O Ministerio de Educación e FP e o de Universidades, de acordo coas comunidades autónomas, decidiron que as probas de avaliación para o acceso á universidade (ABAU en Galicia), si se celebrarán este curso, pero non nas datas previstas.
Debido á suspensión de clases xerada pola alerta sanitaria do COVID-19, acordouse un adiamento da selectividade, cuxa primeira convocatoria debía celebrarse este ano antes do 18 de xuño. Ese calendario flexibilizarase, aínda que polo momento non hai nova data para a realización dos exames. En consonancia, tamén se adaptará o calendario de matrícula universitaria en función do da proba.
Así se acordou na reunión telemática da Comisión Xeral da Conferencia de Educación, celebrada hoxe entre representantes dos ministerios, das comunidades autónomas e da CRUE (o organismo que reúne aos reitores das universidades españolas).
Todos eles comprometéronse a traballar na procura de novas datas, tanto para a convocatoria ordinaria como para a extraordinaria da selectividade 2020.
Nese sentido, os representantes da CRUE expuxeron como importante que o adiamento das probas «non vaia máis aló da primeira semana de xullo para garantir o correcto desenvolvemento do seu corrección e os subseguintes trámites administrativos».
Tamén fixeron un chamamento a «despexar canto antes a incerteza», aínda que sen tomar decisións «precipitadas”
Quedan suspendidos e interrompidos todos os prazos relativos ás probas de acceso á universidade para persoas maiores de 25 anos e ás probas de acceso á universidade para persoas maiores de 45 anos.


Ningún comentario:
Publicar un comentario