xoves, 30 de xaneiro de 2020
mércores, 29 de xaneiro de 2020
CONTOS NA SEMANA DA PAZ
Hoxe pola mañá, mantendo a tradición de fai varios anos, un grupo de alumnos e alumnas de FPB, 4º ESO e 1º BACH xunto co orientador do centro, fomos a EEI de Monte da Guía a contar contos.
Toda unha experiencia!
Moitas grazas por convidarnos un ano máis.
PROTOCOLO PARA A INTERVENCIÓN PSICOEDUCATIVA DA DISLEXIA E/OU OUTRAS DIFICULTADES ESPECÍFICAS DA APRENDIZAXE
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acompañada da presidenta da Asociación Galega de Dislexia (Agadix), Esther López Carbajales; presentou hoxe o primeiro Protocolo para a Intervención Psicoeducativa da Dislexia e outras Dificultades Específicas da Aprendizaxe, un documento dirixido a facilitar a atención educativa deste alumnado, ofrecendo ás familias, aos docentes e aos servizos de orientación indicadores para o proceso de detección, pautas para a intervención psicoeducativa e para o proceso de seguimento e de avaliación.
Así mesmo, relaciónanse as ferramentas TIC máis axeitadas para estes casos e as probas estandarizadas útiles, entre outras ferramentas. Carmen Pomar destacou que un dos puntos fortes do protocolo é que fai fincapé na prevención, dado que “a dislexia non é fácil de detectar, senón que implica un proceso de detección, de seguimento da alumna ou do alumno”.
mércores, 22 de xaneiro de 2020
O TEU PROPÓSITO
Agora que estamos a preparar no instituto a semana de orientación académica e profesional,
un bo consello: vive a túa vida e se FELIZ
"NUNCA É TARDE PARA COMEZAR A VIVIR A VIDA COMO QUEREMOS"
SERVIZO DE MEDIACIÓN
A mediación escolar é a oportunidade que se brinda as persoas con conflito, axudados por unha terceira persoa neutral (membros do equipo mediador) a falar do seu problema e intentar chegar a un acordo dunha forma positiva e produtiva, sempre dun xeito voluntario polas partes.
A mediación é unha ferramenta para o dialogo, que intenta buscar unha solución pacífica ós conflitos que xorden no centro escolar.
Os aspectos básicos da mediación son: a voluntariedade, o neutralismo e a confidencialidade.
Obxectivos:
O obxectivo xeral será: ser un recurso na Prevención e Atención das situacións de violencia escolar expresadas a través dos conflitos entre pares ou ben entre dúas partes diferenciadas.
Obxectivos específicos:
- Sensibilizar á comunidade educativa sobre a necesidade de potenciar o diálogo, a educación e os valores sociais.
- Informar sobre os beneficios do diálogo como recurso para reducir as agresións entre iguais.
- Programas talleres e experiencias que favorezan o desenvolvemento de habilidades de autorregulación e autoestima sociopersoal.
- Organizar actividades orientadas a potenciar contextos cooperativos.
- Captar alumnos mediadores a través de sesións informativas nas aulas e formalos.
- Traballar con tódolos alumnos, educándoos na cultura da paz e non violencia en sesión o longo do curso a través de dinámicas que fomenten a resolución dos conflitos de forma pacífica.
mércores, 15 de xaneiro de 2020
QUE HABILIDADES MELLORAR?
No programa ATRÉVETE da consellería de educación, universidade e formación profesional aparecen recollidas unha serie de habilidades que sería moi convinte traballar para mellorar a vida persoal e social dos noso alumnado. A responsabilidade, a creatividade, a comunicación, a autoestima, o traballo en equipo e a toma de decisións.
Esas
habilidades son competencias que no futuro lle servirán para buscar e
desempeñar un traballo e que, actualmente, están moi demandadas polas empresas
e pola sociedade.
Ser
emprendedor é unha aventura que require esforzo e traballo diario. Para isto é
importante desenvolver certas habilidades que mellorarán a túa vida.
Actividades enfocadas directamente para alumnado de 2º ESO, pero que se poden traballar igualmente en 1º ou 3º ESO.
venres, 10 de xaneiro de 2020
ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS
Publicada a Orde do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o
proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través
da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en
determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de
cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).
Importante
- A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 13 de xaneiro de 2020.
- Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
- O prazo de presentación de solicitudes será desde o 13 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2020.
- Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas por sede electrónica.
GUÍA DE PRÁCTICAS PARA A IGUALDADE DE XÉNERO NA FP
Foi presentada a guía de Prácticas para a igualdade de xénero na FP durante a xornada "Igualdade de xénero na Formación Profesional", que se desenvolveu no CIFP Politécnico de Santiago e estivo presidida pola conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar.
O obxectivo da guía é difundir as boas prácticas desenvolvidas polos centros integrados de formación profesional para traballar na prevención de actitudes sexistas e discriminatorias entre o alumnado, impulsando tamén o cambio de roles, de actitudes e de estereotipos que sustentan a desigualdade de xénero.
mércores, 8 de xaneiro de 2020
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O Día Internacional da Muller,
orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora,
conmemorado cada 8 de marzo
e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer
balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é festa recoñecida nalgúns
países, e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no
feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando
o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para
mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola
superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para,
finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das
Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras
do téxtil tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas
míseras condicións nas que traballaban. Distintos movementos sucedéronse a
partir desa data.
O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica
para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a
diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos
seus fillos. Durante esa folga, morreron máis dun centenar de mulleres
queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao
dono da fábrica como resposta á folga. En 1910, durante a Segunda Conferencia
Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca)
máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día
Internacional da Muller.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















