venres, 21 de decembro de 2018
xoves, 20 de decembro de 2018
martes, 18 de decembro de 2018
UNITOUR 2018
Hoxe martes 18 de decembro de 2018, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebraouse a 13ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.
O noso instituto IES A GUÍA asistiu ao Salón UNITOUR, co alumnado de 1º bacharelato acompañado polos seus titores.
En Unitour estaban instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto dun grao como de centro universitario. Foi unha xornada de orientación universitaria e constituiu, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.
xoves, 13 de decembro de 2018
ORIENTACIÓN LABORAL
Hoxe o alumnado de Formación Profesional Básica do noso instituto estivo no local do Plan Comunitario de Teis, xunto coas súas titoras e o orientador, para recibir información sobre a incorporación ao mundo laboral impartida por un orientador do Concello.
Falounos un pouco das posibilidades actuais do mundo laboral, garantia xuvenil no concello de Vigo, dos cursos de formación, como facer búsquedas de emprego, ....
Moi interesante a charla.Grazas pola invitación.
mércores, 12 de decembro de 2018
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
|
ALUMNOS/AS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOYO
EDUCATIVO (ACNEAE)
|
|
|
CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIALES(NEE)
|
Discapacidad física (lesiones de
origen cerebral, de origen medular, trastornos neuromusculares…).
Discapacidad Intelectual (leve, moderada,
grave y profunda).
Discapacidad
sensorial (discapacidad auditiva y discapacidad visual).
Plurideficiencia.
Trastorno
del espectro autista (TEA).
Trastorno
grave del desarrollo.
Trastorno
grave de conducta.
Otros
trastornos graves o enfermedades raras.
|
|
ALUMNOS/AS CON DIFICULTADES ESPECÍFICAS DE
APRENDIZAJE
|
Trastornos
específicos del aprendizaje escolar:
Dificultad específica en el
proceso lecto-escritor.
Dificultad específica en el ámbito
Lógico Matemático.
Discalculias, dislexias…
|
|
ALUMNOS/AS CON TRASTORNO DE DÉFICIT DE ATENCIÓN E
HIPERACTIVIDAD (TDAH)
|
Con déficit de atención.
Con déficit de atención e
hiperactividad.
|
|
ALUMNOS/AS CON ALTAS CAPACIDADES INTELECTUALES
|
Alumnado
que maneja y relaciona diferentes recursos cognitivos de tipo lógico,
numérico, espacial, de memoria, verbal y creativo o bien destaca de forma
excepcional en el manejo de uno o varios de ellos. (Necesidad de diagnóstico)
|
|
ALUMNOS/AS DE INCORPORACIÓN TARDÍA AL SISTEMA
EDUCATIVO
|
Alumnado procedente de otros
países.
Alumno/a con desconocimiento de la lengua sin/con
desfase curricular.
Alumno/a sólo con desfase
curricular.
|
|
ALUMNOS/AS CON NECESIDADES POR CONDICIONES PERSONALES
O HISTORIA ESCOLAR
|
o Retraso madurativo.
Con atención hospitalaria.
Con atención domiciliaria.
Dificultades
psicolingüísticas . Específicas de la Lengua (retraso en la adquisición del
habla, afasia, disfasia, Trastorno específico del lenguaje..), Articulatorias
(dislalia, disfemia…) o de la comunicación (mutismo).
Ambientes desfavorecidos.
Alumnos/as sometidos a protección
o tutela.
Familias Itinerantes.
Menores sometidos a medidas de
responsabilidad penal.
|
luns, 10 de decembro de 2018
UN PLANETARIO NO INSTITUTO
Un planetario é un lugar onde se realizan presentacións astronómicas
dedicado á divulgación e no que é posible
observar recreaciones do ceo nocturno en diversos lugares da Terra e en
diferentes momentos do ano. Un planetario consta dunha pantalla de proxección en forma
de cúpula, e un proyector planetario móbil capaz de proxectar as
posicións de estrelas e planetas que se desexa mostrar.
Hoxe, no noso instituto tivémolo instalado no ximnasio. Alí estivo todo o alumnado da ESO e FPB. Que pasada!
Mirade o video, xa veredes.
Mirade o video, xa veredes.
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data na que a asamblea xeral da ONU adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948, xa fai 70 anos. Aínda que non se respectan en moitas partes do mundo, queremos destacar a trascendencia deste documento histórico, que proclamou os dereitos inalienables inherentes a todos os seres humanos, sen importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento, nin ningunha outra condición.
É o documento máis traducido do mundo e está dispoñible en máis de 500 idiomas.
O alumnado de FP DUAL xunto co seu profesor de formación e orientación laboral, Lucas, estiveron a traballar o tema dos dereitos humanos.
Bo traballo, parabéns.
domingo, 9 de decembro de 2018
PROGRAMA PARA A MELLORA DA CONVIVENICA
Deixovos un programa moi fácil de traballar na clase para mellorar a convivencia; actividades grupais para levar a cabo durante as titorías. Empeza coa apliación dun sociograma e logo a realización das diferentes actividades.
martes, 4 de decembro de 2018
LINGUAXE DE SIGNOS
Hoxe no instituo, coa colaboración do alumnado de CS de actividades físicas e deportivas, os alumnos da ESO tiveron unha sesión de linguaxe de signos. O alumnado aprendeu a dicir algunhas palabras, coñeceu un pouco máis esta linguaxe, traballou os xestos de maneira moi efectiva. Os meus parabéns a todos e todas.
luns, 3 de decembro de 2018
3 DE DECEMBRO: DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Hoxe no instituto comezamos a celebrar o dia, mellor a SEMANA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE con diferentes actividades:
O alumnado de 2º ESO estivo hoxe pola mañá nunha charla sobre discapacidade no salón de actos. Alí faláronlle sobre o que é unha discapacidade, tipos de discapacidades, concretamente a discapacidade motórica: a parálise cerebral, espina bífida, distrofias musculares, ... e visionáronse diferentes cortos con esta temática; e algún alumno contou a súa experiencia con compañeiros que sufrían algún tipo de discapacidade. Foi todo unha experiencia. Grazas pola vosa colaboración.
Mañá martes faremos esta actividade co alumnado de 1º ESO, e o mércores veremos PELÍIIIIIIICULA!
Mañá martes faremos esta actividade co alumnado de 1º ESO, e o mércores veremos PELÍIIIIIIICULA!
Hoxe estivo o alumnado de 1º ESO.
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
ATENCIÓN A DIVERSIDADE,
CONVIVENCIA
DÍA MUNDIAL DA SIDA
"Aínda queda tempo para xeneralizar a realización das probas do VIH, para posibilitar o acceso dun maior número de persoas ao tratamento, para destinar máis recursos á prevención de novas infeccións, e para acabar co estigma. Neste momento tan crítico, debemos tomar o camiño correcto”.
A ONUSIDA invítanos o 1 de decembro de cada ano a celebrar un día dedicado a visibilizar o problema da pandemia da sida en todo o mundo e a evolución desta epidemia en cada un dos países. Este ano a campaña vai dirixida, a incrementar a alerta e as accións sobre as persoas infectadas polo VIH que descoñecen que o están e polo tanto poden seguir transmitindo o virus e non se aproveitan dos beneficios que hoxe oferta o tratamento precoz.
No noso instituto tamén conmemoramos este día coa colaboración do alumnado mediador. Deron dípticos informativos, puxeron pegatinas, regalaron bolígrafos, ... grazas pola vosa colaboración.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














