venres, 6 de xaneiro de 2017

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA PERSOAS MAIORES DE VINTE ANOS

Artigo 10.  Estrutura da proba
1. A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as modalidades de Ciencias e  Humanidades e Ciencias Sociais.
2. A proba constará de dous exercicios, o primeiro deles dedicado ás materias de Lingua  Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais. O segundo versará sobre as materias xerais propias e as materias troncais de opción correspondente a cada modalidade e itinerario.
3. Os contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo re collido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
4. O primeiro exercicio comprenderá as seguintes materias: Lingua Galega e Literatura I e II,  Lingua Castelá e Literatura I e II, Primeira Lingua Estranxeira I e II e as materias de Filosofía e Historia de España. Terá como obxectivo valorar a madureza intelectual e a formación  xeral da persoa aspirante naquelas competencias que favorecen a aprendizaxe ao longo  da vida. Será común para as dúas modalidades e estruturarase en catro partes:
a) Primeira parte. Lingua Galega e Literatura I e II.
b) Segunda parte. Lingua Castelá e Literatura I e II.
c) Terceira parte. Primeira Lingua Estranxeira I e II.
d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos  das materias de Filosofía e Historia de España.
5. O segundo exercicio terá un carácter diferenciado en función da modalidade escollida. Estruturarase en tres partes:
a) Primeira parte: realizaranse as probas das materias troncais xerais propias de cada modalidade. Para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas das materias de Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, segundo o itinerario escollido, realizaranse as probas das materias de Latín I e II ou Matemáticas Aplicadas ás  Ciencias Sociais I e II.
b) Segunda parte: realizaranse as probas das materias troncais de opción. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante escollerá unha entre as seguintes opcións: Física  e Química e Física, Física e Química e Química ou Debuxo Técnico I e II. Para a modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante seleccionará unha  opción entre Economía e Economía da Empresa ou Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.
c) Terceira parte: realizaranse as seguintes probas de materias troncais de opción de  modalidade. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante elixirá unha opción entre  Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía ou Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía. Para a modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais a persoa aspirante seleccionará unha opción entre as materias de Grego I e II, Literatura Universal e Historia da Arte ou Literatura  Universal e Historia da Filosofía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario