martes, 29 de xaneiro de 2019

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR


PRAZOS DE INSCRICIÓN:
  • CICLOS MEDIOS: Entre o 7 e o 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
  • CICLOS SUPERIORES: Entre o 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.
REQUISITOS DE INSCRICIÓN:
  • CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2019. 
  • CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2019.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:
  • A solicitude preséntase en calquera instituto que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2018/19.
  • As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Tamén poden enviarse por correo certificado ou presentarse a través da seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do (a solicitude xerada deberase imprimir e posteriormente presentala no centro de inscrición. 
  • O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

DATAS E HORARIOS DA PROBA:
1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 28 de maio de 2019 no horario que se indica a seguir:
  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais).
  • Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica (ciencias da natureza, tecnoloxía).

2. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior terán lugar o día 10 de abril de 2019 no horario que se indica a seguir:
  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 10.00 ás 13.30 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá). 
  • Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII da resolución).
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario