luns, 19 de setembro de 2022

Becas Amancio Ortega (1º BAC en Canadá ou EEUU)

Outro ano máis, convócanse as becas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º de bacharelato en Canadá ou Estados Unidos para o curso 23/24.
As becas están dirixidas ao alumnado de 4º da ESO. Convivirán cunha familia durante o curso escolar no país de destino. 

A beca inclúe o 100% do coste dos servizos necesarios: viaxe de ida e volta, taxas de escolarización e matrícula nun centro público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do curso académico e unha pequena asignación mensual para gastos menores.

Requisitos:
  1. Estar inscrito como estudante de 4º da ESO.
  2. Ter cursado 1º, 2º e 3º da ESO conforme ao sistema educativo español.
  3. Non ter realizado unha experiencia académica igual ou superior a 4 meses como estudante internacional nun país extranxeiro durante os cursos da ESO.
  4. Nota media mínima de 7 en 3º da ESO.
  5. Nota mínima de 7 en inglés na avaliación final de 3º da ESO.
  6. Ter DNI ou NIE e pasaporte español.
  7. Información tributaria da unidade familiar (non se require un nivel mínimo nin máximo de renda familiar).
Prazo de inscripción: do 12 de setembro ao 11 de outubro ás 13h.