Amosando publicacións coa etiqueta SISTEMA EDUCATIVO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SISTEMA EDUCATIVO. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de maio de 2022

Orientación FPGS

A orientación académica e profesional é algo que nos acompañará ao longo do noso desenvolvemento durante toda a vida. 

Sempre temos opción de cambiar, de querer mellorar, avanzar e coñecer novos horizontes. 
Na seguinte presentación, tendes a información básica sobre as principais opcións unha vez obter un título de técnico superior de formación profesional. 

Non esquezamos que, o sistema educativo marca unha serie de camiños máis estandarizados, pero que sempre exiten opcións e posibilidades de poder adaptalo o máximo posible ás nosas circunstancias e características persoais. 💪💪  

mércores, 4 de maio de 2022

BECAS MEFP

Aquí tendes a información relacionada para a solicitude das Becas do Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

 Lembrade que o prazo é ata o 12 de maio.

luns, 2 de maio de 2022

ORIENTACIÓN 1º BACHARELATO

Que opcións teño unha vez estou no 1º curso?

ORIENTACIÓN 4º ESO

Aquí, a orientación académica correspondente a 4º da ESO. É hora de tomar decisións!

ORIENTACIÓN 3º ESO

Aquí tendes recollida a información básica para a vosa orientación académica. 
Calquera dúbida ou casuística persoal, podedes pasarvos polo Departamento de Orientación. 
 Ánimo! ✊

domingo, 31 de xaneiro de 2021

LOMLOE


 O pasado 30 de decembro publicouse no BOE a Lei Orgánica 3/2020 de 29 de decembro, pola que se modificou a Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio de Educación, coñecida como LOMLOE




 

LOMLOE: unha educación para o século XXI

LOMLOE

luns, 14 de decembro de 2020

sábado, 1 de febreiro de 2020

ADMISIÓN E MATRICULA PARA O CURSO 2020-2021


O día 1 de febreiro comeza o procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2020- 2021. 


CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN
Reserva de praza para o centro ao que se estea adscrito
Do 1 ao 17 de febreiro
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate
Última semana de febreiro
Publicación de postos escolares vacantes
Antes do 1 de marzo
Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión (alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito)
Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo
10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas
Antes do 25 de abril
Reclamacións (realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados)
Prazo máximo de 5 días hábiles a partir do día seguite á súa publicación
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas
Antes do 15 de maio
Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria
Do 20 ó 30 de xuño
Formalización da matrícula en ESO e bacharelato
Do 25 de xuño  ó 10 de xullo
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato
Do 1 ó 10 de setembro

sábado, 22 de abril de 2017

PROBAS DIAGNÓSTICA NA ESO

As probas diagnósticas de primaria e secundaria, que serán mostrais, realizaranse a finais de maio. 
Os resultados obtidos non repercuten en ningún caso nas cualificacións obtidas polos alumnos no curso escolar nin contan para o expediente académico. 
Avaliación de 4º curso ESO: os días 23 e 24 de maio. 
Ao redor de 70 centros seleccionados en base aos correspondentes criterios técnicos. As competencias avaliadas serán a matemática, a lingüística (en galego, en castelán e en lingua estranxeira), e a competencia social e cívica. 

luns, 12 de decembro de 2016

O BOE PUBLICA O R.D. QUE REGULA AS NOVAS REVÁLIDAS

O BOE do sábado, 10 de decembro de 2016, ven de publicar o Real Decreto-ley 5/2016 que regula a non aplicación do calendario de implantación da LOMCE, no relativo ás reválidas de Primaria, Secundaria e Bacharelato.
En concreto, este RD, respecto das reválidas,  indica o seguinte:
REVÁLIDAS DE PRIMARIA:  limítase a 6º de Primaria, terá carácter muestral e finalidade diagnóstica.
REVÁLIDA DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA: terá carácter muestral  (unha selección de centros), terá finalidade diagnóstica e non condicionará a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Avaliaranse as competencias lingüística, matemática e social e cívica, tomando como referencia as materias xerais do bloque de troncais de 4º de ESO.
  • O título de Graduado en ESO, dará acceso a calquera ensinanza postobrigatoria.

REVÁLIDA DE BACHARELATO:  Só terá que realizala o alumnado que desexe acceder á universidade.
  • Non terá efecto ningún sobre o título de Bacharel.
  • Versará sobre o bloque de materias troncais de 2º de bacharelato.  
  • A cualificación para o acceso á universidade será o 60% da cualificación do bacharelato e o 40% da cualificación obtida na reválida; sempre e cando esta media ponderada sexa igual ou superior a 5, o alumno poderá concorrer aos procesos de admisión de calquera universidade española.
  • O alumnado poderá subir a nota examinándose de 2 das materias de opción de 2º de bacharelato.

sábado, 15 de outubro de 2016