domingo, 27 de xaneiro de 2019

OBRADOIRO CONTROL DA IRA E IMPULSOS

O venres desta semana o grupo de 1º FPB do noso instituto rematou un obradoiro impartido pola fundación  Amigó sobre o control da ira e impulsos. Os rapaces e rapazas aprenderon a ter certo control sobre si mesmos e que facer nun momento de rabia.
Amigó traballa o proxecto  CONVIVINDO que é un recurso gratuito para familias en risco de exclusión social que viven situacións complexas, mala convivencia na propia familia.
Moitas grazas a fundación Amigó pola súa colaboración desinteresada co noso instituto.
Estás listo para controlar a túa ira
Para comezar, considera estes 10 consellos de control da ira: 
1. Pensa antes de falar 
2. Unha vez que te tranquilices, expresa a túa ira 
3. Fai un pouco de exercicio 
4. Toma un tempo para reflexionar 
5. Identifica as posibles solucións 
6. Mantén os teus comentarios en primeira persoa 
7. Non gardes rencor 
8. Usa o humor para aliviar a tensión 
9. Practica técnicas de relaxación 
10. Busca axuda
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario