Amosando publicacións coa etiqueta TITORIAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TITORIAS. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de marzo de 2022

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A continuación deixamos un vídeo explicativo do motivo da conmemoración deste día.

Vídeo explicativo 8M

Para traballalo mellor, adxuntamos tamén unha actividade na que analizaredes a información recibida. Desta forma, reforzaremos a atención, concentración e comprensión lectora!


mércores, 17 de novembro de 2021

"ENTENDO O QUE CANTO?"

 Presentamos unha actividade para traballar sobre a letra das cancións e o seu contido machista.

TIPOS DE VIOLENCIA MACHISTA

 O 25 de novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Con ese motivo, elaboramos este cartel explicativo sobre os diferentes tipos de violencias e propomos unha serie de actividades.

Loitar contra a violencia machista é unha cousa de todos e todas, IMPLICÁDEVOS!

martes, 2 de novembro de 2021

Aspectos a ter en conta á hora de estudar

O estudo pode ser unha tarefa realmente complexa se non establecemos un plan axeitado para afrontala.
Na seguinte presentación trátanse unha serie de aspectos básicos a ter en conta para deseñar o noso plan de traballo. Poderase seguir esta presentación, acompañándoa polo cartel-guión da mesma, a táboa de rexistro para o plan de estudo e/ou a actividade sobre os hábitos de estudo.

domingo, 7 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

DÍA 8 DE MARZO 2021: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
 Actividade para realizar na hora de titoría ou noutra hora da semana do 8 ao 12 de marzo, para celebrar o día internacional da muller. 
 • Tedes un díptico para cada alumno/a ou para cada parella de alumnos/as. Iso decidídelo vós. 
• Antes de proceder ao xogo cos dípticos, poderemos traballar cunha presentación sobre AS MULLERES NA HISTORIA e ver un vídeo sobre esta temática (contouse coa colaboración de alumnas do centro para representar aos diferentes personaxes). 
 • Tanto a presentación como o vídeo estarán colgados no blog de orientación GUIAte. 
 • Faremos unha especie de xincana, na que individualmente ou por parellas terán que contestar unha serie de preguntas ou cuestións. Ao final recolledes todos os dípticos e entregaranse no departamento de orientación para proceder a corrixir e entrega de premios por aulas. 
 • A información para xogar coa xincana estará no patio ao lado do ximnasio, na entrada do instituto e no parte de abaixo de centro. 
 • Moitas grazas pola colaboración. 
 


 
 
 

 

xoves, 17 de decembro de 2020

FELICITACIONES POR NAVIDAD

Felicitaciones secretas de Navidad. Actividad para realizar con los alumnos/as con el objetivo de formación de grupo y ganar en autoestima.

 

martes, 15 de decembro de 2020

domingo, 22 de novembro de 2020

VIOLENCIA SEXUAL NA XUVENTUDE. PROGRAMA IRENE

 

Tedes a presentación para traballar co alumnado o díptico sobre a VIOLENCIA XESUAL NA XUVENTUDE, como actividade proposta para esta semana co motivo do 25N. 

Para a páxina dúas do díptico, debedes mirar na páxina 8 e 10 da presentación, para a páxina tres do díptico a páxina 2 da presentación e por último, para traballar a páxina catro do díptico debedes mirar a páxina 3 da presentación.





martes, 20 de outubro de 2020

QUEN ES?

 

Un grupo de voluntarios de diferentes razas e procedencias sométese a un test de ADN para saber en que países están as súas raíces. Os resultados sorprenden e emocionan aos candidatos e unha ata atopa a un familiar que non coñecía antes.

sábado, 16 de maio de 2020

COMO FACER RESUMOS E ESQUEMAS

https://drive.google.com/file/d/1pLYD_3WCUfMjjI3amHhXAa7n_sqd4cCU/view
Aquí vós deixo unha presentación feita pola nosa profesora de Galego -Bea- de como facer uns esquemas e uns resumos a partir dun texto. Presentación que vos pode ser de gran axuda, desexo que lle saquedes proveito. 


PRESENTACIÓN: COMO FACER RESUMOS E ESQUEMAS


Fonte: Aulas galegas

venres, 6 de marzo de 2020

XOGO: AS MULLERES NO DEPORTE

Este ano para conmemorar o día internacional da muller, que se vai celebrar o domingo 8 de marzo, organizamos para o alumnado de ESO e FPB un xogo sobre as mulleres no mundo deportivo. 
O alumnado xunto co seu titor/a traballou previamente aspectos relacionados coa vida deportiva de un grupo de mulleres. Logo elaborouse un díptico para que o alumnado costestase a preguntas que podían buscar en diferentes paneis colocados polos pasillos e entrada do instituto.
Eu creo que a maioría disfrutou da actividade e a totalidade do alumnado aprendeu algo sobre AS MULLERES NO DEPORTE. 


A MULLER NO DEPORTE

domingo, 9 de febreiro de 2020

LILI



Este corto representa la transición que debe enfrentar un niño cuando llega a su adolescencia.
De un momento a otro, Lili debe enfrentar algo aterrador: dejar atrás su infancia. No será fácil, pero con el tiempo descubre la mejor manera de hacerlo. 
Escrito por: Camila Londoño 

Esta historia protagonizada por Lili es una representación de lo que significa crecer, una alegoría sobre la transición que enfrenta un niño cuando llega a la adolescencia y se da cuenta de que las cosas han cambiado, tal vez más de lo que quisiera. 
Desde el techo de su casa, Lili se niega a que su niñez termine… ella pelea y pelea contra una tormenta de arena que intenta arrebatarle su infancia, pero no tiene éxito en su misión. La tormenta se la lleva, pero la situación tiene un giro inesperado… En el corazón de la tormenta ella se reencuentra con las mejores cosas de su niñez. Su imaginación vuelve a cobrar vida en un espacio donde sus juguetes y peluches son de nuevo los protagonistas. Pero la fantasía no dura mucho y Lili se da en cuenta de que en realidad llegó la hora de dar un nuevo paso.
El corto es melancólico, pero también es extraordinario para abrir una reflexión con jóvenes que estén enfrentando una etapa similar. 

mércores, 5 de febreiro de 2020

SAÚDE NA ESCOLA

Hoxe, coa colaboración do plan comunitario de Teis comezamos cos obradoiros de "saúde na escola" dentro do proxecto de prevención de drogodependencias e e condutas adictivas no noso instituto para o alumnado de 1º ESO  coas médicas internas residentes Sara, María e a enfermeira  María.
Como di Xeno, todo un pracer facer barrio desde a saúde.