mércores, 17 de novembro de 2021

COÑEZO A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

 A violencia de xénero e a violencia contra as mulleres preséntase de moitas formas diferentes. Para poder rexeitala, temos que coñecer ben todas as súas variables.

Comecemos xa! 

"ENTENDO O QUE CANTO?"

 Presentamos unha actividade para traballar sobre a letra das cancións e o seu contido machista.

TIPOS DE VIOLENCIA MACHISTA

 O 25 de novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Con ese motivo, elaboramos este cartel explicativo sobre os diferentes tipos de violencias e propomos unha serie de actividades.

Loitar contra a violencia machista é unha cousa de todos e todas, IMPLICÁDEVOS!

martes, 2 de novembro de 2021

Aspectos a ter en conta á hora de estudar

O estudo pode ser unha tarefa realmente complexa se non establecemos un plan axeitado para afrontala.
Na seguinte presentación trátanse unha serie de aspectos básicos a ter en conta para deseñar o noso plan de traballo. Poderase seguir esta presentación, acompañándoa polo cartel-guión da mesma, a táboa de rexistro para o plan de estudo e/ou a actividade sobre os hábitos de estudo.