Amosando publicacións coa etiqueta BACHARELATO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BACHARELATO. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de setembro de 2022

Becas Amancio Ortega (1º BAC en Canadá ou EEUU)

Outro ano máis, convócanse as becas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º de bacharelato en Canadá ou Estados Unidos para o curso 23/24.
As becas están dirixidas ao alumnado de 4º da ESO. Convivirán cunha familia durante o curso escolar no país de destino. 

A beca inclúe o 100% do coste dos servizos necesarios: viaxe de ida e volta, taxas de escolarización e matrícula nun centro público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do curso académico e unha pequena asignación mensual para gastos menores.

Requisitos:
  1. Estar inscrito como estudante de 4º da ESO.
  2. Ter cursado 1º, 2º e 3º da ESO conforme ao sistema educativo español.
  3. Non ter realizado unha experiencia académica igual ou superior a 4 meses como estudante internacional nun país extranxeiro durante os cursos da ESO.
  4. Nota media mínima de 7 en 3º da ESO.
  5. Nota mínima de 7 en inglés na avaliación final de 3º da ESO.
  6. Ter DNI ou NIE e pasaporte español.
  7. Información tributaria da unidade familiar (non se require un nivel mínimo nin máximo de renda familiar).
Prazo de inscripción: do 12 de setembro ao 11 de outubro ás 13h.

luns, 2 de maio de 2022

ORIENTACIÓN 1º BACHARELATO

Que opcións teño unha vez estou no 1º curso?

ORIENTACIÓN 4º ESO

Aquí, a orientación académica correspondente a 4º da ESO. É hora de tomar decisións!

ORIENTACIÓN 3º ESO

Aquí tendes recollida a información básica para a vosa orientación académica. 
Calquera dúbida ou casuística persoal, podedes pasarvos polo Departamento de Orientación. 
 Ánimo! ✊

mércores, 30 de marzo de 2022

ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO

Na seguinte presentación tendes a información máis relevante con respecto ás saídas tras cursar 2º de Bacharelato: ABAU, universidades galegas e estatais, acceso a ciclos formativos de Grao Superior, becas, mercado laboral... 
Prestade atención aos enlaces presentes na presentación.
 Agardo que vos sirva de axuda!

xoves, 22 de abril de 2021

martes, 10 de novembro de 2020

mércores, 22 de xullo de 2020

BECAS 2020 2021

https://www.becasalestudio.com/guia-becas-mec-solicitud-tramitacion




¿Cuál es el rendimiento académico que debo acreditar para obtener beca? 
Además de los requisitos de matriculación vistos, para obtener beca es necesario un rendimiento académico en el curso anterior.
ESTUDIOS DE GRADO 
• En el primer curso será necesario 5 puntos de nota de acceso a la Universidad (El 60% la nota de bachillerato + el 40% la nota de la fase general de selectividad.) 
• En el resto de cursos deberán haber superado en los últimos estudios cursados los siguientes porcentajes de los créditos matriculados: 

Rama de conocimiento
Porcentaje de créditos a superar
Artes y Humanidades
90%
Ciencias sociales y Jurídicas
90%
Ciencias de la salud
80%
Ciencias
65%
Enseñanzas Técnicas
65%

CICLOS FORMATIVOS DE GRADO SUPERIOR
 PRIMERO
Haber obtenido al menos un 5 de nota media en 2º de BACH o en la prueba o curso de acceso. SEGUNDO 
Haber superado en el curso anterior el 85% de las horas totales matriculadas. 

Si repetiste curso el año anterior debes haberlo aprobado todo. Si solicitas beca para 1º de estos estudios deberás haber obtenido 5 puntos en segundo curso de Bachillerato o en la prueba o curso de acceso (si accedes directamente desde un grado medio será la nota media del grado medio). Esta nota servirá además para el cálculo de la cuantía variable que te corresponde. Si solicitas beca para 2º de estos estudios deberás haber superado en el curso anterior al menos el 85% de las horas totales del curso, salvo que hubieses repetido primero, en cuyo caso necesitarás haberlo aprobado todo. La nota media que tuvieses en 1º servirá para el cálculo de la cuantía variable que te corresponde.


BACHILLERATO 
PRIMERO Haber obtenido al menos un 5 de nota media en 4º de la ESO. 
 SEGUNDO Haber superado en el curso anterior todas las asignaturas, salvo una. 
Si repetiste curso el año anterior deberás haberlo aprobado todo. 
Si solicitas beca para 1º de BACH deberás haber obtenido una nota media de 5 puntos en 4º de la ESO. Esa nota servirá también para el cálculo de la cuantía variable que te corresponde. Si solicitas beca para 2º BACH deberás haber superado todas las asignaturas del curso anterior, con excepción de una, salvo que hubieses repetido primero, en cuyo caso necesitarás haberlo aprobado todo. La nota media que tuvieses en 1º de BACH servirá para el cálculo de la cuantía variable que te corresponde.

sábado, 30 de maio de 2020

RECORDATORIO PROCEDEMENTO ABAU 2020

Información matricula ABAU:
Aqui vós deixamos un recordatorio do procedemento para matricularse nas ABAU para todo o alumnado, tanto de bacharelato como de FP.
Tamén están os impresos que deberedes presentar, ideos mirando. IMPRESOS TAXAS, IMPRESO MATRÍCULA, ...


En relación o alumnado de formación profesional os centros teñen que gravar as notas na aplicación informática Nerta, e entregar ó alumnado o certificado de ter aboado os dereitos de expedición do título ou de que ten superados todos os módulos necesarios para poder presentarse á ABAU. 
O alumnado de FP ten que enviar por correo electrónico ao lerd correspondente o impreso de matrícula, o certificado e o xustificante de ter aboadas as taxas. 

 

venres, 22 de maio de 2020

PROCESO MATRÍCULA ORDINARIA ABAU 2020 PARA ALUMNADO DE BACHARELATO.


PROCESO MATRÍCULA ORDINARIA ABAU 2020 para alumnado de Bacharelato.
Prazo: Do 10 ao 17 de xuño
1. O/A alumno/a entregará no Centro de Secundaria o impreso de matrícula coa indicación das materias das que se desexa examinar.
2. O/A alumno/a imprime o documento de Taxas e fai o pago no Banco.
3. O/A alumno/a entrega unha copia do Xustificante de Pago de Taxas, ou xustificante da exención, no centro de Secundaria.
4. O Centro de secundaria cubre na Aplicación Informática Nerta os datos da matrícula e o pago das Taxas e envía ao LERD o listado que xera Nerta coa relación de alumnos e pago de taxas (antes do 19 de xuño).

Enlace

VIDEO DAS XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA VIRTUAL DA UVIGO

Deixovos aquí o enlace ao video das xornadas de orientación virtual que se celebrou o día 13 de maio na universidade de Vigo. 
Sería interesante velo si sodes  alumnado que ten intención de facer as ABAU este curso e matricularse na universidade. Explicación de novedade das ABAU, preinscripción e matricula na universidade e novedades sobre titulacións. 

https://tv.uvigo.es/video/5ec561fab547e929d20c15d2

martes, 19 de maio de 2020

QUE QUERO ESTUDAR?

Na Guía de Estudos Superiores que A Voz de Galicia regalou, están todos os ensinos que se poden cursar en Galicia ao terminar o bacharelato: as carreiras universitarias, os ciclos de FP, as titulacións artísticas e as de deseño e artes plásticas. 
Pensada para alumnado e as súas familias desde terceiro da ESO, e especialmente o bacharelato, agora se presenta con toda as actualizacións (notas de corte, novos grados, ponderacións...) e moitos extras. 
Unha vez que sabemos como vai acabar o curso, cando e como será a ABAU, é o momento de pensar no próximo setembro.

Tamén podes accede a esta guía a través deste buscador https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/

https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/