior, becas, mercado laboral... 
Prestade atención aos enlaces presentes na presentación.
 Agardo que vos sirva de axuda!

xoves, 20 de xaneiro de 2022

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE PARA MAIORES DE 25

As probas de acceso á universidade son unha opción máis da que dispomos para continuar co noso percorrido académico.

Tedes toda a información (convocatoria, procedemento, modelos de exame, etc.), clickando aquí: CiUG

Ademais, déixovos un pequeno resumo:
 

xoves, 13 de xaneiro de 2022

PROBAS DE ACCESO A CICLOS

Convócanse as probas de acceso a ciclos de grao medio e de grao superior (Normativa: Orde do 17 de decembro de 2021). 
Trátase dunha oportunidade máis para poder continuar co percorrido académico, aproveitádea! 
Déixovos a continuación información relevante das mesmas.
Se tendes calqueira dúbida pasádevos polo Departamento de Orientación. Animádevos!

PROBA DE ACCESO A GRAO MEDIO


PROBA DE ACCESO A GRAO SUPERIOR

mércores, 21 de abril de 2021

AS EMOCIÓNS E A APRENDIZAXE

O cerebro é selectivo e as emocións son o pegamento dos recordos. Si unha persona non deixa pegada na túa vida, non te lembrarás dela.

Na aprendizaxe a cognición e emoción van xuntas.

Begoña Ibarrola

domingo, 31 de xaneiro de 2021

A EMPATÍA

A empatía é a capacidade de percibir os sentimentos, pensamentos e emocións dos demais, baseada no recoñecemento do outro como similar, é dicir, como un individuo similar con mente propia. É por isto que é vital para a vida social. Ademais consiste en entender a unha persoa desde o seu punto de vista, ou en experimentar indirectamente os sentimentos e percepcións do outro. A empatía non implica en si mesma motivación de ser unha axuda; con todo, pode volverse unha base para a solidariedade ou angustia persoal, o que podería resultar nunha reacción.
 A empatía, a grandes liñas, é a capacidade que ten unha persoa para poñerse no lugar doutra. É dicir, ser capaz de entender a situación e os sentimentos que está a vivir outra persoa. Ser unha persoa empática non é unha tarefa fácil e, en moitas ocasións, require unha serie de condicións previas.

 


LOMLOE


 O pasado 30 de decembro publicouse no BOE a Lei Orgánica 3/2020 de 29 de decembro, pola que se modificou a Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio de Educación, coñecida como LOMLOE




 

LOMLOE: unha educación para o século XXI

LOMLOE

domingo, 24 de xaneiro de 2021

luns, 14 de decembro de 2020

mércores, 10 de xuño de 2020

CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES

Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/21. 
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será: 
• Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 10 de xullo de 2020. 
• Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publi-cación desta convocatoria e o 3 de agosto de 2020.