mércores, 21 de novembro de 2018

OBRADOIRO - EMOCIÓNS

Onte rematamos uns obradoiros sobre as emocións para o alumnado de 1º ESO.  Grazas a fundación Amigo por participar na súa posta en marcha. Este foi un comezo dun proxecto que continuará o próximo trimestre "traballando emocions".

A educación das emocións contribúe a crear oportunidades de aprendizaxe compartida entre a rapazada, a través de experiencias e vivencias motivadoras, emocionantes e significativas; implicando ás persoas, dun xeito explícito, no seu propio proceso de desenvolvemento, tanto persoal como grupal. 
Para a creación de contextos de convivencia positiva, parece imprescindible ter presentes a dimensión emocional e social do individuo, pero tamén dos grupos. 
Como afirmaba Paulo Freire “a Educación non cambia o mundo, cambia ás persoas que van cambiar o mundo”. Por iso, a transformación social, cara unha cultura de paz, depende en gran medida de aprenderse como suxeito emocional e social, en interacción coas outras persoas e as súas emocionalidades; e por tanto, aprenderse como individuo pensante e sentinte, responsable da propia vida e da vida en comunidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario