mércores, 26 de febreiro de 2020

SEMANA DA ORIENTACIÓN

A semana pasada celebrouse a SEMANA DA ORIENTACIÓN no IES A GUÍA. Tivemos diferentes charlas informativas para a maioría do alumnado do noso centro: Información sobre a formación profesional, a FP DUAL a cargo de Irene (profesora do centro), o mundo das oposicións que explicou Javier director dunha academia, acceso a universidade para o alumnado de FP e para os que veñen de 2º de bacharelato, as ABAU e os graos universitarios que nos veu a explicar Ricardo, profesor a universidade de Vigo, as familias profesionais de FP que temos no instituto, que nos explicaron Mónica e Manuel, xefes dos diferentes departamentos, o grao de comercio, para elo contamos con Emilio, profesor desa facultade, o grao de ADE en IESIDE, orientación académica para os que finalizan as diferentes etapas. 
Para rematar a semana estiveron con nós antiguos alumnos e alumnas que están xa na universidade, que nos explicaron a súa experiencia no mundo universitario, os problemas cos que se atoparón, consellos, ... Un pracer recibir a este alumnado (Amparo, Lucia, David, Angel e Fran). Grazas. 
Foi o noso segundo ano e pensamos que os obxetivos están conseguidos. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario