martes, 10 de abril de 2018

CHARLA ABAU E GRAOS NA UNIVERSIDADE DE VIGO

Hoxe no instituto tivemos a visita de un representante do SIE, Ricardo, que veu a explicarnos un pouco máis detidamente cousas importantes das ABAU e dos graos que podemos encontrar na universidade de Vigo. Entre as novidades está a de que a 2º lingua estranxeira aparece agora na taboa de ponderacións e que para o próximo curso non teremos a convocatoria de esta proba en setembro. Para o curso 2018/2019 as probas ABAU serán en xuño e xullo.
Asistiu a charla o alumnado de 2º bacharelato, que ao final fíxeronlle as preguntas que quixeron para solucionar as súas dúbidas. 
Grazas ao SIE (Sección Información Estudantes) pola súa colaboración

Ningún comentario:

Publicar un comentario