xoves, 31 de xaneiro de 2019
martes, 29 de xaneiro de 2019
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
- CICLOS MEDIOS: Entre o 7 e o 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
- CICLOS SUPERIORES: Entre o 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.
REQUISITOS DE INSCRICIÓN:
- CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2019.
- CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2019.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:
- A solicitude preséntase en calquera instituto que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2018/19.
- As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
- Tamén poden enviarse por correo certificado ou presentarse a través da seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do (a solicitude xerada deberase imprimir e posteriormente presentala no centro de inscrición.
- O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
DATAS E HORARIOS DA PROBA:
1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 28 de maio de 2019 no horario que se indica a seguir:
- Ás 9.00 horas: presentación.
- Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais).
- Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica (ciencias da natureza, tecnoloxía).
2. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior terán lugar o día 10 de abril de 2019 no horario que se indica a seguir:
- Ás 9.00 horas: presentación.
- Das 10.00 ás 13.30 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).
- Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII da resolución).
domingo, 27 de xaneiro de 2019
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL
Programa de orientación académica e profesional editado pola Consellería de educación do Principado de Asturias.
Dito programa inclúe un conxunto de actividades de reflexión individual e procura de información orientadas a toma de decisións vocacionais.
Constrúo o meu futuro organízase en torno a tres bloques de contidos que posteriormente se articulan en proxectos de traballo na aula onde o alumnado, coa guía do titor/a, vai construíndo o seu propio proxecto persoal, académico e profesional.
Os materiais que inclúe o programa son:
- Catro cadernos de traballo para o alumnado (un para cada curso da ESO).
- Catro guías docentes que proporcionan orientacións ao profesorado.
OBRADOIRO CONTROL DA IRA E IMPULSOS
O venres desta semana o grupo de 1º FPB do noso instituto rematou un obradoiro impartido pola fundación Amigó sobre o control da ira e impulsos. Os rapaces e rapazas aprenderon a ter certo control sobre si mesmos e que facer nun momento de rabia.
Amigó traballa o proxecto CONVIVINDO que é un recurso gratuito para familias en risco de exclusión social que viven situacións complexas, mala convivencia na propia familia.
Moitas grazas a fundación Amigó pola súa colaboración desinteresada co noso instituto.
Estás listo para controlar a túa ira? Para comezar, considera estes 10 consellos de control da ira:
1. Pensa antes de falar
2. Unha vez que te tranquilices, expresa a túa ira
3. Fai un pouco de exercicio
4. Toma un tempo para reflexionar
5. Identifica as posibles solucións
6. Mantén os teus comentarios en primeira persoa
7. Non gardes rencor
8. Usa o humor para aliviar a tensión
9. Practica técnicas de relaxación
10. Busca axuda
sábado, 26 de xaneiro de 2019
luns, 21 de xaneiro de 2019
domingo, 20 de xaneiro de 2019
mércores, 16 de xaneiro de 2019
1º ESO - CLASES SEN FUME
É un concurso educativo para a prevención do tabaquismo,
dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO, é dicir de 12 a 14 anos,
idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo ás
comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución
do proxecto.
Baséase no compromiso individual e colectivo (de
toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o carácter
voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo
positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto
(titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que
utiliza a recompensa - premio como incentivo.
Este programa forma parte do "Plan Proxecta" da Consellería de Educación.Clases sen fume
EQUIPO DE MEDIACIÓN
Unha alternativa para a resolución de conflitos entre o alumnado,
feita polos propios alumnos/as do centro
Que é a mediación?
Unha maneira de afrontar os conflitos baseada no diálogo e na cooperación, que se apoia en persoas neutrais que median no proceso.
Que aporta o servizo de mediación?
A mediación aporta unha saída construtiva, pacífica e dialogada ós conflitos diarios. Os alumnos/as que tras un conflito toman contacto co servizo de mediación poden beneficiarse de:
A mediación aporta unha saída construtiva, pacífica e dialogada ós conflitos diarios. Os alumnos/as que tras un conflito toman contacto co servizo de mediación poden beneficiarse de:
- A actitude cooperativa para resolver conflitos.
- O coñecemento e crecemento persoal.
- A mellora do clima social do centro e do contorno.
- A adquisición de habilidades na comunicación.
- A participación activa e responsable.
- A resolución satisfactoria do conflito polas dúas partes.
martes, 15 de xaneiro de 2019
mércores, 9 de xaneiro de 2019
PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR
domingo, 6 de xaneiro de 2019
GRAOS UNIVERSITARIOS GALEGOS
ARTES Y HUMANIDADES
|
CCSS Y JURÍDICAS
|
CIENCIAS DE LA SALUD
|
CIENCIAS
|
INGENIERIAS Y
ARQUITECTURA
|
|
U
D
C
C
O
R
U
Ñ
A
|
|||||
U
S
C
S
A
N
T
I
A
G
O
|
|||||
U
V
I
G
O
|
Fonte: Orienta Galicia
Etiquetas:
BACHARELATO,
ORIENTACIÓN,
UNIVERSIDADE
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











