O Ministerio
de Educación rectifica de novo e suaviza as súas esixencias na avaliación dos
coñecementos dos alumnos. A selectividade non vai incluír materias de 1º de
Bacharelato como contemplaba o borrador de orde ministerial.
Ademais,
poderase aprobar cun 4 e farase media coas catro materias troncais. Educación
xa renunciou en setembro a que houbese que pasar a proba para obter o título de
Bacharelato.
Non se inclúe Filosofía. O Ministerio de Educación deu marcha atrás ás súas intencións de examinar en selectividade de materias cursadas en 1º de Bacharelato. Ningún alumno pasará unha proba obrigatoria de Filosofía. Este exame preocupaba sobre todo aos de Ciencias.
Puntuarán catro materias. Os alumnos presentaranse a seis materias do seu itinerario. O mesmo número que coa antiga selectividade. Pero o Ministerio chegou onte a un acordo cos rectores para que puntúen sobre 10 as catro materias troncais. As outras dúas optativas van servir para alcanzar o 14 aos estudantes que necesitan un expediente excelente para entrar nun grado moi demandado, como Medicina. Este máximo de 14 puntos xa existía. Estas dúas optativas non poden baixar a nota, só subila e servirán, en todos os casos, para facer un diagnóstico completo do coñecemento dos alumnos ao terminar o Bacharelato.

Apróbase cun 4. Non vai facer falta un 5 na proba de selectividade,
como se suscitou nalgúns borradores, para facer media co expediente académico e
aprobar. Bastará, como ata agora, con alcanzar o 4.
Mantense o tipo test. Educación conserva pregúntalas tipo
test, pero non obriga a incluílas, polo que, previsiblemente, as comunidades
non gobernadas polo Partido Popular partidarias, como os rectores, de manter a
mesma selectividade non as van a poñer. As rexións en mans populares tamén se
mostran reticentes.
Dúbida no oral de inglés. Educación di que neste 2017 o 40% da
nota en Lingua Estranxeira dependerá do oral, pero o presidente dos rectores,
Segundo Píriz, púxoo onte en dúbida ante a prensa.
Presumiblemente
non haberá máis cambios pois esta última versión de selectividade é a que o
ministerio enviou ás comunidades autónomas para que a estuden. Méndez de Vigo
reunirase o próximo 28 de novembro cos conselleiros do ramo na Conferencia
Sectorial de Educación, onde se centrarán nas probas externas. As instrucións
destas avaliacións teñen que estar publicadas antes do 30 de novembro.
Fonte: EL PAÍS
Fonte: EL PAÍS

Ningún comentario:
Publicar un comentario