mércores, 30 de marzo de 2022

ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO

Na seguinte presentación tendes a información máis relevante con respecto ás saídas tras cursar 2º de Bacharelato: ABAU, universidades galegas e estatais, acceso a ciclos formativos de Grao Superior, becas, mercado laboral... 
Prestade atención aos enlaces presentes na presentación.
 Agardo que vos sirva de axuda!

martes, 8 de marzo de 2022

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A continuación deixamos un vídeo explicativo do motivo da conmemoración deste día.

Vídeo explicativo 8M

Para traballalo mellor, adxuntamos tamén unha actividade na que analizaredes a información recibida. Desta forma, reforzaremos a atención, concentración e comprensión lectora!