martes, 10 de abril de 2018

PONDERACIÓN NAS DIFERENTES COMUNIDADES

COMUNIDADES PARÁMETROS DE PONDERACIÓN/UNIVERSIDADES 
ANDALUCÍA Parámetros de ponderación. Universidades de Andalucía
ARAGÓNParámetros de ponderación. Universidad de Zaragoza
ASTURIAS Parámetros de ponderación. Universidad de Oviedo 
CANTABRIA Parámetros de ponderación. UnIversidad de Cantabria
CASTILLA LA MANCHAParámetros de ponderación. Universidad de Castilla La Mancha
Sin actualizar curso 2017-2018
CASTILLA Y LEÓNParámetros de ponderación. Universidad de Burgos        2017
Parámetros de ponderación. Universidad de León           2017 
Parámetros de ponderación. Universidad de Salamanca  2017 
Parámetros de ponderación. Universidad de Valladolid 
CATALUÑAParámetros de ponderación. Todas las Universidades 
COMUNIDAD VALENCIANAParámetros de ponderación. Universidades Comunidad de Valencia
LA RIOJA Parámetros de ponderación, Universidad de La Rioja.
A partir curso 2017-2018 
ISLAS BALEARESParámetros de ponderación. Universidad de Islas Baleares 
ISLAS CANARIAS Parámetros de ponderación. Universidad de La Laguna
Parámetros de ponderación. Universidad de Las Palmas
Sin actualizar curso 2017-2018
GALICIA Parámetros de ponderación. Universidades de Galicia 
EXTREMADURA Parámetros de ponderación, Universidad de Extremadura
Sin actualizar curso 2017-2018
MADRID Parámetros de ponderación  Universidad Autónoma de Madrid
Parámetros de ponderación. Universidad Complutense
Parámetros de ponderación. Universidad de Alcalá
Parámetros de ponderación. Universidad de Carlos III
Parámetros de ponderación. Universidad Politécnica de Madrid
Parámetros de ponderación. Universidad Rey Juan Carlos  2017 
MURCIA Parámetros de ponderación. Universidades de Murcia 
NAVARRAParámetros de ponderación. Universidad Pública de Navarra
PAÍS VASCO Parámetros de ponderación. Universidad del País Vasco.

CHARLA ABAU E GRAOS NA UNIVERSIDADE DE VIGO

Hoxe no instituto tivemos a visita de un representante do SIE, Ricardo, que veu a explicarnos un pouco máis detidamente cousas importantes das ABAU e dos graos que podemos encontrar na universidade de Vigo. Entre as novidades está a de que a 2º lingua estranxeira aparece agora na taboa de ponderacións e que para o próximo curso non teremos a convocatoria de esta proba en setembro. Para o curso 2018/2019 as probas ABAU serán en xuño e xullo.
Asistiu a charla o alumnado de 2º bacharelato, que ao final fíxeronlle as preguntas que quixeron para solucionar as súas dúbidas. 
Grazas ao SIE (Sección Información Estudantes) pola súa colaboración

luns, 2 de abril de 2018

DÍA 2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO


LOS NADIES - OS NINGUÉNS

Os ninguéns na escola son tódolos nenos e as nenas que supoñen un número, un número asociado a recursos; pero tamén son os invisibles, os apáticos, os inconformistas, os inseguros, os vergoñentos, os movidos, os rápidos, os lentos. Tódolos que se saen da norma. 






LOS NADIES

venres, 16 de marzo de 2018

TALLER "ISTO NON É AMOR" MARINA MARROQUÍ

         Continuamente, e case desde que nacemos, recibimos mensaxes sobre o amor que axudan a crear falsos mitos: que para ser felices temos que atopar a nosa media laranxa, que os celos son unha mostra de amor. Cando a realidade choca contra estes falsos mitos prodúcese unha frustración que provoca infelicidade e que, en casos extremos, pode derivar en violencia de xénero.  

        Mariña Marroquí, educadora social e presidenta da Asociación Ilicitana contra a Violencia de Xénero, conseguiu saír fai dez anos da espiral de terror da violencia de xénero na que estivo sumida desde os 15 ata os 19 anos. 
         Hoxe, venres 16 de marzo,  estivo en Vigo impartindo un taller "ISO NON É AMOR" a estudantes da ESO no VERBUM. Marroquí deu aos menores unha serie de ferramentas para detectar precozmente a violencia de xénero e para que desenvolvan unha mentalidade crítica fronte ao machismo. A educadora social advertiu de moitas cousas aos rapaces e rapazas, e regalou aos asistentes o "Termómetro da violencia",  para que lles sirva de guía. 

Organizado por FOAMPAS e o Concello de Vigo



xoves, 15 de marzo de 2018

REVISTA CONVIVES Nº 21

https://drive.google.com/open?id=1iL31ZK4xtcpaqw-LNLfWeBq0U7NM_wTy

CURSO DE MEDIACIÓN ESCOLAR

Esta semana comezamos a formación en MEDIACIÓN ESCOLAR. Un grupiño de alumnos e alumnas de diferentes cursos da ESO e BACH, xunto co orientador do centro, iniciamos un camiño no traballo de MEDIACIÓN. Anteriormente fixemos o curso de ALUMNADO AXUDANTE, e resultou moi ben.
Para esta nova actividade de convivencia contamos coa colaboración de Bibiana de Alicce, que é a encargada de formarnos.
Os luns a mediodía quedamos a comer no instituto e logo continuamos ás 15:00  h coa formación ata as 16:30 h.
Días de formación: 12 e 19 de marzo, 23 de abril e 7 de maio 2018.
Esperamos que sexa de interese e que aprendamos moitos. 

mércores, 7 de marzo de 2018

ESCOLA DE PAIS/NAIS

Hoxe tivemos a segunda xuntanza da  ESCOLA DE PAIS/NAIS do IES A GUÍA. María foi a encargada de darnos hoxe un pouco de información sobre A FAMILIA COMO FACTOR PROTECTOR FRONTE ÁS DROGRAS. Aproveitando que o alumnado está traballando nas titorías a prevención de drogodependencia, organizamos este tema tamén para pais/nais. Estivo interesante e aprendemos algunhas cousas. 
Doulle as grazas á relatora María e ás nais/pais que asistiron hoxe a reunión. 

PLAN "A"


IGUALDADE NAS PROFESIÓNS

Hoxe, día 7 de marzo de 2018, no salón de actos do centro e co alumnado de 1º, 2º e 3º ESO tivemos unha charla moi interesante sobre a IGUALDADE NAS PROFESIÓNS. Para iso contamos coa colaboración dalgunhas mulleres que tiveron a xentileza de colaborar con nós: Margarita, Gloria, Isabel, Mª Carmen, Silvia, Loli e Vanessa; cada unha delas cunha profesión diferente: directora de recursos humanos, condutora autobuses, sindicalista, interventora, policia local, taxista e militar. Contáronos como foi a súa carreira profesional, a situación da muller nestes momentos na súa profesión, como foron os seus comezos laborais, dificultades que atoparon, ... unha charla da que aprendemos moitos e  da que esperamos que lle saquedes partido.
O obxectivo era a de romper estereotipos no mundo laboral, e que deixemos de asociar as profesións a un xénero determinado. E como dicían elas "cada muller pode chegar a ser aquilo que se propoña".
Grazas a todas elas pola súa colaboración desinteresada e a todo o alumnado e profesorado polo intersese mostrado.

A IGUALDADE NAS PROFESIÓNS

https://drive.google.com/open?id=1BJisQgPcOtvIssGIXzuihmHOkHET5cJm

ACCESO A UNIVERSIDADE TENDO O TÍTULO DE TÉCNICO SUPERIOR (FP)

Onte no instituto tivemos no salón de actos a reunión de orientación académica para o alumnado de 2º de ciclos superiores (CS animación en actividades físicas e deportivas e CS comercio internacional) que ten como obxectivo acceder a universidade.
Os estudantes que posúan un título oficial de Técnico Superior de Formación Profesional, de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior, ou con títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados no Sistema Educativo Español, poderán acceder á Universidade.
As solicitudes ordenaranse segundo a nota media do Título de Técnico Superior realizado, sobre un máximo de 10. Tendo en conta que a nota de acceso á Universidade pode ser de 14 puntos, os que desexen mellorar a súa nota de admisión aos estudos de grado, poderán facelo concorrendo á parte voluntaria da ABAU. Esta proba é voluntaria, e o estudante pode presentarse ata un máximo de catro materias de entre as de modalidade do segundo curso de bacharelato, podendo obter ata 4 puntos. A cualificación das materias desta proba terá validez durante os dous cursos académicos seguintes á superación das mesmas.
https://drive.google.com/open?id=1jJLizMdqc_8wbyenOknVgagyKzPfV9FI