O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data na que a asamblea xeral da ONU adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948, xa fai 70 anos. Aínda que non se respectan en moitas partes do mundo, queremos destacar a trascendencia deste documento histórico, que proclamou os dereitos inalienables inherentes a todos os seres humanos, sen importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento, nin ningunha outra condición.
É o documento máis traducido do mundo e está dispoñible en máis de 500 idiomas.
O alumnado de FP DUAL xunto co seu profesor de formación e orientación laboral, Lucas, estiveron a traballar o tema dos dereitos humanos.
Bo traballo, parabéns.





Ningún comentario:
Publicar un comentario