Artigo 10.
Estrutura da proba
1. A proba
organizarase de xeito diferenciado segundo as modalidades de Ciencias e
Humanidades e Ciencias Sociais.
2. A proba
constará de dous exercicios, o primeiro
deles dedicado ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás
materias xerais do bloque de materias troncais. O segundo versará sobre as
materias xerais propias e as materias troncais de opción correspondente a cada
modalidade e itinerario.
3. Os
contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo
re collido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo
da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de
Galicia.
4. O primeiro
exercicio comprenderá as seguintes materias: Lingua
Galega e Literatura I e II, Lingua Castelá e Literatura I e II, Primeira
Lingua Estranxeira I e II e as materias de Filosofía e Historia de España.
Terá como obxectivo valorar a madureza intelectual e a formación xeral da
persoa aspirante naquelas competencias que favorecen a aprendizaxe ao longo
da vida. Será común para as dúas modalidades e estruturarase en catro
partes:
a) Primeira
parte. Lingua Galega e Literatura I e II.
b) Segunda
parte. Lingua Castelá e Literatura I e II.
c) Terceira
parte. Primeira Lingua Estranxeira I e II.
d) Cuarta
parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos
das materias de Filosofía e Historia de España.
5. O segundo
exercicio terá un carácter diferenciado en función da modalidade escollida.
Estruturarase en tres partes:
a) Primeira
parte: realizaranse as probas das materias troncais
xerais propias de cada modalidade. Para a modalidade de Ciencias,
realizaranse as probas das materias de Matemáticas I e II. Para a modalidade de
Humanidades e Ciencias Sociais, segundo o itinerario escollido, realizaranse as
probas das materias de Latín I e II ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias
Sociais I e II.
b) Segunda
parte: realizaranse as probas das materias troncais
de opción. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante escollerá
unha entre as seguintes opcións: Física e Química e Física, Física e
Química e Química ou Debuxo Técnico I e II. Para a modalidade e itinerarios de
Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante seleccionará unha
opción entre Economía e Economía da Empresa ou Historia do Mundo
Contemporáneo e Xeografía.
c) Terceira
parte: realizaranse as seguintes probas de materias troncais de opción de modalidade. Para a modalidade de
Ciencias, a persoa aspirante elixirá unha opción entre Bioloxía e
Xeoloxía e Bioloxía ou Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía. Para a modalidade e
itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais a persoa aspirante seleccionará
unha opción entre as materias de Grego I e II, Literatura Universal e Historia
da Arte ou Literatura Universal e Historia da Filosofía.