"The Easy Life" - "A vida fácil" (2015) é un curto de animación en 3D de Jiaqi Xiong de dous minutos de duración pero intensa mensaxe contrapoñendo dous modelos ou ideas en torno ao traballo e a educación.
Esta curtametraxe no que unha pequena nena tenta eludir as súas responsabilidades fainos reflexionar sobre a importancia do esforzo persoal, o espírito de superación e a constancia no traballo.
No curto pódese visualizar facilmente como a educación consegue (trans)formarnos en moitos sentidos. Na escola non só aprendemos, senón que tamén consegue transformarnos como persoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario