A
Consellería de Educación publicou a orde do 29
de decembro de 2017, pola que se convoca o proceso de acreditación
de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na
Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do
Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias
profesionais.
SOLICITUDES:
- Prazo: do 10 de xaneiro ó 2 de febreiro de 2018.
- A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion.
- A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario