martes, 15 de novembro de 2016

AULA DE CONVIVENCIA INCLUSIVA

A aula de convivencia inclusiva é un recurso do centro para facilitar a reflexión do alumnado que impide gravemente o normal desenvolvemento do grupo-clase. Neste espazo-aula, o profesorado trata de darlle axuda ao alumnado para que analice as súas condutas disruptivas e se comprometa ao cambio. Así tamén, o alumnado que polas repetidas condutas contrarias ás normas fora obxecto de privación temporal do dereito de asistencia a clase, pode ser atendido nesta aula, combinando os traballos propiamente curriculares e traballos de modificación de conduta. 
         Poderán ser enviados a esta aula o alumnado do centro que cumpra os seguintes criterios:
A súa conduta impide o normal desenvolvemento das actividades lectivas (conduta disruptiva).
Presentan deficiencias no seu autocontrol e/ou relacións persoais (comportamento antisocial).
A expulsión non favorecerá a corrección da conduta.
Son reincidentes.
 


https://drive.google.com/open?id=0B_1TkBrQ0c6yYnlpVFBpVm80ZTQ

Ningún comentario:

Publicar un comentario