mércores, 21 de novembro de 2018

QUE DEBERÍAN SABER OS PAIS/NAIS SOBRE AS DROGAS?

Hoxe, mércores día 21 de novembro, tivo lugar a 1ª xuntanza de ESCOLA DE FAMILIA para falar sobre o tema das drogas. O tema da reunión: " ¿QUE DEBERÍAN SABER LOS PADRES SOBRE DROGAS?"; para elo contamos coa colaboración de Noa da asociación ÉRGUETE. 
Unha charla distendida e entretida da que esperamos que sexa de proveito; a información nunca sobra. 
Grazas a todos os pais e nais que asistiron e a poñente Noa.

SACA TARXETA VERMELLA


Mañá xoves ás 11:35 h estreo do corto realizado polo alumnado mediador do noso instituto. Emperámosvos alí.

MICROMACHISMOS


OBRADOIRO - EMOCIÓNS

Onte rematamos uns obradoiros sobre as emocións para o alumnado de 1º ESO.  Grazas a fundación Amigo por participar na súa posta en marcha. Este foi un comezo dun proxecto que continuará o próximo trimestre "traballando emocions".

A educación das emocións contribúe a crear oportunidades de aprendizaxe compartida entre a rapazada, a través de experiencias e vivencias motivadoras, emocionantes e significativas; implicando ás persoas, dun xeito explícito, no seu propio proceso de desenvolvemento, tanto persoal como grupal. 
Para a creación de contextos de convivencia positiva, parece imprescindible ter presentes a dimensión emocional e social do individuo, pero tamén dos grupos. 
Como afirmaba Paulo Freire “a Educación non cambia o mundo, cambia ás persoas que van cambiar o mundo”. Por iso, a transformación social, cara unha cultura de paz, depende en gran medida de aprenderse como suxeito emocional e social, en interacción coas outras persoas e as súas emocionalidades; e por tanto, aprenderse como individuo pensante e sentinte, responsable da propia vida e da vida en comunidade.

martes, 20 de novembro de 2018

xoves, 15 de novembro de 2018

VIOLENCIA

Deixámosvos aqui uns videos para traballar esta semana nas titorías. 
DÍA 25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACION DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER 

,,
Fonte: avon, AVON

martes, 6 de novembro de 2018

PLAN A, PLAN B, PLAN C, ...


NOTAS DE CORTE CURSO 2018/2019 - CIUG

http://ciug.gal/

A CIUG publicou as notas de corte para o acceso aos grados universitarios de Galicia no presente curso académico 2018 - 2019. 
A nota que aparece é coa que entrou a última persoa convocada a matricularse nese grado. Cada ano é variable, pero sérvenos de referencia para ter en conta os requisitos de acceso en cada caso. 
O Grado de Xestión Industrial da Moda, en Ferrol, require ademais a acreditación dun nivel B1 de Inglés, xa que é ensino bilingüe para todo o alumnado, e que este requisito hai que aportalo con antelación á proba ABAU. 

http://ciug.gal/PDF/notasdecorte18.pdf

xoves, 1 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018


O Samaín é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.

Como foi o samaín no instituto?
Pois moi ben, xa ves. O alumnado de 1º de Ensinanza e Animación Sociodeportiva e de 2º de Animación de Actividades Físicas e Deportivas pasarono moi ben e METERO MOITO MEDO.
Moi animados