A Universidade de Santiago de Compostela abre a convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) para o curso 2019-2020, cun total de 1.071 prazas repartidas por sectores e grupos.
SOLICITUDE: do 2 de maio ao 28 de xuño de 2019
Presentarase unha única solicitude por persoa, grupo e campus acompañada da documentación requirida no Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado (Pavillón Estudantil - Campus Vida) ou por calquera procedemento recolleitos na normativa de procedemento administrativo.
CALENDARIO:
Publicación lista provisional: 11 xullo
Prazo de reclamación ou entrega de documentación pendente: ata o 26 de xullo
Publicación da lista definitiva: 30 de xullo
Confirmación da lista de espera: ata o 5 de agosto
Reserva de praza adxudicada: do 30 de xullo ao 5 de agosto
1º movemento da lista de espera: 8 de agosto
2º movemento da lista de espera: 21 de agosto
Estas axudas son incompatibles
coa dotación para residencia da convocatoria xeral de becas do Ministerio de
Educación e Formación Profesional, o alumno terá que escoller entre ambas. Si se pode completar as túas axudas para estudar nesta universidade solicitando
unha BECA DE COMEDOR (próxima convocatoria)
Máis información:
Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social
Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
Pavillón estudantil, 1º andar, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Tlf.: 881 814 574 / 575/ 582
Fax.: 881 814 559

Ningún comentario:
Publicar un comentario