domingo, 24 de febreiro de 2019

ORDES DA MECA




ORDES DA MECA

O LUNS como Carapuchiña ou Peter Pan 
algo na  CABEZA deberás levar.

O MARTES se á ratiña presumida queres imitar 
algo no pescozo debes achegar.

O MÉRCORES gato con botas podes ser
e un calcetín de cada cor debes traer.

O XOVES se te queres animar
algo podes improvisar.

O VENRES éche outro conto: 
A cantar e a bailar 
e no ENTROIDO  a gozar.

mércores, 20 de febreiro de 2019

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. 
Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. 
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. 
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle. 

ESCOLA DE FAMILIA


martes, 19 de febreiro de 2019

ALEJANDRO, SÍNDROME DE ASPERGER

Actualmente alumno do noso instituto.
Un exemplo de superación.
Hoxe mesmo, diante dun salón de actos repleto de alumnos de 3º e 4º ESO, 2º BACH e 1º CS, explicou en que consiste o síndrome de Asperger e como el afróntao día a día. 
Parabéns á súa nai por ser capaz de inculcarlle os valores que defende. 
Grazas Alejandro.

Historia de un acoso escolar superado 

 

luns, 18 de febreiro de 2019

SÍNDROME DE ASPERGER


A síndrome de Asperger é un trastorno do desenvolvemento que se inclúe dentro do espectro autista e que afecta a interacción social reciproca, a comunicación verbal e non verbal, unha resistencia para aceptar o cambio, inflexibilidade do pensamento así como posuír campos de interese estreitos e absorbentes.
As persoas con esta síndrome son, xeralmente, extremadamente bos nas habilidades de memoria (feitos, figuras, datas, épocas, etc.) moitos sobresaen en matemáticas e ciencia. Hai un rango na severidade de síntomas dentro da síndrome, o neno moi levemente afectado resulta a miúdo non diagnosticado e pode apenas parecer raro ou excéntrico.

sábado, 16 de febreiro de 2019

PROBAS DE ACCESO AO GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FISICA E DO DEPORTE

Probas de acceso ao grao: Ciencias da Actividade Fisica e do Deporte.
Convocatoria 2019
  • 6 de abril ( inscripción ata 10 marzo) 
  • 19 de xuño ( inscripción ata 14 mayo)
Para facer a matrícula nas probas específicas de admisión cubrirás o formulario online de inscripción, e entregar na secretaría do centro os documentos que se indican nas instruccións para a inscripción.

mércores, 13 de febreiro de 2019

XORNADAS DE ORIENTACION UNIVERSITARIA NO CUVI

O alumnado de 2º bacharelato no día de hoxe asistiu as xornadas de orientación universitaria que organiza o CUVI. 
Despois da recepción dos participantes, asistimos a unha charla informativa de carácter xeral sobre as titulacións nos 3 campus da Universidade de Vigo e as novidades sobre as probas de avaliación do bacharelato para acceder á universidade (ABAU).
Unha vez rematada a charla tomamos contacto coa cafetería da facultade de Ciencias Económicas e empresariales, para logo dirixirnos ao pavillón de deportes donde tivemos a oportunidade de coñecer polo miúdo os diferentes estudos ofertados pola Universidade de Vigo, os servizos que ofrece, ...  pasámolo ben. 

 

MULLERES, CIENCIA E TECNOLOXÍA

Mulleres, Ciencia, matemáticas, enxeñería e tecnoloxía. 

Descubriredes a estas mulleres que dedicaron a súa vida e o seu talento a áreas de coñecemento que, ao longo da historia foron masculinizadas. Todas e todos podemos aportar algo, podemos coñecer e descubrir. A curiosidade é parte inherente da persoa. 
Deixemos libre a imaxinación para que a creatividade flúa nas nosas alumnas e alumnos, porque coa súa iniciativa do presente construirán a ciencia do futuro. 

http://www.juntadeandalucia.es/iamimages/FONDO_DOCUMENTAL/COEDUCACION/Guia%20didactica%20Mujeres,%20Ciencia%20y%20Tecnolog%C3%ADa..pdf


martes, 12 de febreiro de 2019

VISITA A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Hoxe o alumnado de 1º bacharelato do IES A GUÍA estivo en Santiago de Compostela coñecendo a Universidade de Santiago. Pola mañá visitamos diferentes facultades do campus norte e do campus vida; maxisterio, mediciña, económicas, informática, matemáticas, bioloxía, ... foron algúns dos graos universitarios dos que nós informaron. 
Pola tarde coñecimos algo do patrimonio histórico da USC, visitamos as distintas dependencias do colexio Fonseca e o paraninfo da facultade de xeografía e historia. Grazas Rosi pola atención prestada co IES A GUÍA. 


xoves, 7 de febreiro de 2019

luns, 4 de febreiro de 2019

QUE É A DIVERSIDADE SEXUAL?

Más allá del sistema sexual binario y la heteronormatividad... diversidad!
Mais aló do sistema sexual binario e a heteronormatividade ... diversidade!

sábado, 2 de febreiro de 2019

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO


A Consellería de Educación convoca as probas de obtención do Título de Graduado en ESO para maiores de 18 anos no 2019, nas convocatorias de maio e setembro.

DATAS DE MATRÍCULA:
– Convocatoria de maio: do 11  ao 22 de marzo de 2019.
– Convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo de 2019
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

DATAS DE EXAMES:

- Convocatoria de maio: 24 de maio de 2019
- Convocatoria de setembro: 6 de setembro de 2019

 
REQUISITOS PARA PODER PRESENTARSE:

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos: 


1. Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2018/19 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2018/19 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

ADMISIÓN E MATRICULACIÓN EN CENTRO PÚBLICOS, CURSO 2019/2020

Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición.
Do 1 ao 15 de febreiro
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate.
Última semana de febreiro
Publicación de postos escolares vacantes.
Antes do 1 de marzo
Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores (solicitude de praza en centros públicos).
Do 1 ao 20 de marzo
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
A partir do 22 de marzo
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.
Antes do 25 de abril
Reclamacións.

Realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados.
5 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.
Publicación de listaxes definitivas.
Antes do 15 de maio.
No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación Secundaria.

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:
 • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.
 • Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: Do 1 ao 10 de setembro.


NORMATIVA: