domingo, 7 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER


 


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

DÍA 8 DE MARZO 2021: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
 Actividade para realizar na hora de titoría ou noutra hora da semana do 8 ao 12 de marzo, para celebrar o día internacional da muller. 
 • Tedes un díptico para cada alumno/a ou para cada parella de alumnos/as. Iso decidídelo vós. 
• Antes de proceder ao xogo cos dípticos, poderemos traballar cunha presentación sobre AS MULLERES NA HISTORIA e ver un vídeo sobre esta temática (contouse coa colaboración de alumnas do centro para representar aos diferentes personaxes). 
 • Tanto a presentación como o vídeo estarán colgados no blog de orientación GUIAte. 
 • Faremos unha especie de xincana, na que individualmente ou por parellas terán que contestar unha serie de preguntas ou cuestións. Ao final recolledes todos os dípticos e entregaranse no departamento de orientación para proceder a corrixir e entrega de premios por aulas. 
 • A información para xogar coa xincana estará no patio ao lado do ximnasio, na entrada do instituto e no parte de abaixo de centro. 
 • Moitas grazas pola colaboración. 
 


 
 
 

 

mércores, 3 de marzo de 2021