sábado, 16 de maio de 2020

COMO FACER RESUMOS E ESQUEMAS

https://drive.google.com/file/d/1pLYD_3WCUfMjjI3amHhXAa7n_sqd4cCU/view
Aquí vós deixo unha presentación feita pola nosa profesora de Galego -Bea- de como facer uns esquemas e uns resumos a partir dun texto. Presentación que vos pode ser de gran axuda, desexo que lle saquedes proveito. 


PRESENTACIÓN: COMO FACER RESUMOS E ESQUEMAS


Fonte: Aulas galegas

mércores, 6 de maio de 2020

ASEIA


NOVOS GRAOS UNIVERSITARIOS PARA O CURSO 2020/2021


A oferta do Sistema Universitario Galego para o curso 2020/21 incorpora 3 novos títulos de grao e os 3 primeiros graos abertos
A Consellería de Educación acaba de enviarlle ao Ministerio de Universidades a proposta de prazas para o curso que vén, que foi consensuada coas tres universidades galegas
O número total de prazas en grao increméntase ata un total de 11.483
Mantéñense todas as titulacións
Mar, 05/05/2020 
Graos abertos
O curso 2020/2021 será o primeiro no que o SUG oferte graos abertos, en concreto o de Ciencias Sociais e Xurídicas (Universidade da Coruña, Campus da Coruña, 10 prazas), o de Enxeñaría Industrial (Universidade da Coruña, Campus de Ferrol, 8 prazas) e o grao aberto 5USC Enxeñarías (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 10 prazas).
Os graos abertos deben combinar materias de, como mínimo, tres graos da mesma rama de coñecemento, e o número de prazas máximo que poden ofertar é 25. As universidades deben garantir que o alumnado matriculado nestes programas poidan cursar un máximo de 90 créditos; ofrecerlles un proceso continuo de titorización e mentorización; e recoñecerlles a maioría dos créditos cursados no grao finalmente elixido.
O obxectivo desta iniciativa novidosa é ampliar as posibilidades de elección do alumnado ao tempo que se pretende reducir as taxas de abandono ou de cambio de estudos nos primeiros anos de vida universitaria.
Novas titulacións
. Trátase dos graos en Empresa e Tecnoloxía (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 45 prazas), en Bioquímica (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 45 prazas) e en Nanociencia e Nanotecnoloxía (Universidade da Coruña, Campus da Coruña, 50 prazas).
Así mesmo, súmanse á oferta do SUG catro novos programas de simultaneidade de grao, todos eles na Universidades de Vigo. Serán o de ADE e Enxeñaría Informática (Campus de Ourense), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Mecánica (Campus de Vigo) e Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo).
Outras modificacións
Entre outras modificacións, dous graos xa existentes aumentan a súa oferta: o de Logopedia, no Campus da Coruña, con 5 prazas máis; e o de Enxeñaría Informática, no Campus de Ourense, con 15 prazas máis.
Por outra banda, outras titulacións de grao diminúen a súa oferta debido á sobreoferta estrutural no sistema universitario. Trátase de Relacións Laborais e Recursos Humanos (Campus da Coruña, 5 prazas menos), Enxeñaría Eléctrica (Campus de Ferrol, 5 prazas menos), ADE (Campus de Lugo, 10 prazas menos), e Paisaxe (Campus de Lugo, 5 prazas menos). Ademais, a Escola de Enxeñaría Industrial da UVigo aposta por axustar a oferta dos seus graos ao múltiplo de 10, o que supón unha diminución de 13 prazas no seu conxunto.


Fonte: Xunta de Galicia 

martes, 21 de abril de 2020

CONSULTAS PARA ORIENTACIÓN


Bo día. 
Espero que levedes este confinamento na vosas casas coa maior tranquilidade posible. Para iso, entre outras cousas, será importante ter unha boa organización das xornadas diarias que nos esperan en canto a traballo persoal de repasos e tarefas, e momentos de ocio e diversión na casa. 
Coa intención de poder resolver dúbidas ou consultas en canto a orientación académica e profesional, ou outras relacionadas co ámbito educativo, habilitei unha conta de correo electrónico (aguiaorientacion@gmail.com) para que as fagades chegar. 
Estarei a vosa disposición a diario a través desta conta, e intentarei responder ás vosas consultas na maior brevidade posible. 

Un saúdo 

Francisco Javier Piñeiro Vila 
Orientador IES A GUÍA - GUÍAte

sábado, 11 de abril de 2020

xoves, 2 de abril de 2020

CONFINAMENTO NA CASA. BOTÁNDOVOS DE MENOS


APRAZAMENTO DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS SUPERIORES

Debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19 resulta necesario aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional prevista para o día 23 de abril. Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso. 


DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Autismo
Día mundial do autismo

mércores, 1 de abril de 2020

AXUDA PARA ADOLESCENTES CONFINAD@S

Axenda para adolescentes confinad@s", novo material que elaborou a Sección de Psicoloxía Educativa do COPG que nos facilita pautas para esta etapa evolutiva. 
Afrontar o confinamento partindo dunha actitude positiva e fomentar as fortalezas dos mozos e mozas serán necesarios neste momento de espera.


UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó alumnado de secundaria e está organizando os “Encontros Virtuais”  orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.
Os “Encontros Virtuais” da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.
Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección
A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:
o    Presentacións das titulacións
o    Obradoiros, Retos, etc.
o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación
o    Pílulas relacionadas coa titulación
o    Concursos
·         Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación

O alumnado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.
Os Encontros son unha mostra máis dunha universidade que se abre á sociedade para prestarlle un mellor servizo , aínda mais nestes momentos difíciles polos que estamos a pasar, nos que máis que nunca debemos facer comunidade de aprendizaxe coa sociedade civil.