Fermina naceu a finais de s.XX e a data do seu pasamento foi o 25 de abril de 1980.
Fermina é coñecida por ser a viuva do industria conserveiro José R. Curbera Fernández e polo nome da rúa da Guía adicada a ela.
Pero, ¿Quen foi Fermina?
Neta de Leopoldo Lamberti Poglio e filla de Rodofo Alonso Santodomingo, foi descendente por ambas liñas de sagas da conserva, para logo casar cun personaxe moi relevante para Vigo, Jose R. Curbera, descendente de fomentadores cataláns dende que chegan procedentes de Arenys de Mar no ano 1787.
José Curbera como empresario representativo da súa época mantívose afastado de calquera posición esquerdista e contrario a calquera iniciativa corporativista, o que lle conduciu a fortes enfrontamentos coa ditadura de Primo de Rivera.
Mantivo as distancias cos sublevados do 18 de xullo de 1936 que foron crecendo pola súa oposición á feroz represión dos primeiros momentos do conflito. Neles viuse afectado o seu fillo maior, José Curbera Alonso, alférez de complemento ó que se refire o coñecido libro de Hernán Quijano sobre o " terror branco" en Galicia, negouse a dar a orde de disparar ó piquete de execución que puxeran ó seu cargo. O valor do alférez Curbera non aparece diminuído noutras versións do mesmo incidente, nas cales José Curbera (que adquirir ese grao coa esperanza de evitar a fronte) sería posto a cargo,
primeiro do Frontón e pronto do fortín do Castro, lugares onde se atopaban confinados diversos republicanos locais.
Como era común naqueles días na cidade olívica, grupos de falanxistas procedían a sacar dos seus improvisados cárceres a aqueles detidos para darlles o coñecido "paseo'. Segundo varias fontes, estando o alférez Curbera ao mando do fortín do Castro presentouse alí un grupo de falanxistas que pedirían levar a varios dos detidos, ó que o alférez se negou.
Tamaña temeridade acabaría só cos insultos do capitán Carreró, co arresto subseguinte e co envío ó fronte, grazas as influencias que aínda conservaba unha familia da importancia dos Curbera (CARMONA 201,1, pág.38-39).
Jose R. Curbera finou en 1937 dun ataque o corazón ó enterarse da morte de varios colaboradores da súa empresa.
Fermina Alonso Lamberti, a viúva, unha muller de carácter, recorrerá nos primeiros momentos nos que os seus fillos estaban na fronte, ao seu xenro, Javier Sensat Curbera, sobriño do seu defunto marido no que delegará a representación da empresa, e no 1940 xa aparece como Presidenta do Consello de Administración de Hijos de R. Curbera S L, durante moitos anos ata a súa morte, exercendo de verdadeira matriarca do seu clan.
En 1968, doa ó Concello de Vigo 13.217 metros cadrados da chamada dehesa da Guia que foron incorporados o parque municipal de Vigo. Por este feito concédenlle a Medalla de ouro o 19 de maio de 1973 entregada polo Alcalde Antonio Ramilo no seu domicilio de Villa Mirasol de ahí adícase o seu nome da mesma avenida na cidade.
Ó xulgar por testemuños gráficos sitos no museo ANFACO, Fermina tivo un papel fundamental máis aló do seu rol de esposa, tanto que a antiga Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia nomeouna vogal honoraria en 1929 polo apoio exercido ó labores do seu esposo como Presidente da Unión, feito inédito no devir asociativo. Con motivo do seu 80 aniversario, a antiga Unión volveu homenaxeala a través dun poema.