Hoxe martes 18 de decembro de 2018, no pazo de Congresos do Mar de Vigo (rúa Beiramar), celebraouse a 13ª edición do Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en Vigo.
O noso instituto IES A GUÍA asistiu ao Salón UNITOUR, co alumnado de 1º bacharelato acompañado polos seus titores.
En Unitour estaban instalados os expositores de diversas universidades públicas e privadas con persoas que intentarán atender, asesorar e orientar aos estudantes en todo o posible sobre a súa oferta de estudos, e axudalos na elección tanto dun grao como de centro universitario. Foi unha xornada de orientación universitaria e constituiu, por tanto, unha oportunidade de coñecer de primeira man a oferta das institucións universitarias presentes no evento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario